2.25.2007

Strange Fruit

"O eterno sufrimento ten tanto dereito de expresión coma o que teñen os torturados para berrar... e quizaves foi errado dicir que non se podía facer poesía despois de Auschwitz"
(grazas pola cita, FraVernero)
Así se desdicía Adorno dunha afirmación previa na que consideraba que escribir poesía despois de Auschwitz era unha mostra de barbarie. Abondan as mostras da beleza que o ser humán é quen de crear logo de ser observador ou partícipe das peores facetas da súa especie. Non deixa de ser paradóxico que auténticas obras mestras de perturbadora beleza foran inspiradas pola inmundicia. Mais supoño que o propio xénero humán é paradóxico de seu.
Strange Fruit é boa mostra deste paradoxo. Inicialmente concebido como poema por un mestre xudeu do Bronx logo de ficar estarrecido ao ver a imaxe que acompaña este texto, rematou sendo o himno do movemento antirracista na poderosa voz de Billie Holliday. Coido que a canción fala por sí soa.


Strange Fruit (Lewis Allan, 1937)

Southern trees bear strange fruit,
Blood on the leaves and blood at the root,
Black bodies swinging in the southern breeze,
Strange fruit hanging from the poplar trees.

Pastoral scene of the gallant south,
The bulging eyes and the twisted mouth,
Scent of magnolias, sweet and fresh,
Then the sudden smell of burning flesh.

Here is fruit for the crows to pluck,
For the rain to gather, for the wind to suck,
For the sun to rot, for the trees to drop,
Here is a strange and bitter crop.

15 Comments:

Blogger FraVernero divagou así:

You are welcome (to Elsinore!) pola cita, Robotiña...

Pasando a escea/poema/canción, é verdadeiramente terríbel e estraño o froito das árbores sureñas. En tan pouco tempo como nos últimos 100 anos, as bestices da nosa especie foron dabondas para poñer en dúbida perpétua calquera posibilidade optimista arredor do home, esa quitaesenza do pó.
Tememos, quizaves, que haxa algo de pornográfico e contaminante nestes retratos da violenza? Como se xesto implacábel dun dos linchadores, sinalando a escea (tal un cadro de crucifixión medieval, co Apóstolo sinalando a escea sacra) fainos sentir incómodos, consumidores cómplices co ollar lascivo dunha escea terríbel. A ollada é denuncia... ¿ou macabro regodeamento na violencia estetizada? Ollo-Peste, Orella-Praga que consume -como as imaxes irreais da Guerra do Golfo- violencia virtual e enlatada.
Mais algo ficará para a denuncia. As propostas, como é o caso que nos achegas, soen ter unha pureza espartana e unha claridade que queima e se imprime en nós.
Incidentalmente, lembro a escea de 'Excalibur' na que as árbores tamén dan un froito inusual de cabaleiros mortos e enferruxados...

2/25/2007 10:42 PM  
Blogger ailandra divagou así:

Que o meu sorriso valga como comentario místico :)
Ademais, hai voces que acarician a febre agarimosamente.

O visual non deixa lugar a dúbidas, para ben e para mal. Dicía Goethe que o ollar é o sentido pola cal el coñeceu o mundo...non che sei, xa sabes que eu odiei sempre o seu Werther :P

2/25/2007 10:56 PM  
Blogger Ra divagou así:

Lindo post, linda canción, necesaria reflexión, Arale.
Saludo!

2/26/2007 11:27 AM  
Blogger A rapaza do arco divagou así:

Facer arte sobre estas cousas, que é o que neste caso fan Lewis Allan e Billie Holliday, é tamén un xeito de protesta e de crear conciencia. O problema é cando a apreciación disto se queda na mera superficialidade e se obxerva con ollos frívolo. O teu post fíxome lembrar unha anécdota bastante triste que conta Billie Holliday: actuando nun clube de clase alta e para xente branca unha muller, que seguramente era unha boa representación da xente que ía alí, pediulle que cantase "esa canción tan sensual na que falas de corpos espidos" e Billie foi expulsada do local despois de proferir unha chea de insultos que a señora tiña ben merecidos. A min son estas cousas as que me parecen unha aberración e non que se escriba poesía despois de Auschwitz.
Moi interesante, e ademais gosto moitísimo dos videos :)

2/26/2007 12:09 PM  
Blogger moucho branco divagou así:

Por buscar consolo ante a imaxe, dicer que parece que pouco a pouco Dixieland vaise civilizando.
Isto lembroume o de Gene Hackman en "arde Mississipi":
"-sabe canto hai que atrasar os reloxos ao entrar en Mississipi?
-canto?
-...un século."
E que diría DW Griffith de todo isto?...

