Mi callo cayucado
Frases da noite:
Oh, mi callo!!
Mi callo y tu callo!! Tocayos!! Calláte!
Cayuco cayucado!!
Campanas de Bastavales tú y yo! (moncho dixit)
Sapo alotrópico de Paulo.
El amor abre mochilas.
La cicuta es un geranio.
Los toxos son fabas.
Evo Morales es verde. Evo Morales es Hulk.
Walter Benjamin vive en mi canalillo y usa sombra de ojos dorada o test de embarazo horteras.
Gontxarova pide socorro.
DESCLOWNTROL! (copirrait-festiclaun)
4 Comments:
Ah! Y las botas gore-flex de sapi.
NOTTURNO
Moncho- wedding ring, table football
Recorded at A velas vir Studio,
SC- August 2006
Quero matar
en sacrificio
mil cincocentas papaveráceas thomasdequincey
e ofrendarllas a Tezcatlipoca, deus da noite
levantar
para el
un altar eucarístico
no que oficiar misa
con migas de biscoito de patacas
sobre o mantel
do corazón
porque
só
na cama da noite
poido afoga-la lingua
en fochancas
de licor café
e facela derrapar despois
sintacticamente
para compoñer follas de diccionario xerais
coas que construír cayucos
e viaxar á deriva
coma un albatros de chapapote,
sen Lindberghs
aferrados
ó temón,
sen norte xeográfico
nin lúas que fagan sombras que o determinen
porque
só
na cama da noite
poido
atraca-lo meu cayuco
no peirao
de Bastavales
e convidar
a tódolos seres do mundo
a subir a bordo
conxugando berros de gramática trastornada
e durmir
entón
nos brazos dun Evo Morales verde Hulk
e recitarlle na orella a Walter Benjamín
“tú y yo”
así
a modiño
coa cadencia dun Moncho rapsoda,
sentindo calafríos de malarias sobrecollidas na rexión abisal do embigo
y es que el amor, princesa,
abre mochilas
y el alma,
amor mío, el alma
calza botas goreflex.
Bravo Bravo!!
Alédame ver que a libreta de Libanocións foi fio e agullas para o intelecto tecedor das Gontxarovas, Eminovas, Burliukovas...
Buff... En fins, é para dicirche que teño a unhas primas francesas na casa esta semana, co que xunto co de preparar o de buljaria, me ocupa o 90 por cento do tempo. De aí as miñas incontinencias horarias e a imposibilité para quedar. De comer esta semana nothing de nothing, q non podo, pero intentarei subir pola tarde o mércores, xa que ven tamén pauliña, e chamareite antes do sábado (aínda non sei nin a que hora marcho...).
Síntoo, en serio, pero teñoche unhas vacacións do máis ocupadas! Grrrrrrrr...
Ah, ademais teño un novo púpilo, un neopueril de 13 anos que se pasa hora e media das dúas horas que está cada día na casa observando as miñas glándulas mamarias. Incrible, xa me esquecera desas cousas... Ai, os 13 anos, é o que teñen. Ven todas as mañás, de 11 a 13 horas, e a verdade, é que xa non sei que camisetas poñer que me tapen máis. O cuello cisne en verán faise incómodo, pero todo sexa porque aprobe matemáticas, vamos!
Un beijinho, chámote.
Zverejnenie komentára
<< Home