1.27.2007

Salvemos a Laura e ás Testemuñas de Jehová

Meus... ¡¡He visto la luz!!
Ou como dirían os meus correlixionarios anglófonos "Ai jaf bin tacht bai its nudli apéndax!". Ramen! A emoción embriágame tanto que por mor da sobrecarga dos meus circuitos estou que boto charamelas polas tempas... mais tratarei de explicárvolo todo cunha certa orde...
Todo aconteceu unha apacible e soleada mañá de xaneiro. Este androide vagaba resacoso e alleo a todo polas rúas picheleiras até que ao chegar a Cervantes percibiu un gravísimo fallo en Matrix: Onde carallo se meteran os yonkis? Na vida vira cousa tal. Cervantes sen yonkis. E quen eran todas esas persoas con sorrisos diabólicos que perseguían aos inocentes viandantes? E que era ese stand no medio da plaza que anunciaba "La Biblia puede mejorar tu vida familiar"? Cona! A miña damnificada CPU púxose en marcha: Arale, escapa mentres poidas. Tarde ¬¬U. Un depredador con corpo de cuarentona rebozada en pote botóuseme ao pescozo:
-Disculpa ¿Tienes un minutiño?
- Sí, incluso hasta dos, más no. Pero, señora, si me permite la indiscreción, ¿usted, de quién viene siendo?
-Somos Testigos de Jehová y estamos promoviendo la utilidad de la Biblia como guía en la vida cotidiana. ¿Tú conoces el Libro? ¿Qué opinión te merece?
-[Conaquemepareu!] Pos como compilación de fábulas o fuente de inspiración para los guiones de "Pasión de Gavilanes" creo que está chachipiruli pero de ahí a que me lapiden por follar antes del matrimonio como que no.
-[Fresca frivolonona!] Vaya (sorriso forzado). Claro. Mira, quiero que me des tu opinión sobre este pasaje.
Saca unha Biblia.
Aquí está, Proverbios 13:20: "El que está andando con personas sabias se hará sabio, pero al que está teniendo tratos con los estúpidos le irá mal". ¿Qué te parece? ¿Crees que tiene razón?
-(Mirada asesina) Señora, ¿me está llamando estúpida?
-(Cara de pánico) Nonononoooo, faltaría más! Estooo...yo lo que quiero... esque... ¿qué te parece el proverbio?
-Pienso que nos pinta como borregos sin consciencia ninguna, como si no tuviéramos capacidad crítica. [Agora te vas cagar, amighiña] Además, por esa regla de tres yo ahora mismo sería una politoxicómana y sin embargo no he consumido ningún tipo de droga en toda mi vida [XDD].
-(Cara desencaixada) Ah. Muy bien, claro que sí, esto está pero que muy muy bien, rapaciña. Dando ejemplo. Así da gusto (Sorríme). Ay...si todos fueran como tú, otro gallo cantaría...
Sóname o móbil, Gontxarova ao rescate.
-Disculpe señora, estoy recibiendo una Llamada...
-Sí, sí, no te preocupes. Un placer hablar contigo. Sigue así, neniña.

E vin a luz. Porque digo eu, se en menos de 5 minutos, con toda a miña mala baba, conseguín que esa pobre señora pasara de odiarme a atoparme simpática, coa colaboración doutros crentes coma min ao mellor aínda é posible rescatar a estas ovellas desorientadas e facerlles tomar a píldora vermella. O que botei en falta no meu encontro foi aquela brillante e famosa carta a Laura Schlessinger, un portento de muller (mágoa non poder escoitar o seu programa aquí), que rulou hai anos polos emails para desbaratarlle a Biblia á paisana con fundamento.
Confeso que tiven os meus momentos de dúbida cando me enumeraron todo o que cabrea a Jehová porque pensei entrar en estado de combustión espontánea pola ira divina. Pero afortunadamente o Único e Verdadeiro, veuse apiadar de min neste momento de febleza e amosoume o camiño: o apostolado!!
Así que mañá mesmo vou fundar unha ONG (por orde directa do MVS) para reconducir e salvar da fatalidade a todas estas gando-ánimas desorientadas. Hai que salvar a Laura e aos Testigos de Jehová antes de que sexa tarde!! E se vai ben o experimento ampliarei o meu ámbito de actuación a outras sectas heréticas con forte presenza eiquí, como a Igrexa católica e o Opus Dei.
¿Alguén se apunta?

14 Comments:

Blogger O pastor eléctrico divagou así:

Eu fun apartado do paraíso hai 6 anos. Unha testemuña de Heová díxome que a fin estaba preto (seica non tan preto) e só os elixidos salvirían a súa alma e acadarían a terra prometida.
Polo que parece, a apatía é pecado. O feito de non ter ganas de ler as SE e arrepentirme excluíume da salvación...
Menos mal que levo 3 anos liberado. Se queredes o contacto, seguide ao coello branco.

1/28/2007 2:15 PM  
Blogger cambote divagou así:

eu apúntome así ás cegas, pero tes que me comunicar: ritos, contrasinais para distinguir ó correlixionarios, rezos, santo abogosos -como o da santa carbonara, ou as parábolas da nosa relixión: de como o SBM se converteu en ñoquis para seren máis próximo a outros pobos, ou o misterio dos catro queixos,...-, porque a verdade, as posibilidades son infinitas.
Ten moi boa pinta ese deus.

