8.19.2006

Nuit Blanche

Non adoito ter problemas para durmir, por iso síntome especialmente desamparada cando mr.Morfeo fuxe do meu leito no medio da noite. Cando era cativa desexaba ás agochadas que chegaran longas noites de insomnio para poder ler todo o que tiña pendente, escoitar programas radiofónicos prohibidos ou mesmo imaxinar historias con arrepiantes seres mitolóxicos cos que, malia as súas sórdidas accións, remataba por levarme ben.
Agora, en plena crise, cando non son quen de prestarlle atención a un texto durante máis de 15 minutos, cando tan só hai dúbidas e pensamentos inconexos na miña testa que preferiría silenciar cos meus habituais soños estranos, agora van e escoitanse a miñas pregarias de pequecha ensoñada. Qué cousas.