9.09.2006

It's evolution, baby!!

Logo de 10 horas ininterrumpidas rodeada de camioneiros, exconvictos, alcóholicos, ludópatas, un millón de moscas e algúns borrachines que se cren con dereito de pernada só porque son mínimamente amable con eles e que xogan a poñerlle prezo ao meu corpo non estou para expresar o meu amor pola raza humana. Aínda que algúns sexan simpáticos e me fagan rir coas súas variopintas anécdotas vitais case sempre chega un momento (o 2º cubata ou a 3ª birra, a según) no que a súa atención se focaliza á altura do meu esternón e xa non hai quen lles quite de soltar parvadas sen inxenio ningún. Mágoa.

E como de humáns e evolución vai a cousa, velaquí un dous meus videoclips favoritos, obra de Todd McFarlane para un tema dos Pearl Jam, que fai un fermoso percorrido polas lindezas da especie...

5 Comments:

Anonymous Anonymný divagou así:

O tema é xenial e vendo o vídeo non fai falla saber inglés para entender a letra.
Por certo, na introdución do post parece que me estás a describir. Oe, calcadiño.

9/10/2006 10:18 AM  
Blogger Xosé Manuel Carreira divagou así:

Pois si que é evolución, porque eu lémbro de cando os Pearl Jam comezaran a ser famosillos entre a miña xeración grunge (xunto cos Nirvana, Soundgarden, Offspring, Alice in Chains, Smashing Pumpkins ou os Red Hot, qué tempos aqueles) estes tipos non eran moi dados a grabar videoclips. De feito no comezo negáranse a publicar os seus albums en CD.

9/10/2006 7:57 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

O vídeo é do 98, así que xa choveu un anaco... penso que esta colaboración co creador de Spawn é unha sublime excepción da súa vontade de non facer videos musicais e desentenderse todo o posible das obrigas impostas polas discográficas...

9/10/2006 8:51 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Ola Elric,
Non sei se El Duende che informou das filtracións que recibín de Barcelona para tí, por se acaso repitome (Joan Manuel Tresserres).
Mágoa que non queiras compartir a anécdota, próeme a curiosidade...

9/12/2006 9:53 PM  
Blogger ElSenhor divagou así:

Gran video de un gran grupo.
Mi grupo favorito junto con U2.

9/17/2006 4:15 PM  

Zverejnenie komentára

<< Home