8.24.2006

La Jetée

A diario procesamos inconscientemente unha chea de nomes, referencias, sinais... ás veces tamén conscientemente pero sen tempo para fixarnos demasiado nelas. Post-it mental: "lembrarme deste ghicho". Y punto pelota. Paradoxicamente para este androide con memoria de peixe o sistema funciona bastante ben... e por iso tiven a oportunidade de ver onte La Jetée de Chris Marker, que xa lle tiña ganas. É unha curta feita a base de fotografías e voz en off pero con chicha abondo para inspirar anos despois a coñecida longametraxe Doce Monos de Gilliam. Marker é un cineasta prolífico cun enorme grao de compromiso social... La Jetée é tan só un chícharo dentro da súa obra. Por se vos animades aquí vos deixo o trailer...