7.17.2006

Pode ser que sí, pode ser que non...

Vaia! Dende o meu escepticismo son a primeira abraiada por ver o que finalmente semella un regreso araliano á blogosfera, blogomillo ou como cona se lle chame agora. Supoño que a miña reclusión forzada por mor destas infernais temperaturas e o meu estatus legal límbico contribúen a esta situación. Pois iso, non sei qué clase de posts sairán neste novo espazo virtual, pero toda desbarrada é benvida.
PD: Os dous posts anteriores a este son as únicas trazas que perviven da estrutura da antiga blog anónima, a outra foi dada de baixa...blogia me tiña un pouco farta.