11.21.2006

Grbavica

Que facer cando odio e noxo se misturan inevitablemente con tenrura e amor? Cando o obxecto do teu afecto é ao tempo o do teu desprezo? Cómo sobrevivir cun pasado tan difícil de aturar?
Jasmila Zbanic aborda estas preguntas abondo elegantemente na súa primeira longametraxe, Grbavica, premiada na Berlinale e proxectada estes días en Cineuropa.

Logo de vela costa crer que aínda haia tanto gilipollas solto que se divirta planeando novas guerras, como se non houbera cousas mellores que facer...

6 Comments:

Blogger Mrs.Doyle divagou así:

A ver se consigo vela porque xa oín de varias bocas que é unha película que de veras merece a pena e lamentablemente eso non abunda nestes tempos...

11/21/2006 11:56 AM  
Anonymous Anonymný divagou así:

As miñas últimas experiencias con novos directores de vangardas seixaronme resentido, pero pódese intentar, :)

un saúdo.

11/21/2006 5:45 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Home, non é a peli do século, pero como xa ía desganada logo de nefastas experiencias como L'enfer ou Requiem e aborda un tema moi complexo cunha actitude conciliadora e respectuosa penso que paga a pena vela...

11/21/2006 10:59 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Veño de ir ver Grbavica con Elric e concordo en todo contigo. Gran película (eu tamén sufrín l'enfer)

11/22/2006 12:27 AM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Vale, o que ía poñer xa o puxeron. Dinlle un 8 para o premio do público (faime ilusión iso de votar).

11/23/2006 12:59 AM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

msp, acompáñote no sentimento pola moi eludible experiencia de L'enfer, ti tamén caiches por iso de que estaba escrita por Kieslowski?

elric, eu tamén adoito votar, pero o certo é que son bastante escéptica con iso dos premios do público...

11/23/2006 2:46 PM  

Zverejnenie komentára

<< Home