10.02.2006

Ponga un camionero en su vida

-Nena, ponme un café
-Solo?
-Joder, algo de aghua lle terás que botar!

-Bos días, qué che poño?

-Ufff, ti? a min? non me preguntes iso muller! tí por poñer, posme a mil!
-A ver oh, qué queres?
-Non te fagas a parva, xa sabes ben o que quero, ti deixa que este [alusión ao acompañante] atenda a barra e marchamos ti máis eu pro Pico Sacro a buscar covas.

Brillantes e lúcidas mentes as que me acompañaron cada fin de semana durante estes dous meses e que hei botar moito de menos, agás a Don Manuel. Pero isto non é un punto e final, queda unha porta aberta e cando os meus horarios mo permitan irei cubrir as tardes-noites do sábado para seguir aprendendo dese microuniverso que se desenvolve no bar e das súas reglas.

Polo momento lévome unha chea de anécdotas e historias alleas aos lombos. Dende as tarifas das prostitutas na fronteira con Portugal hai 10 anos ata as filiacións cinematográficas e o bo criterio de quen se me pon a falar de Dostoievski ás 9 da mañá. Dende unha preocupante tendencia á constante demonización das féminas, consideradas por moitos un mal necesario, ata as súas proclamas colectivas en favor da orondez aderezadas cun impetuoso "¡muller flaca, cona de vaca!". E tantas máis...

O certo é que unha vez aceptado o meu rol comecei a pasalo ben neste traballo,así que isto é unha pequena homenaxe á paciencia dos que me obligaron a facer bocatas malia o meu pavor á máquina de cortar embutidos, aos que me tiveron que aprender o que é un martini mixto ou cómo se servía un ponche.
Pero como dixen antes, continuará...

7 Comments:

Blogger Lúa divagou así:

hahahahahahaha!!!!!que recordos, eu tamén traballei nunha cafeteria.restaurante onde paraban camioneiros, obreiros, e todolos eiros imaxinables, e dende a miña experiencia(que en hosteleria teño dabondo...) podo dicer que foi o sitio onde millor o pasei jejejejejejejeje! valos botar de menos!!!!
saudos

10/02/2006 7:05 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Os camioneiros son unha universidade vivinte, o que non saben hoxe xa o traeran aprendido mañá. Seguro cos botaras en falta.

10/02/2006 9:01 PM  
Blogger moucho branco divagou así:

se eu fora muller témome que sería peor que Telma e Louise, porque aínda non séndoo morro de noxo cos babas.... pero en fin, terán a súa gracia, non digo que non...

un saúdo.

10/02/2006 10:28 PM  
Blogger Lúa divagou así:

home que hai de todo!!!!!

10/03/2006 11:59 AM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Graciñas pola vosa comprensión deste microuniverso ;)

Moucho, precisamente por iso lles estou agradecida. A miña intolerancia aos babas adquiría dimensións enfermizas, e isto foi unha auténtica terapia de choque. Agora non me irrito cando oio sobradas...ríome e sigo ao meu, que vindo de min xa é moito...

10/03/2006 11:02 PM  
Blogger moucho branco divagou así:

niso tes razón, con todo hai que aprender a convivir nesta vida, ;D

un saúdo.

10/04/2006 10:36 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Elric: Alégrome de que che poda servir de algo, a ver se portan. Ah, e graciñas pola información extra, confeso que descoñecía totalmente as súas filiacións políticas ^^U

10/05/2006 9:36 PM  

Zverejnenie komentára

<< Home