2.16.2007

Para amenizarvos a espera...

Aínda estades a tempo para facer as vosas apostas no Divertimento Inverliterario, que vos pode levar á gloria (senon á interestelar, cando menos á etílica ou gastronómica) se resultades os maiores acertantes. Aínda pode cambiar o resultado final!!
Namentres vos devanades os sesos nas poucas horas que faltan para o anuncio dos gañadores (a partir das 22h), de seguro atormentados pola incertidume e un abrumador nerviosismo, déixovos unha "intermission" musical para facervos máis levadeira espera e de paso amosar a miña enorme simpatía polo 24º Cumio Francia-África que se está a celebrar estes días en Cannes. Agardo que vos prouga.
As letras da canción, para aqueles con arroutas karaokianas, eiquí.

5 Comments:

Blogger cambote divagou así:

Este pompafric está moooi ben. Esto si que ameniza... bailaría ata o San Eufrasio de madeira da aldea dun dos meus tíos.

2/16/2007 7:43 PM  
Blogger Moralla divagou así:

A verdade é que me sentín coma no verán! rodeada de palmeiras, sol, mar, area e marihuana...que queres!
moi boa peza musical, anti-depresiva e pro-anímica
(SÓ FALTABAN AS MARACAS)
Graciñas
Bicos de Yoli

2/16/2007 10:42 PM  
Blogger rifenha divagou así:

Muito linda a música.

2/16/2007 11:28 PM  
Blogger rifenha divagou así:

Mas...
Não vos fiés da música de baile, das evocações de palmeiras tropicais...
Repará na letra.

2/16/2007 11:35 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

cambote e moralla, pois que bailen todos!! san eufrasio, as maracas e as depresións... algo han de aprender todos ;)

rifenha, tés bo ollo ;). Malia que á música sexa suxerente, como ti apuntas a letra é aínda mellor...

2/16/2007 11:58 PM  

Zverejnenie komentára

<< Home