2.28.2007

Post Recordatorio (Merdinhas de Ouro)

Segundo as preferencias que expuxestes nos comentarios a data de entrega dos premios do Divertimento Inverliterario (e da máxica poción que vos dotará de fama interestelar) queda para este sábado 3 de marzo ás 21:30 na Praza de Cervantes (obviamente, nos soportais se chove). Para os que non me coñezan en persoa, buscade ao ser máis semellante a Arale da praza e de seguro que acertades, senón buscádea a ela e a rapaza ao seu carón probablemente sexa eu (merci, Eli). Se algún de vós prefire adiantar a entrega por motivos varios (Cambote, para que non se enfríe o bocata; Eli, non era unha comida ao que tiñas que ir?) propoñede outra hora e faranse dous turnos para que os esclavizados laborais, crápulas e griposos poidan incorporarse a posteriori para obter a súa copa. Lembrade que non é preciso ter saído vencedor para acudir ao blogoencontro, así que aqueles que lean isto e queiran vir tamén están convidados.
Para calquera outra dúbida ou comentario adxacente, preman no 'quid pro quo'.

Menovky:

15 Comments:

Blogger Elianinha divagou así:

non, ao final é impósibol o da comida, se queres quedamos un pouquechiño antes, porque a cea a teño ás 22.30, que teño que estar na galiza's square. Xa te chamarei. Síntome unha muller obxecto, un reclamo... que bonito. Menos mal que non linkeaches á miña foto con burka na mezquita.

2/28/2007 1:07 PM  
Blogger Elianinha divagou así:

Aínda teño que mercar o regalo. Ocurríuseche algo marveliano? Ademais, non vai chover.

2/28/2007 1:12 PM  
Blogger elduende divagou así:

Pois nada:

¡Hey! ¡Ho! ¡Let's go!

2/28/2007 1:41 PM  
Blogger Zerovacas divagou así:

Alí estarei, se é que estou en Compostela (creo que si). Xa volo cnfirmarei

2/28/2007 2:18 PM  
Blogger moucho branco divagou así:

como é iso?, un blogoencontro?... aviso que o meu blogue non ten permiso para saír da casa sen min...

Eu porque teño as ás averiadas e vou estar na Coruña, que se non iría encantado a coñecer ao robot mais carismático do blogomillo (logo te dou o número de conta), :P

2/28/2007 3:32 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

que o pasedes ben e poñede unha foto-reportaxe do acontecemento

2/28/2007 3:53 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

a ver...
Levo dez minutos rañando na cabeza sen saber se recúar ou non. Quería ir ó famoso orella, acordoume a tipa que ghomitou, a do canal viajar. Non é que eu sexa de comer orella pero un bocata si que lle mando. O que non sei é onde queda nin a que distancia está da praza Cervantes, se tardan moito ou non en atender, esas cousas. Que decida Arale, ou eliana ou calquera outro interesado nunha primeira quenda de entrega de merdinhas.
Tampouco teño problema ningún en merendar eu por aí e resignarme á bono-copa :-)))

2/28/2007 3:54 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Tarde de tolos.
Así de súpeto ocorreu do que falaba no primeiro post sobre o tema da merdinha d´ouro: carga de curro para a semana que entra, e bastante. Ergo esta vou andar un pouco apurado. Ergo teño que aprobeitar o sábado. Ergo me "resigno" ó bono-copa.
Vémonos ás 21:30.
(de tódolos xeitos supoño que haberá por aí sitios onde picar máis tarde, para non esvaecer, vaia)

2/28/2007 7:17 PM  
Blogger Elianinha divagou así:

Arale, como descubridora túa obrígote (cariñosamente) a que quedes antes comigo. Xa te chamarei.

2/28/2007 7:27 PM  
Blogger Chexire divagou así:

Aló estaremos e co bandullo cheo para casa volveremos!!

2/28/2007 7:31 PM  
Blogger elduende divagou así:

Si, eso. Eu terei que ir directamente do traballo, así que tamén son partidario de engulir algúns alimentos antes de empezar co LK.
Xa o negociaremos in situ.

2/28/2007 9:17 PM  
Blogger ElSenhor divagou así:

Hola de nuevo, que estuve desconectado unos dias.
Asi que puedo ir a recoger mi premio.
¿Por que yo soy uno de los premiados no Robota ?.
En caso afirmativo, mil gracias anticipadas.
¿Puedes hacer un regalo personalizado ?.
Doy ideas robotita jejeje.
Bicos robota ...

2/28/2007 10:58 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Tranquilos todos! Non é a miña intención entubarvos a copa ás 21:30, xa estaba nos meus diabólicos plans unha ruta previa de tapeo-gorrón. Respiren.
Visto que non hai maiores obxecións agás a necesidade de encher o bandullo queda o encontro tal cual no post sábado 3 de marzo ás 21:30 na Praza de Cervantes.

moucho, mágoa da avería, pero non te preocupes que xa haberá outras ocasións. Mesmo poderías facer ti un concurso... porque adicar o teu primeiro soldo do novo choio a financiar un concurso blogueiro con paparota incluída? é só unha idea...

randeeira, farase o que se poida, fotos non creo que haxa porque vai contra os meus principios de androide pero supoño que algunha crónica caerá...

ElSenhor, justo a tiempo!! ya pensé que te tendría que deber el bocata o la copa eternamente ;) Podrás venir este sábado a recoger el premio?

2/28/2007 11:41 PM  
Blogger Elianinha divagou así:

Como que fotos non vai haber? Para unha vez que vou ir monísisisima para a cea posterior? Nada, nada, terei que levar eu mesma a cámara de fotos... Pero prometo poñerche o tomate na cabeza, araliña, como outras veces

3/01/2007 10:53 AM  
Blogger FraVernero divagou así:

Vaia, o, co mal que me pillan a min os sábados...

Haberá que agardar outra vez para coñecer á Arale grande -se é que non a coñezo xa sen saber a súa faceta blogueirística, o cal é perfeitamente posíbel...

3/01/2007 8:30 PM  

Zverejnenie komentára

<< Home