7.31.2006

Carta de Martina

Martina Farhat foi a miña profesora de árabe en Austria e é unha muller das que che demostran a irrelevencia do "continente" a través do seu abraiante contido. Martina é miudiña pero é unha grande muller chea de dinamismo e unha boísima profesora.
Quixo a amarga actualidade que fora por mor dos deplorables acontecementos de onte en Qana que logo dun ano volvera a saber dela. Esta é unha apurada traducción do mail que nos enviou ós seus ex-alumnos:

ola a todos,....
espero non poñer a ninguén dos nervos con este mail, pero teño unha grande necesidade de mudar algo neste mundo, como mínimo a través das verbas, cando non con algo máis.
Supoño que todos vós oistedes falar da masacre de onte no pobo libanés de Qana. Os israelís volveron a conseguir, unha vez máis, matar cunha sola bomba a 60 persoas, das que 27 eran nenos, que se agocharan nun soto de protección.
Algo é seguro, estas familias non tiveron nin os cartos nin o medio de transporte para fuxir do pobo no que habitaban. E incluso se chegaran a conseguir fuxir, terían sido bombardeados no camiño polas forzas aéreas israelís, como centos de outros.
A excusa israelí: había milicianos de hizbollah agachados alí.
Mala sorte: os reporteiros internacionais conseguiron achegarse ao lugar da masacre malia o perigo, para fotografar os cadávares dos que tentaran protexerse. Un cadáver seguía a outro, un neno tras outro, non se vía nin un só miliciano!!!!!
E logo un se pregunta, se somentes nos toman a nós os libaneses por parvos ou ó mundo enteiro. Francamente, penso que ó mundo enteiro, por que nós coñecemos os seus plans a través dos 20 anos de ocupación e masacre.
Todo aquel que me coñece, pregúntame que seguro que desexo que a guerra remate o máis axiña posible no meu país.
Para ser honestos, somentes desexo unha cousa: que os israelíes esperten e entendan dunha vez que eles non son os únicos aos que lles inflinxiron inxustizas durante largo tempo, que sen ningunha dúbida nós non somos os responsables diso, e que non podemos permitir que volvan a producirse as súas masacres sobre a nosa poboación, só porque eles non poidan co seu pasado e pensen que teñen o deber de tomar vinganza cos máis febles cando non poden cos máis fortes.
Dito en breve: os uns serán chantaxeados pola vida e os outros asasinados, para que as masacres fiquen pagas, masacres das que nós non somos responsables.
Gracias no caso que conseguiras adicarme este breve anaco de tempo a min e á miña xente.
Martina