Pecaminoso idilio entre dogmas de fe e a ciencia
Tras unha xornada tan amena como a de onte no meu bar de carretera debería amenizarvos con anécdotas varias, como que Don Manuel, nun acto sen precedentes na historia do bar, deixoume propina (sen pedirme sexo a cambio) e o meu camioneiro preferido agasalloume cun libro de pasatempos coas tetas de Malena Gracia e a Berrocal de portada.
Pero a actualidade manda e o feito onte producido nunha remota aldea de Lugo é digno de ser publicado. Non tiven a desgracia de presenciar o que a continuación relatarei, pero provén de fontes fidedignas e moito menos tendenciosas ca min.
Contexto: Primeiro cabodano dunha señora que non fixo outra cousa en vida que deixarse os lombos nas leiras, criar ós seus fillos e crer en deus fervorosamente (miña avoa).
O crego que oficiaba a misa no seu honor creceuse ante o inusitado público multitudinario e prolongou os seus sermóns máis do axeitado delantado o seu parentesco con Nostradamus. Velaquí unha transcripción aproximada das súas verbas:
Hermanos, istó si que é a apocalipse. En menos dunha semana, o amigo Nazinger alude á "irracionalidade" da teoría das especies de Darwin e un crego vennos con feitos "científicamente demostrados". Pero vamos a ver. Non hai milleiros de palabras máis axeitadas que "irracional" para que un abade, cuxa existencia xira en torno a dogmas de fe, critique un termo? Alguén me pode explicar qué ten de irracional a teoría da evolución en comparación co Xénese (ollo, nunca lle quitarei mérito á Biblia como libro de contos nin o seu potencial como fonte de guions para telenovelas) ou mesmo coa teoría da xeración espontánea? E dende cando a Igrexa ten que aludir a fundamentacións científicas para ter credibilidade?
Onde carallo estará Hans Küng e a cuadrilla do Concilio Vaticano II? Volvede por favor!!!

"Porque eiquí todos somos uns pecadores infames e o único xeito de que as vosas almas poidan vivir en paz é acudindo a misa con regularidade. Aquí é onde tedes que vir! Porque o día que non haxa misa chegará a fin do mundo. Si!! E non volo digo eu. Dino os que saben. Está demostrado científicamente que a fin dos nosos días chegará cando non haxa misa".
Hermanos, istó si que é a apocalipse. En menos dunha semana, o amigo Nazinger alude á "irracionalidade" da teoría das especies de Darwin e un crego vennos con feitos "científicamente demostrados". Pero vamos a ver. Non hai milleiros de palabras máis axeitadas que "irracional" para que un abade, cuxa existencia xira en torno a dogmas de fe, critique un termo? Alguén me pode explicar qué ten de irracional a teoría da evolución en comparación co Xénese (ollo, nunca lle quitarei mérito á Biblia como libro de contos nin o seu potencial como fonte de guions para telenovelas) ou mesmo coa teoría da xeración espontánea? E dende cando a Igrexa ten que aludir a fundamentacións científicas para ter credibilidade?
Onde carallo estará Hans Küng e a cuadrilla do Concilio Vaticano II? Volvede por favor!!!
5 Comments:
Mi má, esta xente cada día está pior... Pero faime gracia ver cómo empregan a ciencia cando lles convén, coma sempre. En fin, teño que confesar que eu non vou a misa porque sempre acabo rachando coa risa e non quero que as señoras/es respetables me queimen nunha fogueira...
Pero, mujer, claro que es irracional. Los científicos no saben que el monstruo volador de espaguetis (osea, Dios) interfiere en todas las pruebas y demostraciones que realizan. Más datos en www.venganza.org
"...a teoría da evolución en comparación co Xénese?"
Disculpesemese si no fui suficientemente diáfana. Nadie puede ni debe dudar que la teoría de la evolución es irrisoria frente a la honorífica Iglesia del Monstruo Volador de Espaguetis, único y verdadero creador del universo, temible y platipresente. Alabado sea el Pastafarismo!!
Pois eu non penso ir á misa hasta ca SGAE lles cobre dereitos polos cánticos e loubanzas varias.
randeeira, creo que xa hai 100 anos que morreron os autores das letras e compositores, así que están exentos. De todos os xeitos, se queres o móbil da tía da sgae en santiago, pídemo, que somos 'superamigas'. Non me acorda o nome (bueno, en realidade si, pero prefiro nin mentalo), porque o teño gardado como PUTA SGAE, para cando chama que non me confunda no tono que lle teño que falar.
Arale, estás perdida, amiga, quiera el dios espagueti salvarte.
Zverejnenie komentára
<< Home