Correntes (I)
¿Quen non viu algún deses cadros horteras con esceas de caza na casa dalgún parente ou coñecido? ¿Ou as bonecas folclóricas (tanto as muiñeiras como as flamencas)? ¿Ou os tapetes de ganchillo encol dos televisores? Se cadra trabúcome, pero coido que a gran maioría identificou algún destes elementos ao longo das súas rutas por casas de familiares ou veciños...
Ben, e Arale pregunta... por que raio se estenderon tanto? ¿Aparecían de fondo nas fotos de exclusivas con Carmina Ordoñez (que en su blanca gloria descanse) ou calquera outro ente da élite mundial? ¿Formaban parte da indumentaria dos actores dalgún culebrón de sobremesa para púberes hiperhormonados? Toda resposta é benvida, mais eu teño algunha sospeita...
Se cadra por estarmos metidos ata o pescozo nun sistema baseado no consumo de masas, adoito vencellamos a cuestión das "modas" a macrocampañas artelladas por maléficas multinacionais que devecen por chucharnos os cartos e os miolos. Pero nin nós somos tan autómatas e lerdos, nin todas as multinacionais tan maquiavelicamente poderosas. As redes de influencia non nos son tan alleas. Sei que hai unha chea de intelectuais sesudos que escribiron sobre o tema das influencias, o discurso e o significado, pero agora só teño tempo de soltar esta desbardallada apurada antes de que me manden o wifi ao carallo.
O que negue que o seu entorno lle condiciona, minte coma un trampón. Mesmo opoñéndose ao discurso dominante estase a responder en termos complementarios, tal vez opostos pero compostos en base á unha mesma clave. Iso é o que provoca que o meu amigo bielorruso considere o liberalismo económico a máis venerable das aspiracións para o seu país e estea convencido de que a igrexa católica é un ente de concordia e boa vontade, moi probablemente porque a el sempre lle estiveran "prohibidos". No seu caso, facerse católico logo de entrar na universidade foi un dos maiores actos de rebeldía da súa xuventude e é acojonante ver o fervor co que defende ao Papa. O mesmo acontece cun coñecido de Guinea-Conakry ao que lle entraron arrepíos o día que me deu por mentar a homosexualidade como algo natural e perfectamente defendible. Para el, a imaxe da homosexualidade é a das mafias de chaperos e de homes adiñeirados (moitos occidentais) que van ao seu país a comprar os favores sexuais dos seus amigos e compañeiros do equipo de fútbol. Polo tanto nos seus ollos é unha práctica noxenta e punible. ¿Intolerantes e retrógrados estes dous rapaces? Eu diría que non...
Cando hai unha simpatía masiva por uns determinados valores ou ideoloxías no entorno é sinxelo defendelas e tomar parte, pero non deixa de ser ineludible a relevancia do punto de partida na conformación que cada un se fai do seu mundo. Merda, quédome sen wifi. Continuará...

Menovky: norimakiadas
3 Comments:
Supoño que á hora de defender unha determinada corrente dependerá do lugar e a situación no que o fagas, e o coñecemento global que teñas desa opción.
Pódese defender o labor da Igrexa católica a prol dos menos favorecidos -ex:Cáritas- e mesmo o párroco do lugar onde vivo é un home sinxelo, afable e que che pregunta como estás cando tpa contigo, non pide comparecencia na eucaristía.
Pero pode alguén, no seu cabal xuízo, defender o mangoneo da Banca Vaticana ou a ortodoxia en temas como o uso de preservativos en países de África con millóns de infectados?
Igual que a homsexualidade: a de Guinea Conakry pouco ten que ver coa dos desfiles de Chueca.
PD: Na casa dun familiar inda hai o mítico cadro dos cans de caza zampándose...unha perdiz? costumbrismo cañí, of course.
Asi nos ha quedado el sanbenito de tortilla, plaza de toros y flamenco, con cosas como esta que por desgracia nos identifican. Si es que paremos aun los del Pepe vente pa Alemania
czxjkEu aínda diría máis: nós tamén condicionamos o mundo.
E aídna diría outra cousa: máis famosas que as esceas de caza e os bailaores flamencos e flamencas sono eses cadros en chapa da última cea onde xesús reparte. Igualiños todos.
E agora hai innovacións: non vistes uns cadros dun cristo que crucificado abre e pecha os ollos segundo a posición na que esteas? Realmente terribles.
Zverejnenie komentára
<< Home