De ósculos e homos varios
"A min dúas rapasas dándolle paréseme estupendo, pero dous homes...sácateme de ahí!!!"
Isto de traballar con camioneiros dá moito xogo para crear polémica entre auténticos Homos Pectuslupus, que representan unha ampla porcentaxe da nosa sociedade. Non esquezamos outros homos, como o Homo Faber, o Homo Economicus, o Homo Ludens, The Homens ou mesmo o delicioso Hommos (do árabe: garabanzo).
Como ía dicindo, estes Homos Pectuslupus, ignorantes do pasado activamente bisexual dos seus antecesores, censuran o erotismo entre os XYs pero non entre as XX. Vamos, que Safo sí, pero Adriano non. A ver quen lles conta que nos exércitos gregos se promovía a homosexualidade entre os guerreiros para fomentar a camaradería e a implicación na loita e que ata o auxe do cristianismo, os romanos tamén se apuntaban a iso de darse aos placeres eróticos con quen cadrara, sen importar o xénero. Aínda que cómpre sinalar que esas dádivas efébicas lles estaban prohibidas ás mulleres.
E é que nisto do hedonismo os antigos sabíanche moito. Se os romanos tiñan tres verbas habituais para catalogar os tipo de bicos, por algo sería. Eu de etimoloxía ando moi verde, pero non me cadraba o paso de "osculum" a bico... e resulta que non é o mesmo... Seica osculum era o que se daba na cara, o de saúdo, como os que se dan os rusos. Logo está o basium que é o que se dá nos beizos, o que eu traduciría por pico e finalmente está o suavium que é o bico erótico vencellado á relación sexual, noutras palabras, morreo. Non sei en qué categoría entraría a imaxe... Por certo, quen queira debates profundos sobre o uso que lle daban ás verbas Catulo e Plauto, aquí ten máis.
Así que logo desta dose habitual de verborrea araliana e antes de rematar, aproveito para propoñer unha ollada ao pasado, un "Antigo Mediterráneo-Revisited" coas correcións pertinentes e as engadiduras que se lle vaian ocorrendo ao personal, iso sí, censuras e puritanismos relixiosos totalmente prohibidos.
E non, non se acepta cilicio como xoguete sexual.
13 Comments:
En ocasións os camioneiros tamén aportan algunha cousa ó acervo cultural... que eu pilotei un camión durante 6 anos.
Non coñecía que gregos e romanos fomentaran as relacións homosexuais entre os seus exercitos, pero é lóxico. De tódolos xeitos aínda non era pecado naqueles tempos, aínda non tiñan cartos os cristiáns.
Por certo, se Bieto XVI non usase condón pasaría a chamarse Bieto XVIH.
A, e a foto do homo lupus é calcadiña a min.
Saúdos.
ei, pois o cílico da moito xogo, se xa nos poñemos a eliminar posibilidades.... ;D
saúdos.
Randeeira, eu son a primeira en defender as aportacións dos camioneiros, se os cito, é precisamente porque o paso pipa de leria con eles...nestes momentos, veñen a ser algo así como as miñas musas. Qué peniña me vai dar deixalos en outubro...
Moucho branco, hai mil "xoguetes" que poden cumplir a función do cilicio sen tanta carga opusiana. De tódolos xeitos, ti poderías estar exento da prohibición por non ter sufrido unha adoutrinación católica directa ;)
anda que....era tonto o xudas!!!mirao!!!!a pouco mais......
Non hai máis que recorrer a Lisístrata.
percherti, sábado próximo, se queres, vente slipin á miña casa, e imos ver ao Inferno, que cambiou de local, e hai moito moito moito que non nos deSHpeluxamos...
Oh! Por fin unha proposta indecente, o mismisimo Inferno!!
Sona satánicamente apetecible, xa te chamarei contra o xoves ou venres pa confirmar ;)
bueno, o obxecto era dicirche que puxeron unha pantalla para botar Songoku EXCLUSIVAMENTE, e ti alí coa túa cara de manga xaponés (sabes que non ten mala intención, a nosa amizade baséase en que eu che digo cousas-que-todo-o-mundo-pensa-pero-non-se-atreve-a-dicir, e que non é porque sexa unha persoa-malvada-que-se-dedica-a-buscar-rarezas-para-botalas-en-cara.
Pois nada, que tes que volver ao Inferno, para que deixes de escoitar a música recomendada por oute de autores eslovacos ou chechenos, e disfrutes co metal.
Por certo: este sábado é san cubata, copas a 2,50€!!! (Eu, como persoa con abstemia forzosa, pago a auga a 1,50€ de Solan de Cabras, que polo prezo xa podía ser Perrier, macho...)
Hmmm...non sei se sé de tanto ler El Mundo ou porque realmente hai motivos para a conspiranoia fronte a túa proposición...
Vexamos, factores q confluén:
Manga, San Cubata, Metal, unha chea de enfarlopad@s e Eli sobria...onde pensas levar a cámara, querida gonzo?
PD: Sigo apuntándome, pero "San Cubata" non é santo da miña devoción, e menos dende que sei da existencia de garrafón precintado...
http://www.guerraeterna.com/ recomendación de eli
http://eng.davno.ru/posters/
Máis
viva o garrafón de parque, voto no seu favor:
Liberdade para abrir un mesmo os precintos dereito constitucional!
Non son homofobo, pero prefiro duas mulleres "dandose". Pareceme mais estetico jejejeje. SaU2
Zverejnenie komentára
<< Home