11.13.2006

Divas do Vodevil

Cando por algún estraño motivo entro en contacto con novas sobor dos especímenes da actual farándula, non me queda outra que torcer o xesto e seguir ao meu. Pero hoxe non quero.
O cabaret, o vodevil e a burlesque, adoito fican na memoria como xéneros deshonrosos ou "vulgares", pero non se debería de esquecer que houbo figuras, ás veces non abondo coñecidas, cuxas agudas sátiras ou parodias da sociedade comezaron pequenas revolucións ou cando menos zarapallaron ás mentes benpensantes de comezos de século, básicamente por aludir ao que todos pensaban e ninguén ousaba dicir.
Refírome señoronas como Sophie Tucker, emigrada da Rusia zarista cara os Estados Xuntiños, que aprendeu as artes do espectáculo da man de grandes músicos afroamericanos e moitas hostias. Todo iso, únido a un forte carácter lle permitiu interpretar cancións como "Nobody Loves a Fat Girl, But Oh How a Fat Girl Can Love" na puritana gringolandia sen ser queimada ata que chegou un noviño Shelton Brooks co "Some of these days" que inmortalizaría á derradeira das Red Hot Mamas e que lle tocaría a fibra sensible a mr. Roquentin, personaxe que algúns consideran froito dunha mala viaxe sartriana coa mescalina.

Pero se cadra a que máis enfeitizada me ten dende hai un tempo é a "Emperatriz do Blues" (tamén coñecida como Raíña da Xenebra), a temible Bessie Smith. Honestamente, ao escoitar algunhas das súas cancións xa non sei se compadecela a ela, aos cabroncetes dos que canta, ou se pasar directamente a tomar apuntes. Déixovos a súa aparición estelar (cun vaso nas mans como non) no filme de 1929, St.Louis Blues, malia que o acompañamento musical non é moi propio dela, cuxa voz abonda para facerlle cóxegas a indiferencia de calquera.


Xa postos a falar de "vodevil", mal que sexa da deleznable farándula que toca aturar acotío, é imprescindible mentar a: ta-ta-ta-táan!
Sí! A V (neste caso, a música é de Bauhaus) ou cando menos invitarvos botarlle un ollo ao comezo do segundo libro:

8 Comments:

Anonymous Anonymný divagou así:

persoalmente a contribución que mais aprezo da escola do vodevil foron uns chegados ao cine que se chamaban os irmáns Marx, :D

11/15/2006 10:34 AM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Sí, "V de Vendetta" tiene muchos guiños musicales. Recuerdo frases de "Dancing in the street", "Sympathy for the Devil", "Waiting for the man"... Parece que es una costumbre del señor Moore: en "La cosa del pantano" y "Watchmen" también hay detalles parecidos. Dios lo bendiga.

11/15/2006 11:35 AM  
Blogger elduende divagou así:

Os que son demasiado agresivos coas contradiccións da sociedade sempre reciben o calificativo de “deshonrosos” ou “vulgares”.
O humor (negro, claro, non hai outro) está condenado a ser un xénero menor das artes, é dicir, con poucas subvencións.

11/15/2006 5:51 PM  
Blogger Mrs.Doyle divagou así:

Coincido co Moucho.

11/15/2006 8:32 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

A contribución dos Marx é impagable, penso que merece un blog enteiro de seu, se alguén se anima...

Que el M.V.S lo bendiga :P

Totalmente dacordo, sr.Osborn, pero se cadra non é tanta condena a escaseza de subvencións. Se cadra é esa semi-marxinalidade o que o fai máis imperecedeiro e non como Cineuropa que se enche os petos cunha macrosubvención a costa doutros festivais galegos e vaia por dior coa calidade deste ano...

11/15/2006 8:57 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Eu tamén coincido co Moucho.

Unha aperta.
;)

11/16/2006 12:06 AM  
Blogger queenmob divagou así:

hehhhhhh i still cant read your posts but at least i can look at all the pretty pictures. yaeh!

11/16/2006 4:03 AM  
Anonymous Anonymný divagou así:

¿Que tería pasado se Groucho Marx escribira "O Capital" e Carlos Marx se convertira en actor cómico?

11/16/2006 9:34 AM  

Zverejnenie komentára

<< Home