1/29/2007 12:06 AM  
Anonymous Anonymný divagou así:

eu rio moito con estas cousas pero ás veces da me pena a xente que ten o cerebro tan lavado como para crer nas patrañadas que contan os supostos libros sagrados de calquera relixión ... agás a dos Devotos do Licor Café.

1/29/2007 12:22 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

anónimo son eu

A randeeira

1/29/2007 12:23 PM  
Blogger moucho branco divagou así:

Como especifiquei anteriormente e está recollido na constitución da república mouchuna, son politeísta e creo no todopoderoso monstro voador de spaghetti... pero o deus central do meu culto é Odín, así que teño unha contradicción, porque por un lado me inclino a apoiar a túa cruzada redentora de almas, pero por outra Odín me pide que beba cervexa nos seus cráneos e queime as súas casas... e a min o Valhalla é o ceo que mais me tira, que queres...

1/29/2007 1:03 PM  
Blogger ElSenhor divagou así:

Contigo al fin del mundo Arale.
Eso si, que mi alma inmortal sea salvada por Jheova o como carallo se escriba ...

1/29/2007 3:25 PM  
Blogger OSIÁN divagou así:

¿Si ese tal Jehová e demais parentela e tan listo como contrata xente tan torpe?
Unha aperta

1/29/2007 8:27 PM  
Blogger Zerovacas divagou así:

O que non che pase a ti. A última vez que me abordaron, estaba eu medio durmido, e coa miña amabilidade e inxenuidade naturais tardei dez segundos en darme conta o que estaba pasando. Deberon quedar moi sorprendidos cando marchei case correndo

1/30/2007 8:51 AM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Pastor, ti vas ben encamiñado para o verdadeiro paraíso e non esa cursilada coa que soñan estes pobres perdidos. Que o MVS te protexa...

Cambote, ufff, como ti ben dis as posibilidades son infinitas, tes case toda a info "oficial" en www.venganza.org pero vamos, que os camiñoso do MVS son inescrutables ;)

Randeeira, certamente é unha mágoa ver como hai xente co tarro tan comido. Todo sexa inicialos nos báquicos ritos galaicos da adoración ao LK (dos que son fiel devota).

Moucho, o teu politeísmo non deixa de ser reflexo das contradiccións que todos albergamos. De seguro que Odín foi creado coa complacencia do MVS, así que o Valhalla é teu.

El Señor, Vade retro Jehová!! Si alguien ha de conducirte al paraíso ése será el apéndice fideoso o una horda de conejitas de playboy salidas :P

Brais, iso mesmo me pregunto eu, de onde os sacarán? pero o mesmo me pregunto ao respecto de algunha empresa de comerciais e demáis sectas "laicas". Iso sí, prefiro que sexan toupas que carismáticos propagandistas...

Zerovacas, eu andaba resacosa aínda, de ahí que decidira exercer a miña dosificada crueldade escoitando á señorona. Coido que paga a pena escoitalos de cando en cando, un vé o mal que está o panorama...

1/30/2007 9:34 AM  
Blogger Scanix O Celta divagou así:

Eu o que fago e gritarlle na cara que son fillo do mesmo Baal Zabut, e que teño por afición eyacular na faz dos creyentes. As veces funciona, outras teño que sair correndo por que piden unha demostración.


PD Non coñecia esa carta, casi mexo da risa

1/30/2007 1:30 PM  
Blogger Marla Singer divagou así:

Aiiiiiiii! Pois a min non me paran, tía, pasan de min. Eu creo que é a cara de mala hostia satánica que se me pon...
Por certo, é unha mágoa que odies as cámaras. Localia melloraría moitirmo coa túa presenza. un bicaso!

1/30/2007 9:13 PM  
Blogger A pirámide divagou así:

A pirámide enteira vai con Arale de misións a onde sexa. Pero mira que algúns de nós somos donantes de sangue. Iso conta negativo ou como é o conto.

1/30/2007 9:15 PM  
Blogger elduende divagou así:

Só podo dicir que ¡Ramen, hermana!
Entre esto e a Fronte de Liberación dos Galenecos, non vou ter tempo libre.

1/31/2007 7:58 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Avogado, boa estratexia...mágoa das súplicas de demostración explícita, de seguro que son todos unha panda de vizosos...mmm...se cadra convén valorar esa vía como outra estratexia do apostolado...

Mística, como tu nombre indica...qué te van a contar ellos que no sepas tu ya, lo que pasa es que tu aura de sabiduría tarantiniana los abruma ;)

Pirámide, bem-vindos! O certo é que é todo un puntazo contar cunha pirámide nas tarefas de apostolado, por isto da adoración dos símbolos e tal. De seguro que ao MVS lle gusta a idea...

Sr.Osborn, ¡Ramen, hermano! Certo que son tempos de intensa actividade subversiva, eu aínda estou coa limpeza dos restos da última xuntanza conspiradora no souto de Teo do FLG.

2/02/2007 11:23 PM  

Zverejnenie komentára

<< Home