9.04.2006

Xoias do Franquismo

De non ter lido cos meus propios ollos as magníficas declaracións de Pilarsita nun libro da Sección Femenina hai un par de anos, dubidaría de estar posteando fragmentos dun bulo... Pero o certo é que non teñen desperdicio os recortes que me chegaron hoxe nunha pagüerpoin gracias a Fani.

Extracto de "Economía doméstica para bachillerato y magisterio"


Por se non se da lido ben a imaxe, transcriboos o anaco máis suculento segundo o meu criterio:
"Recuerda que debes tener un aspecto inmejorable a la hora de ir a la cama...Si debes aplicarte crema facial o rulos para el cabello, espera hasta que él esté dormido, ya que eso podría resultar chocante para un hombre a última hora de la noche. En cuanto respecta a la posibilidad de relaciones íntimas con tu marido, es importante recordar tus obligaciones matrimoniales: si él siente la necesidad de dormir, que sea así no le presiones o estimules la intimidad. Si tu marido sugiere la unión, entonces accede humildemente, teniendo siempre en cuenta que su satisfacción es más importante que la de una mujer. Cuando alcance el momento culminante, un pequeño gemido por tu parte es suficiente para indicar cualquier goce que hayas podido experimentar.

Si tu marido te pidiera prácticas sexuales inusuales, sé obediente y no te quejes. Es probable que tu marido caiga entonces en un sueño profundo, así que acomódate la ropa, refréscate y aplícate crema facial para la noche y tus productos para el cabello. Puedes entonces ajustar el despertador para levantarte un poco antes que él por la mañana. Esto te permitirá tener lista una taza de té para cuando despierte".

En canto ao de manterse en boa forma para satisfacer ás retinas varoniles, os meus petos síntense aliviados tras descobrer que non cómpre malgastar os cartos nun ximnasio ou similar antro de perversión...o mellor ximnasio é a vida marujil!


Pola miña parte considérome un androide renovado e liberado, sen dúbida hoxe apareceuseme o verdadeiro sentido da vida (a frase iluminadora está máis abaixo), así que xa se poden ir ó carallo todos os existencialisistas, filosoífosos e demáis enfermos. Ai canto traballo!! Deixovos que vou correndo canda o párroco a ver se me perdoa o meu historial de agravios heréticos e me acolle como boa filla pródiga retornada ao único e verdadeiro Camino!! Aleluya!!

“La vida de toda mujer, a pesar de cuanto ella quiera simular –o disimular- no es más que un eterno deseo de encontrar a quien someterse. La dependencia voluntaria, la ofrenda de todos los minutos, de todos los deseos y las ilusiones, es el estado más hermoso, porque es la absorción de todos los malos gérmenes –vanidad, egoísmo, frivolidades- por el amor”. (”MEDINA”, revista oficial de la Sección Femenina, número del 13 de Agosto de 1944).

5 Comments:

Anonymous Anonymný divagou así:

A verdade é que logo de ler isto estou pensando en cambiar radicalmente o meu posicionamento ideolóxico. Isto como home que son (cando menos é o que di o DNI) semella que pode ser interesante. Cando vexa a miña dona voulle ensinar o texto, que coñecéndoa coma a coñezo, seguro que brincará chea de ledicia e quererá recuperar o espíritu perdido da Sección Feminina. Ala, agora xa vou correndo cara á igrexa... rezar para ca miña muller non lea o meu comentario.

9/05/2006 10:23 AM  
Blogger elduende divagou así:

¡Alabada sea la Virgen del Carnero! Tiña razón Fraga cando dixo que a historia poría no seu lugar debido ó rexime franquista. ¿Imaxinades como sería o mundo se as nosas nais e avoas non tivesen adquirido estes valiosos coñecementos?

Andarían feitas unhas jipis, abortando alegremente e tendo sexo profiláctico. Logo nós non estariamos aquí. E non habería películas de Pajares e Esteso. ¡El horror, ah, el horror!

9/05/2006 12:36 PM  
Blogger Elianinha divagou así:

coméntocho mañá, agora non podo.l

9/05/2006 9:19 PM  
Blogger Elianinha divagou así:

Falta un fragmento que me ensinara a profe de histora no bacharelato: Cuando bailes con un hombre la distancia que debe haber entre tu cuerpo y el suyo es el suficiente para que quepa la Virgen de la Inmaculada Concepción. Ollo: a preñada, que ocupa máis. Te felicito por recuperar eses textos que tanto axudaron a que me someta a prácticas sexuais inusuais.

9/06/2006 12:09 PM  
Blogger Marla Singer divagou así:

O triste é que aínda haxa peña que pensa así, hoxe no bus estiven a punto de reventarlle a cabeza a unha racista ignorante...

9/07/2006 12:32 PM  

Zverejnenie komentára

<< Home