Nadal cos Python
Vista a concentración de xente nos comercios e nas rúas malia a friaxe que vai, o notable incremento da contaminación lumínica e acústica coa proliferación de panxoliñas e demáis síntomas do Nadal, farei a miña contribución á festividade a pesares de pertencer á categoría de "pringados sen vacacións". Aos clásicos me remito:
Desculpade a mala calidade do video, o que paga a pena é a canción, dende Rudolf pedindo o finiquito farto dos malos tratos ata as protestas da muller de Santa acusándoo de pedófilo sen esquecer ao colectivo elfo que pide melloras na fábrica para deixar de estar cos "bollocks freezin' off". Espírito navideño por un tubo.
Velaquí unha boa lección das glorias do catolicismo, unha xoia da didáctica.
Xa sei que non é unha panxoliña pero véxome na obriga de lembrarvos o mellorciño da catequese nestes días de despiporre e bacanal para que as vosas almas non ardan no inferno.
Aquí Susiño uns anos despois do do pesebre...
PD: Boas Festas a todos :P
Ho Ho Fucking Ho

Every Sperm is Sacred
Velaquí unha boa lección das glorias do catolicismo, unha xoia da didáctica.
Xa sei que non é unha panxoliña pero véxome na obriga de lembrarvos o mellorciño da catequese nestes días de despiporre e bacanal para que as vosas almas non ardan no inferno.
Always look on the bright side of life
Aquí Susiño uns anos despois do do pesebre...
PD: Boas Festas a todos :P
8 Comments:
E facendo extrapolación Nadal-Cristiandade, hai que lembrar aquelo de:
¡Ninguen agarda á Inquisición Española! Porque a sorpresa é a nosa arma segreda, ...
http://www.youtube.com/watch?v=z...h? v=zO68fUMWx3g
... e tamén a tortura.
Boas festas, mellor quedarnos co estribillo da cancioncilla: Always look on the bright side of life. Sempre non quedarán os Python
http://www.youtube.com/watch?v=Np2QHm_9kX0
"nos", quería dicir
boas festas tamén.
Hai que facer o posible por fuxir das melodías do nadal, esas dos altofalantes. antes ó lado da miña casa poñían un deses os da asociación de comerciantes do barrio, era horrible, ata as 12 da noite tódolos días. As luces e a xente tampouco me agradan, os agasallos por estes tempos menos; gústanme as ceas e as bebedoiras, o frío axuda.
Coas melodías dos pythom trouxéchesnos unha arma de resistencia estratéxica. Que comece o asubío.

precisamente o ano pasado regaleime a min mesmo entre outras cousas a edición especial de 2 DVD de "El sentido de la vida", moito mellor que os arquetípicos regalos de nadal...
un saúdo, que pases un bó nadal... ou que saias o mais airosa posible, vaia.
Isto do Nadal é moito, pilles por onde pilles está en todos os blogs.
Boas Festas.
O sentido da vida é, para o meu gosto, polo bruta que é, a mellor película dos Monty Python. E a mellor serie pode que fose Fawlty Towers.
Zverejnenie komentára
<< Home