2.14.2007

Terceiro día de Lei Marcial en Conakry

Por se non fora unha rexión abondo desestabilizada e constantemente afogada por unha perigosa mestura de riqueza mineral, mercenarios, guerrillas e mansalvas de cartos internacionais investidos no expolio dos recursos da zona, un novo país da África Subsahariana fai saltar a alarma: Guinea Conakry.
A sociedade civil xa viña amosando o seu descontento co goberno dende había meses (20 estudantes morreron nas manifestacións de hai seis meses) e se convocara para xaneiro unha macro-folga xeral de 18 días que foi cancelada ante a promesa do presidente de traspasar os poderes a un novo primeiro ministro. O nomeamento dunha figura moi próxima a Conté causou as iras da poboación, que re-convocou unha folga xeral contra a corrupción e a dictadura militar do xerontócrata e dictador Lansana Conté, e que foi secundada en distintos puntos do país. Ante tales circunstancias, o exército optou por intervir. Dende aquela xa van 100 mortos, a maioría deles a mans das forzas de seguridade nas manifestacións que teñen lugar na capital. Por qué será que non me sorprende. Para os escépticos, velaquí un video dunha das devanditas manifestacións que ven de enviarme unha compañeira.


Máis información e seguramente mellor exposta que este atropeladísimo post eiquí:
Guinea en estado de sitio, os blindados nas rúas de Conakry (Jeune Afrique)
Preguntas e respostas: Emerxencia en Guinea (BBC)
Estado de Sitio: "Teremos visto de todo neste país, mais isto no pensamos aceptalo!" (Guineee Conakry Info)

POST-PUESTO (16/02707): Desculpade o do vídeo, nel víase o avance dunha manifestación pacífica pola estrada e a carga do exército contra eles. Ao pouco falece unha persoa e hai feridos que se dispersan namentres os comentaristas do video tratan de explicar nerviosos o que están a ver. Supoño que era un video demasiado molesto para deixalo no tubo.
Déixovos o linka a unha interesante entrevista feita recentemente en Bélxica a Rabiatou Diallo, a Secretaria Xeral da Confederación nacional dos Traballadores de Guinea, acusada polo goberno de Conté de "prender lume ao país".

Menovky:

11 Comments:

Blogger ElSenhor divagou así:

Mas animales que los propios animales. Eso es lo que somos a veces Arale. Ley marcial, bonito nombre para una animalada.
El video no esta disponible. Youtube se mueve rapido a veces.
SalU2 robotita ...

2/15/2007 3:07 AM  
Blogger O Nadador divagou así:

Estaría fóra de lugar unha comparativa entre o espazo adicado nos medios de todo o mundo a este conflito comparado coa morte de Anne Nicole Smith?

2/15/2007 8:25 AM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Na prensa "normal" non se fai eco destas barbaridades. Ata para sufrir hai cidadáns de primeira e de segunda.
O vídeo está apagado.

2/15/2007 11:10 AM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Só temos que ver a atençom que tivo a morte dumha tal Ortiz, só por ser a irmã dumha jornalista casada com o filho dum senhor que tivo a sorte de nascer numha família com ascendentes que souberam no seu tempo enganar aos labregos analfabetos pra convence-los de que Deus, um senhor ao que ninguém conhece, lhes ordenara governar suas vidas no seu nome porque eles sós nom dariam feito e eles em pago fariam-se carrego de engordar seu bandulho e suas arcas... 800 anos depois seguimos enchendo seus pratos e suas contas correntes ainda que já nom somos analfabetos nem cremos em Deus... que paradoxo!!

So aguardo que esto de Conakry nom seja como aquela cousa dos tutsis e os hutus!!

2/15/2007 2:28 PM  
Blogger A pirámide divagou así:

Non sei por qué pero dame a min que isto ten que ver con que Francia está de eleccións.

2/15/2007 6:07 PM  
Blogger Bautista divagou así:

Haberá quen pense...Guinea Conakry? En que equipo xoga???
Respecto aos hutus e tutsis, non hai máis que ver cando e como chegou a información sobre ese xenocidio aos medios europeos: a través de tres ou catro fotos con demasiado significado como para non lle quitar unha plana á Pantoja. E inda así... como actuaron os responsables?

