11.01.2006

O desvencello da merda como piar do suxeito posmoderno

A merda, como a enerxía, nin se crea nin se destrúe, transfórmase. Polo que, en termos físicos, a acción de "limpar" refírese sinxelamente ao feito de "mudar a merda de sitio".
Porén, semella que o "progreso" está a facer que as sociedades, sobretodo a posmoderna, perdan todo vencello coa súa propia merda e dispoñan de toda unha serie de mecanismos para facela "desaparecer" (case por arte de maxia) eliminando prácticamente todo vencello/responsabilidade entre os humáns e xestión da súa porcallada.
No físico dispomos de aparellos como a máquina aspiradora, que engule todo canto atopa e acumúlao nunha aséptica bolsiña que logo nós trasladaremos a outro "contenedor" para finalmente olvidármonos del. Iso, por non falar dos circuitos do Sr.Roca e do inframundo séptico.
Mesmo se un non quere responsabilizarse da súa propia merda pode pagar a un terceiro para que o faga por el. E non estou a referirme só a merda con presencia física se non aos marróns laborais e mesmo aos persoais, aínda que visto como andan as cousas, poñamos por caso na Administración, son moitos os vieiros posibles para "escorrer o vulto" de xeito eficaz e saír non só impune se non incluso gabado.

Esta perda de conciencia da nosa condición animal e o desvencello da responsabilidade cos ciclos naturais faise extensible á vida cotiá de xeito que é frecuente a actitude de agardar que alguén, ben sexa o Estado, ben sexa o compañeiro de traballo, ben sexa o WC, nos saque a merda de diante como se nós non tiveramos absolutamente ren que ver con ela.

Post inspirado vagamente polo moi recomendable documental "The Pervert's Guide to Cinema" de Sophie Fiennes e presentado polo mítico Slavoj Zizek. Deixo a segunda parte, a primeira tamén está no tubo, e quen o queira ver enteiriño: mula.

'Cinema is the ultimate pervert art. It doesn't give you what you desire - it tells you how to desire' - Slavoj Zizek

7 Comments:

Anonymous Anonymný divagou así:

Intaresantes ideas.

Da gusto escoitar a alguén falar inglés peor do que o faría un mesmo.

Os baños, ese faiado da conciencia.

11/01/2006 10:02 PM  
Blogger moucho branco divagou así:

e tanto que se trasforma... non lembras en "Annie Hall" cando Alvy di aquelo de que Hollywood está tan limpo porque en lugar de tirar o lixo o convirten en programas de TV?.

un saúdo.

11/02/2006 3:30 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

tes boa razón, cantas veces... por certo: precísote como tradutora, para levar a gloria por un magnífico inglés british, e que ti pringues coma unha burra. (non, en serio: arale, te necesito!!!)

11/02/2006 6:31 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

O inglés de Zizek é cando menos entrañable, sobre todo na parte do docu onde poñéndose na situación de Tippi nos "Paxaros" di "agora estou pensando: quero follarme a Mitch".

Gran liña a de Alvy, e totalmente aplicable ao que temos eiquí...

A ver rula, tel mi tel mi e a vere que podo fasere.

11/03/2006 9:57 AM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Sí, lo malo de la vida civilizada es que no podemos atender todas las cuestiones que nos afectan. Las gentes que viven en el campo, por ejemplo, suelen aprovechar los deshechos, propios y ajenos (léase, del ganado). En fin, cuánto despilfarro...

11/03/2006 1:22 PM  
Blogger Marla Singer divagou así:

Aiiiiiiii! Arale, que fariamos sen ti!!!

Eli! que pasa vou ter que publicar en galego pra que me comentes?

11/05/2006 1:31 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

eli está mu ocupada e ten problemas para comentar con asiduidade. Aínda así, que saibas que leo TODO TODO TODO.
Ariño, ti xa podias ir renovando.

11/07/2006 7:30 PM  

Zverejnenie komentára

<< Home