Tal e como anuncia a provocatoria: hoxe é o día D. Antes de nada, agradecervos a participación e loubar a vosa moral (ou wivols) e sabiduría para dar coas citas, pois estaban postas con moita mala fé, así que chapeau polos participantes aventureiros deste Divertimento Inverliterario.
Velaquí van as respostas:

1.-“Ás veces, soterrar a cabeza na area fai que deixes o teu cú na liña de fogo”
John Constantine- Hellblazer nº188 (2000)
2.-"O pensamento pode ter elevación sen ter elegancia, e, na proporción en que non tiver elegancia, perderá a acción sobre os outros. A forza sen a destreza é uma simple masa"
Fernando Pessoa- Livro do dessassossego (1929)
3.-“Unha xeometría non pode ser máis verdadeira que outra; somentes pode ser máis cómoda”
Poincaré- Ciencia e hipóteses (1902)
4.-"Quixera ser pirata/non polo ouro nin a prata/senon por ese tesouro/que tes entre as patas"
Cálico Electrónico- Capítulo 5: Una historia de Amor (2004)
5.-"Ámote, mais, ¿porque amas á ley? Está claro que non é máis que unha puta que os virtuosos non precisan galantear e que os villanos copulan"
Alan Moore- V de Vendetta (1982-1985)

6.-"Outra vez namorado entrarei no xogo/abrasando o arco das miñas cellas./¿E que?/Tamén na casa queimada/se gorecen os vagabundos//¿Búrlase?/'Ten menos esmeraldas de loucuras que céntimos un mendicante'/¡Lémbrese!/Desapareceu Pompeia cando irritaron ao Vesubio"
Vladimir Maiakovski- Nube en pantalóns (1913)
7.- "Guillotina: Máquina que fai que un francés se encolla de ombreiros con bó motivo//Híbrido: Diferencia conciliada"
Ambrose Bierce- Diccionario do Diaño (1911)
8.- "Se pois gardar debemos castidade/Para que nos deu Deus porras leiteiras/Senon para foder con liberdade?"
Elmano Sadino a.k.a Manuel Maria Barbosa du Bocage- (1799)
9.-"Para funcionar, a ideoloxía dominante ten que incorporar unha serie de rasgos nos que a maioría explotada poida recoñecer os seus auténticos anceios"
Slavoj Zizek- Estudios Culturais. Reflexións sobre o Multiculturalismo (1997)
10.- "Nunca se minte tanto como antes das eleccións, durante a guerra e despois da cacería"
Otto von Bismark- atribuido (1815-1898)
Identificación da cita máis antiga: Nesta sección o primeiro en acertar a antigüidade da cita foi El Senhor, mais errou na autoría, que foi identificada e datada por Cambote.
Atribución de citas: Aquí atopámonos cunha situación aínda máis complexa. El Senhor, o primeiro ousado en facer a súa aposta, acertou catro, El Duende acertou a única en que se aventurou, O Nadador foi o primeiro en pasar do aprobado con 6 acertos
"e medio"* e foi seguido pola hábil Elianinha que o igualou. A pouco do remate, Cambote fixo a súa aposta e, aínda que desordeada, chegou aos sete acertos.
Visto o lioso do palmarés e logo de revisar a miña liquidez a curto prazo, os beneficiarios do vale canxeable serán
El Senhor, Cambote,
O Nadador e
Elianinha. Como, agás a Elianinha, non coñezo persoalmente a ningún dos gañadores nin a súa disponibilidade espazo-temporal, prégovos que deixedes nos comentarios a vosa escolla (copa ou bocata) e as datas que vos conveñen para acudir á glamurosísima entrega de premios que terá lugar entre o Orella e o Curruncho (lembrade que logo de tres meses o canxe do premio estará suxeito á liquidez da organización e á presenza araliana en Compostela). Os que non resultaron premiados e demáis voyeurs tamén están convidados a únirse ao blogoencontro, aínda que a Srta. Norimaki non poida responsabilizarse económicamente da súa manutención.
E tal que así, declaro o peche oficial do I Divertimento Inverliterario de Chirimbolos e Ourilocelontes. Ramén!!!
"e medio"*: Hei de confesar que me puxestes nun apreto coa primeira cita, posto que non tiven xeito de comprobar que non saíra pola boca de Dirty Harry antes que da de Constantine. Logo de pescudar pola aranheira e tragarme a sección enteira de Harry na Wikiquote, sospeito que non é del, pero darei unha marxe de confianza aos que votaron por Dirty Harry (Eli e Nadador) para que me xustifiquen a súa elección perante unhas cañas, pois se cadra deuse un caso de empate a tres bandas. Menovky: norimakiadas