E a Merdinha d'Ouro goes to...
Tal e como anuncia a provocatoria: hoxe é o día D. Antes de nada, agradecervos a participación e loubar a vosa moral (ou wivols) e sabiduría para dar coas citas, pois estaban postas con moita mala fé, así que chapeau polos participantes aventureiros deste Divertimento Inverliterario.
Velaquí van as respostas:1.-“Ás veces, soterrar a cabeza na area fai que deixes o teu cú na liña de fogo”
John Constantine- Hellblazer nº188 (2000)
2.-"O pensamento pode ter elevación sen ter elegancia, e, na proporción en que non tiver elegancia, perderá a acción sobre os outros. A forza sen a destreza é uma simple masa"
Fernando Pessoa- Livro do dessassossego (1929)
3.-“Unha xeometría non pode ser máis verdadeira que outra; somentes pode ser máis cómoda”
Poincaré- Ciencia e hipóteses (1902)
4.-"Quixera ser pirata/non polo ouro nin a prata/senon por ese tesouro/que tes entre as patas"
Cálico Electrónico- Capítulo 5: Una historia de Amor (2004)
5.-"Ámote, mais, ¿porque amas á ley? Está claro que non é máis que unha puta que os virtuosos non precisan galantear e que os villanos copulan"
Alan Moore- V de Vendetta (1982-1985)
6.-"Outra vez namorado entrarei no xogo/abrasando o arco das miñas cellas./¿E que?/Tamén na casa queimada/se gorecen os vagabundos//¿Búrlase?/'Ten menos esmeraldas de loucuras que céntimos un mendicante'/¡Lémbrese!/Desapareceu Pompeia cando irritaron ao Vesubio"
Vladimir Maiakovski- Nube en pantalóns (1913)
7.- "Guillotina: Máquina que fai que un francés se encolla de ombreiros con bó motivo//Híbrido: Diferencia conciliada"
Ambrose Bierce- Diccionario do Diaño (1911)
8.- "Se pois gardar debemos castidade/Para que nos deu Deus porras leiteiras/Senon para foder con liberdade?"
Elmano Sadino a.k.a Manuel Maria Barbosa du Bocage- (1799)
9.-"Para funcionar, a ideoloxía dominante ten que incorporar unha serie de rasgos nos que a maioría explotada poida recoñecer os seus auténticos anceios"
Slavoj Zizek- Estudios Culturais. Reflexións sobre o Multiculturalismo (1997)
10.- "Nunca se minte tanto como antes das eleccións, durante a guerra e despois da cacería"
Otto von Bismark- atribuido (1815-1898)
Identificación da cita máis antiga: Nesta sección o primeiro en acertar a antigüidade da cita foi El Senhor, mais errou na autoría, que foi identificada e datada por Cambote.
Atribución de citas: Aquí atopámonos cunha situación aínda máis complexa. El Senhor, o primeiro ousado en facer a súa aposta, acertou catro, El Duende acertou a única en que se aventurou, O Nadador foi o primeiro en pasar do aprobado con 6 acertos "e medio"* e foi seguido pola hábil Elianinha que o igualou. A pouco do remate, Cambote fixo a súa aposta e, aínda que desordeada, chegou aos sete acertos.
Visto o lioso do palmarés e logo de revisar a miña liquidez a curto prazo, os beneficiarios do vale canxeable serán El Senhor, Cambote, O Nadador e Elianinha. Como, agás a Elianinha, non coñezo persoalmente a ningún dos gañadores nin a súa disponibilidade espazo-temporal, prégovos que deixedes nos comentarios a vosa escolla (copa ou bocata) e as datas que vos conveñen para acudir á glamurosísima entrega de premios que terá lugar entre o Orella e o Curruncho (lembrade que logo de tres meses o canxe do premio estará suxeito á liquidez da organización e á presenza araliana en Compostela). Os que non resultaron premiados e demáis voyeurs tamén están convidados a únirse ao blogoencontro, aínda que a Srta. Norimaki non poida responsabilizarse económicamente da súa manutención.
