Saúde de Coltán

"Un exército de diabólicos ananos invisibles criados en barrica de roble durante unha era glacial bouraranlle no corpo todiño deixándolle un arume frutal limpo e potente. Ataque suave, sen secuelas, amplo e estruturado, rico en matices de dor, con amplo postgusto na recuperación"Todo un luxo. Por iso, dende aquí reclamo que Frenadol me nomee socia honorífica e me provea dunha media de 20 caixas anuais de balde, aínda que sospeito que non me contratan como a súa chica Frenadol porque son a viva mostra de que os diabólicos polviños amarelos (que as veces semellan kriptonita caducada) tan só serven para malcolocarse e anular toda posibilidade de ter
[máis definicións destas, aquí, mismamente]

Coido que a canción de David el Gnomo vai ter unha nova versión ademáis da de Piperrak. Comezará así: Soy un mooocooooo....
¿alguén pode seguila por min?
9 Comments:
y en tu tocha vivo yo, con el frenadoool...
Pode valer?
ups, eu non ma sei, pido papas, ;D
pásate al stopcold. medio melón en la cabeza,las naranjas el frutero de la esquina...una diuresis argentina.
Boas friaxes que pillei eu tamén nas miñas viaxes xermánicas recentes... Un constipado de aúpa. O único que aliviaba algo os síntomas era tomar grandes cantidades de viño quente... O que non estaba mal, ata que se sentían os efectos secundarios á mañá seguinte... Entón entraba a nova adicción: o café.
Non hai mal que cen anos dure...
Era unha pregunta retórica, pero grazas por tentalo Eli e Moucho ;)
Franético, benvido, coido que desta volta xa semi-curei (coma o queixo) pero terei en conta as túas recomendacións para a vindeira catarreira (de seguro que a haberá).
Herzlich willkommen, FraVernero, espero que a friaxe non lle impedira gozar do arume a cravo e canela da perigosa brevaxe xermana. A miña admiración cara o seu estómago, aturar café logo dunha noite a viño quente non é un luxo que calquera se poda permitir...
... moco, clines e máis eu somos tres persoas distintas pero xuntas nun so corpo.
... a mellorarse, o cava sempre axuda.
O cupo de saídad semanais é de cero, pero admitirei repetir o do venres calquera de estes días se me prometes limitar a túa inxesta de LK (quixera evitar comentarios facinerosos ñiñiñiiiii) :P E logo queixaste da firaxe, moita menciña natural pareceme a min!! Muaka!!
Tamos no tempo de agriparnos con tanta friaxe imos caendo tod@s.
Unha aperta e moita saude.
:)
Tía, atraes máis ós virus ca min. Un bicaso e mellórate moi pronto!
Zverejnenie komentára
<< Home