Adicado a tódolos frikis do mundo
Primeiro post do novo ano gregoriano. O meu ano podería ter comezado mellor e de seguro que o blog tamén, pero como estou volcada nun proceso de re-ubicación e re-ordenación que ocupa a meirande parte do meu tempo, déixovos este divertimento musical que supoño que lle fará especial ilusión a toda esa caste de seres humanos catalogables como "frikis" con sentido do humor. Se vos gusta este "White and Nerdy", tamén tedes no tubo máis de Weird Al como o "I'm fat", "Bedrock Anthem" ou "The Saga Begins".
12 Comments:
Quero pensar que algo teño de friki ou raro e así da-las gracias pola dedicatória.
Así que me sumo e marco un "i´m fat"... dancing. (sen espada jedai, que non son desa onda)
Que boa forma de comezar o ano! Déixote outra versión de Weird. Foi a primeira que vin e pareceume boísima.
Boísimo!
Todos levamos un freaky dentro: uns máis adentro que outros... pero... todos somos freakys.
Feliz ano.
zencsforoll. ou jrasiñas por tudo. sobre todo por ter o meu flog nos teus favoritos.
paco luces
Friki, friki, friki, unhas risas para empezar o ano. Un saudo
bueno, eu friki son, pero sentido do humor non teño ningún, :)
Tiña a súa gracia, si...
alén, un considérase bastante 'friki', e non só polo interese literario... ox xogos de rol e a literatura ciencia-ficción tamén rondan polo meu maxín, codeándose coas letras máis clásicas. Un exemplo da repisa da mesa de noite: Terry Pratchett e Ernst Gombrich....
Un aperta, e un bo ano para todos (agardemos, alomenos).
cambote, coido que hoxendía a definición de friki é tan ampla que hai sitio para todos os "raros". E por certo, non esquezas unha das xoias da sabiduría popular galega "canto máis se amasa mellor se pasa" ;)
pastor, Amish Paradise, boísimo! xa a coñecía, pero grazas por engadila ao post.
mrs.doyle, canta razón leva...agora só queda que todo o mundo libere ao "friki" que leva dentro. Bo ano!
Paquiño! Jrasiñas por que? Un pracer terte de visita por eiquí e a ver se nos vemos polos bares picheleiros :)
Seoman, segundo os puristas, o do video en cuestión é un "nerd" pero para botar unhas risas ben nos vale.
Moucho, non o dubido, o teu niño é unha viva mostra da túa carencia de humor. De seguro que para un moucho coma tí o aceno máis próximo ao sorriso posible é torce-lo bico ;P
FraVernero, é o bó dunha etiqueta tan polivalente como "friki", dá cabida a unha chea de aficións consideradas aconvencionais que, afortunadamente, non son incompatibles entre sí :)
Por certo, curiosa mestura Pratchett e Gombrich...
Esos frikis tan enxebres Arale.
El video de "Fat" es aun mejor.
SalU2 ...
somos los frikis reunidos geiper. un saludo
boísimos ;)
Non ten desperdicio...
Unha aperta.
:)
Zverejnenie komentára
<< Home