E tal que así, declaro o peche oficial do I Divertimento Inverliterario de Chirimbolos e Ourilocelontes. Ramén!!!
"e medio"*: Hei de confesar que me puxestes nun apreto coa primeira cita, posto que non tiven xeito de comprobar que non saíra pola boca de Dirty Harry antes que da de Constantine. Logo de pescudar pola aranheira e tragarme a sección enteira de Harry na Wikiquote, sospeito que non é del, pero darei unha marxe de confianza aos que votaron por Dirty Harry (Eli e Nadador) para que me xustifiquen a súa elección perante unhas cañas, pois se cadra deuse un caso de empate a tres bandas.

Menovky: norimakiadas
13 Comments:
Pois vaia, a decisión é difícil.
Vexamos:
1º Copa/bocata? Copa!
2º Disponibilidade. Máis complicado.
Martes ou mércores: nas próximas tres semanas sen nengunha complicación non sendo que me xorda un curro de improviso que caia neses días, que podería ser, aínda que non o vexo moi factible. Polo que contactando coa miña base loxística compostelá non habería problema.
Venres ou sábado: non habería problema laboral seguro, pero dependería da miña base loxística coa que tería que confirmar.
Polo que... mellor que os outros gañadores e posibles vouyeurs asistentes se pronuncien. (Esta opción non está suxeita ó límite das tres semanas)
Polo demais encantadísimo de ser un dos agraciados copeteadores e de vos coñecer a todos merdinha dóuro mediante.
Haberá dyc nese bar... ¿?
Me alegra ver que aún puedo identificar una cita del maestro Moore así a pelo, pero me preocupa no haber reconocido la del vocalista de Mucous Membrane, porque tengo ese cómic y debo de haberlo leído un par de veces... ntch. Me hago viejo y me pega el Alzheimer ese.
Y sobre la blogopresentación en sociedad (a la que me apunto, aunque sea pagándome mis propias copas), me vale cualquier día de la semana que no sea jueves. Un viernes, por ejemplo, sería bonito.
Apoio o dun venres. Eu xa me xustifico agora, tiña dúbidas sobre de quen era a cita, e fixen unha pesquisa popular, é saiu que era de Enrique o cocho. Agora, deberei ver novamente a peli, porque debe de haber entón unha frase moi moi moi similar.
Eu apúntome a todo, dáme igual.
Agardo outra entrega pronto...
O festín de Lúculo, nen máis nen menos...
As únicas que me resultaban evidentes per se eran as de Alan Moore e Zizek, e posto a pescudar na wikipedia ou fusilar aos colaboradores parecíame lixeiramente inmoral...
Pecado grave non recoñecer ao Maikovsky -un dos meus poetas preferidos-, anque pode mediar que o que teño lido del ten pasado o tamiz e mediación da língua inglesa...
O da guillotina é o que me resultou máis simpático. É unha ferramenta á que lle teño especial cariño dende 'El siglo de las Luces' de Carpentier e as historias da revolución francesa...
eu tamén quero outra entrega , pero que sexa máis doado para que atine eu (nivel de parvuliños ou así)
Venres(ou sábado).
Copa.
Son Lacónico coma un cocido de Lalín.
Mrs.Doyle, Fravernero, Randeeira, xa caerá outra argallada araliana...
Cambote, Duende, Eli e Nadador, falta El Senhor por pronunciarse, pero todo apunta a que será un venres ou un sábado...para min preferiblemente un sábado. Nun primeiro tanteo, que vos parecería o sábado 3 de marzo?
Marzo é un bo mes.
O sábado é un bo día.
O día 3 é unha boa data.
Por min ben. Principio de mes.
Si la cita es a partir de las nueve de la noche, el sábado 3 de marzo me parece un día excelente.
Como el senhor aún no reclama, queda el sábado 3 marzo a partir de las 9 por la zona vieja compostelana. Ya haré un post recordatorio para concretar.
Por min ben, pero puntualidade, eh! É que teño unha cea para ese día...
Zverejnenie komentára
<< Home