Xoias da Investigación
Con tódolos meus respetos aos que estudan a cópula dos cocuyos e aos que deciden facer unha pormenorizada análise morfóloxica de todo Finnegans Wake, non podo deixar de abraiarme coas ocurrencias de algúns presuntos investigadores.
A xoia que inspira este post xurde a raíz dos informes que obtiven do meu espía infiltrado nunha desas frontes de batalla chamadas institutos (onde polo momento non lles deu por usar talio radiactivo, pero vendo o crecente deterioro da saúde mental dos docentes todo se verá).
Intúo que nunhas semanas os medios se farán eco das providenciais descobertas que se extraerán froito do esforzo das lúcidas mentes que elaboraron as exemplares enquisas ás que fago referencia.
Sen dúbida quentaron ben os miolos antes de dar cos parámetros cos que avaliar o os valores da mocidade galega...
Pensando nas preguntas que me filtraron, xa me imaxino algúns dos titulares:
"No future. A mocidade galega á mercé dos Sex Pistols" ou
"A violencia, pan de cada día nos institutos" ou
"Salvaxes, violentos e egoístas, así é como se ven os nosos adolescentes"... e tantas máis.
O meu espía que, dito sea de paso, entra na categoría de especímenes a "diseccionar" pola enquisa e é tamén meu irmán, tivo que contestar preguntas como:

"P: ¿Cuánto tiempo pasas a la semana contigo mismo?A pregunta final, cun amplo abano de respostas posibles era:
R: a) menos de una hora; b) dos horas; c) tres horas; d) más de cuatro horas"
Contarán as idas de pinza e as viaxes astrais como desconexións dun mesmo?
"P:¿Piensas en el futuro? Responde Sí o No" Nu sé...
"P: ¿A qué juegas? ¿Con quién?" E a tí que carallo che importa?
"P: ¿Hay actos violentos en tu instituto?" Poderanse contabilizar os lapotes do mestre, os tiróns de patilla e o xiz como armas tácticas?
"P: ¿Cómo defines a la juventud actual?"Entre os calificativos a escoller estaban "Sensatos, salvajes, reflexivos, violentos, educados..." e un longo etc. Eu quédome coa resposta do meu prezado espía:
"R: Creo que algo más inteligentes que el que hizo esta encuesta"
7 Comments:
Daba algo porque me fixeran a min unha enquisa desta calaña.
A xuventude "yo la veo muy mal".
Anda que...
Así nos luce o pelo.
A min estas cousas lémbranme a unha cousa que conta Bertrand Russell: que Confucio queixábase da xuventude do seu tempo, porque eran maleducados, non respectaban as tradicións nin aos seus anciáns e levaban unhas pintas moi raras...
Intuyo que lo del tiempo pasado con uno mismo tiene algo que ver con ciertas aficiones solitarias de los adolescentes... y de los adultos. Celebro saber que no vivimos en un Estado totalitario donde hasta los más íntimos pensamientos son objeto de investigación.
Concordo con Mrs Doyle, asi nos vai...
Unha aperta.
:)
Un perfecto exemplo de como facer unha enquisa sabendo xa os resultados de antemán: Fagámoslles preguntas raras para demostrar que son uns depravados violentos.
eu penso que a xuventude é maleducada, violenta e perezosa, particularmente o que suscribe... pero a enquisa me flipa, eh?, ;D
Zverejnenie komentára
<< Home