8.31.2006

Bombardear éche tamén verbo impersoal

Non sei se é que teño o día borde de máis ou é que realmente a noticia é para tirarse dos pelos. Consulto o email e atópome con isto do servizo de información de yahoo:

31 de agosto de 2006, 19h14

Un bombardeo deja 46 muertos y 112 heridos en Bagdad

BAGDAD (Reuters) - Una descarga de misiles mató a 46 personas y dejó 112 heridos el jueves en el este de Bagdad, dijeron fuentes del Ministerio del Interior.

Los proyectiles cayeron sobre las casas mientras las familias se reunían por la noche. Las fuentes dijeron que la cifra de víctimas podría incrementarse.


Sei que levo unha tempada algo desvencellada do xornalismo, pero se a memoria non me traizoa no lid ou as 5W, ou como cona se lle chame agora, unha das informacións fundamentais é QUEN levou a cabo a acción que é noticia. E non é por nada, pero un bombardeiro non é algo que pase desapercibido... ou seica agora as bombas choven?

3 Comments:

Anonymous Anonymný divagou así:

O problema xa non é o titular é que nos estamos a volver insensibles con estes dramas e parece que nos da igual que morra un o cen persoas da que ignoramos o seu nome e a súa familia. A barbarie apoderase de nos e parte de culpa téñena os medios de comunicación. Como demo se pode abrir un telexornal con deportes ou co mundo rosa e de recheo falar do drama das pateras? Todos estos pijos de merda que enchen os xornais serios (?) e nos invanden con gilipolleces na tv deberían acabar nunha patera para que aprenderan que iso non é turismo e ca vida é algo máis. A estes apátridas son os que había que repatriar ó inferno, se existise.
Síntoo, xa sei que me saín do tema pero non puiden evitalo.

9/01/2006 5:57 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Tranquilo, compréndote perfectamente, tan só intento xestionar e dosificar as miñas emisións de bilis para que o meu público potencial non se asuste demasiado.
Ao respecto da nosa ignorancia dos dramas persoais dos inmigrantes ilegais ou de outras traxedias alén do "fortress europe", vénme sempre a cabeza a triste realidade das xerarquías e o "valor" dos mortos. Como dicía Galloway na entrevista que colgaches, por qué carallo sabemos toda a historia e detalles dos tres soldados israelís secuestrados e non sabemos o nome dunha sola familia libanesa afectada polos bombardeos ou a invasión?
Acaso valen máis uns mortos ca outros?

9/01/2006 11:19 PM  
Blogger Elianinha divagou así:

Pareces túñez XDDDD

9/07/2006 1:58 PM  

Zverejnenie komentára

<< Home