2/26/2007 12:52 PM  
Blogger Xosé Manuel Carreira divagou así:

Eu tamén estou con Fuji, hai veces en que para expresar o sufrimento hai que cantar coas tripas.

2/26/2007 2:01 PM  
Blogger besbe divagou así:

Sobre as cousas "bonitas" que saen de barbaries humanas quédome coa película "Adios, muchachos", moi recente na miña retina porque a botaron onte na 2 a horas intempestivas. Penso que é necesario sacar todo o que temos dentro a modo de purga e normalmente, das situacións máis difíciles e duras sae o arte que máis emociona, porque ten a natureza humana en toda a súa esencia dentro.

2/26/2007 3:13 PM  
Blogger cambote divagou así:

eu penso que é imprescindible posto que so cando conseguimos articular sobre os traumas ou sobre a dor comezamos de novo a ser algo máis que xente coa metade da alma.
Dicían seica os romanos que un home -ou unha muller engado eu- perdía a metade da súa alma o día no que se convertía en escravo. E que é a dor e mailo medo se non unha escravitude? -algo que non nos deixa ser.

2/26/2007 4:25 PM  
Blogger folerpa divagou así:

Un pracer recibir a súa visita nas miñas alfaias.
Sobre o post, unha recomedación: El comprador de aniversarios,de Adolfo garcía Ortega. Novela extraordinaria, terríbel e necesaria.

2/26/2007 5:58 PM  
Blogger A Raíña Vermella divagou así:

Mil grazas polo video, Arale, impagable!!
"Pastoral scene of the gallant south,
The bulging eyes and the twisted mouth,
Scent of magnolias, sweet and fresh,
Then the sudden smell of burning flesh."
Toda a hipocresía e a maldade do ser humano (branco)

2/26/2007 8:57 PM  
Blogger O Nadador divagou así:

Dáselle moito polos nazis ultimamente.

2/26/2007 11:38 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

FraVernero, gosto de pensar que son creacións como a de Allan canda a voz de Holliday as que impiden a impasibilidade.

Ailandra, obrigada por ese comentario místico e pola achega de Goethe (por certo, o primeiro en crear un círculo cromático, así que o do visual xa lle debía vir de longo).

Ra, gracias, siempre un placer tenerte por aquí.

Rapaza do Arco, é ben certo que o aberrante é que se dean reaccións coma a desa "dama" da jet-set ou que a barbarie se convirta en espectáculo. Graciñas pola anécdota :)

Moucho, gran cita, non che sei que diría Griffith, pero coido que o sur estadounidense alberga aínda demasiados neonazis ou racistas retrógrados, abonda con ver a quen foron os verdadeiros afectados do Katrina...

Fuji e Mendinho, obrigada pola visita :) Levades razón, moitas veces a mellor forma de canalizar a dor é facendo de tripas corazón.

Besbellinha e Folerpa, benvid@s e graciñas polas recomendacións e comentarios :)

Cambote, moi acertada reflexión, o medo escraviza e non afrontalo, ao igual que a dor, non reporta beneficio algún, ao contrario...

Raíña, un pracer!!

Nadador, seica alguén dixo unha vez que estes temas non se deberían esquecer. Nesas andamos ;)

2/27/2007 12:44 AM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Já que falas da Billie Holliday (serendipias da noite) hoje abriu um conhecido seu blog chamado retropower e lá deixou um vídeoclipe dumha cantante norteamericana que já morreu mas que deixou uns discos estupendos. Seu nome Karen Dalton e a ligaçom pra o vídeo: http://www.youtube.com/watch?v=y-BIKjypNsE

2/28/2007 3:14 AM  
Blogger Seoman divagou así:

Sufrimento de delicada expresion. Tdos a reflexionar. Merece a pena

2/28/2007 11:13 AM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Mr.Harvey, tarde vexo este comentario mais iso non me impide agradecelo, pasarei visitar novamente o blogue de Mr.Retropower, quen penso que tiven o pracer de coñecer na blogoesmorga...

Seoman, sempre paga a pena reflexionar, sobretodo cando estamos a tratar de historias tan fácilmente esquecidas interesadamente.

4/30/2007 3:36 PM  

Zverejnenie komentára

<< Home