2/16/2007 1:03 AM  
Blogger moucho branco divagou así:

Africa se move e igual por iso non sae na foto... a menos que se fale da inmigración deles para aquí a información é nula... do que fixeron e fan as nosas empresas nos seus países xa non nos gusta falar tanto... e claro, igual áí están boa parte da explicación destes conflictos intestinos do continente

2/16/2007 3:46 AM  
Blogger Mario divagou así:

Si que é certo que de África non se sabe nada, aínda hai pouco lía un artigo sobre o Níxer, 20 anos vendendo petróleo e o país segue na mesma miseria que antes, ou pior, porque agora as petroleiras contrólano todo. E despois estráñanse de que haxa guerrillas, guerras civís...

2/16/2007 4:42 AM  
Blogger rifenha divagou así:

África não sai, porque não interessa. Realmente, não aparece nada .Só aparecem parvoices e casos dignos de "El Caso", um dia sim e outro também. E as leas entre Zapateros e Aznar-Marianos. O mundo, nos nossos meios de comunicação espanhois, não existe. Nem sequer a Galiza Existe. Só parecem existir, de vez em quando, Euskadi, Catalunha-e não precisamente para bem, pero existem-e as grandes parvadas da grande metrópole político-administrativa.
O que ta a passar em África é muito grave.
Há que ler a diário em internet para saber.
Polo menos, para ir vendo algo mais que as idioteces habituais da informação espanhola.

2/16/2007 8:52 AM  
Blogger Scanix O Celta divagou así:

"A pirámide" Levas moita razón. Todos coñecemos as bombas de humo que has veces fan estoupar dende o "primeiro mundo" os poderosos pra confundirnos.

Por unha Africa libre de Euro-Estadounidenses

2/16/2007 11:12 AM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

senhor, lamento lo del video, los censores del tubo debieron ser más rápidos. Como vd. bien indica, ley marcial el tan sólo uno de los múltiples eufemismos con los que los responsables tratan de "aseptizar" sus intervenciones.

nadador, en absoluto. É máis, Conakry é so un dos milleiros de casos que empeza a xurdir agora algo nos medios polo recrudecemento da situación. Comparativas pertinentes sobran, dende a galega de Cancún á morte da irmá de Leti...

randeeira, é certo, pero é que non interesa ou, dito en xerga do gremio: esas novas non cumplen abondo os "valores noticia". Non foron a nosa colonia e non temos cartos alí investidos, ergo, nos importa un pito. Ntch.

Gustavo, é un bon exemplo e unha brillante reflexión ;) , pero desgraciadamente é un dos moitos paradoxos que nos azoutan. Ata onde alcanzo a saber o de Conakry non ten tintes étnicos senón de descontento popular contra o sistemático afogamento económico dos civís que provocan os planes de axuste do FMI e a corrupción do goberno de Conté.

Pirámide, sospeitas ben, na África subsahariana Francia sempre está detrás das liortas políticas prácticamente no 90% dos casos e Conakry non é excepción. Hai pouco falábame un amigo da "Françafrique", moi propio o termo...

Bautista, a pregunta non me sorprendería, cousas peores vense cada día. Unha vez oín a unha rapaza en vías de licenciarse en xornalismo preguntar sinceiramente desconcertada: "Pero como que Melilla está en África??". Non sei que foi dela, pero seguro que está a traballar nalgures, "informando"...

Moucho, diría que é precisamente ahí onde está a raíz do silencio mediático sobre África, agás cando o conflicto alcanza niveis de gravidade (xeralmente grazas ás armas proporcionadas por nós, os gringos, os rusos e os chineses) e ao final chéganos unha información distorsionada que repite esquemas de pensamento colonial e termos efectistas como "loita tribal", "descontrol", "caos"... que xeralmente pouco teñen que ver coa complexa realidade dos conflictos.

mario, benvido :), como xa dixo o moucho, se cadra é que non interesa que se saiba demasiado dela pola incrible e moi cuestionable inxerencia de Francia e outras potencias nos gobernos subsaharianos (en moitos casos os gobernos contan con conselleiros das multinacionais francesas nos gabinetes) sen que iso reporte beneficio algún para a poboación...

Rifenha, levas moita razón, pero tamén isto é unha mostra do poder da arañeira para podermonos informar de modo máis directo ou cando menos, menos filtrado polos criterios de selección dos grandes xornais e ese criterio xerárquico de selección que establece diferencias entre o valor das vidas ou a importancia dos países...

Avogado, idem que á Pirámide... O triste é que hai un estreito tecido de colaboracións entre élites políticas e a ex metrópole (e as súas empresas) que obstaculiza máis aínda a posibilidade dunha África ceibe de sambesugas.

2/16/2007 1:41 PM  

Zverejnenie komentára

<< Home