Pupa nos petos
Disque Barcelona és bona quan la bossa sona. Logo de botar aló perto dun ano podo dicir que, malia non ser amiga dos topicazos, o dito é ben certo. Sen cartos nos petos, estás ben fotut, nen.
De aí que estea a tremelicar coma un vimbio...
Acabo de mercar un billete para marchar de visita-relampo este sábado [PorSierto: Vueling sodes uns avarentos do carallo, mira que subir as taxas en 20 euros en tan só un par de horas...]. Pero cometín o pequeno erro de non consultar o estado das miñas tristes finanzas antes consumar a transacción porque, ilusa de min, críame nadando na abundacia logo de tres meses de choio como becaria amáis das miñas esporádicas incursións no mundo do azafateo e a seca de miolos. O capítulo da consulta bancaria tívoseme que ocorrer despois, claro.
Como Dr.Slump é unha serie apta para cativos, e Toriyama pódeme desactivar con só desexalo, evitarei reproducir eiquí o rosario de lindezas que saíron polo meu robótico peteiro. Só dicir que os Reises Maghos ben podían ofertar bolsas ou axudas para a financiación dos agasallos aos androides en paro, porque servidora, como quen non quere a cousa, deixouse a metade do soldo [obviamente por debaixo do salario mínimo intiprofisioná] en menos dunha semana.
Así que xa me vexo paseando pola cidade dos "camacus", como diría outro 30% da miña memoria xenética, ábaco en man e coa mirada fita no chan para non sucumbir a demasiadas tentacións. Indo ás exposicións de gratis, tomando as birras a 1,20€ en La Violeta, lendo cómics na miña ex-segunda casa, e se da o tempo, cousa que dubido, pegándome algunha enchenta de Filmoteca, que ademáis ten este mes unha retrospectiva de Peter Whitehead, de quen aínda non vin nada. Hmmm... se cadra tamén secuestrando a Ráfaga [paréceselle, pero Ráfaga vai moito máis vella]. cando a Srta.Goncharova [paréceselle, pero a Gontxarova contemporánea tense que apañar sen Larionov polo momento] non precise dela, para visitar a maxia matinal dos Encants e toda esa chea de libros e discos vellos que terei que mirar e non poderei m... e estou pensando que tal vez o dos Encants non sexa boa idea. Xa abonda, que empezo a parecerme sospeitosamente a algo así como unha versión posmoderna do conto da leiteira. Ai virhensita que non lles dea aos de Vueling por inspirarse en Air Madrid...Lagharto, Lagharto!!

Menovky: laios, norimakiadas
13 Comments:
Bueno, eu é que nin cheguei a pisar nunca a cidade condal. E mira que andiven perto, pero entroume o medo a volverme antiespañol e ao que diría Fedeguico que é o meu muso, ;)
un saúdo.
Pásao ben, ruliña. Un bico!
Barcelona!! Unha das máis marabillosas cidades do mundo. O raval, o barrio gótico... Pásao ben
Se vai con tal problema de cartos, confío en que non se lle ocorrerá visitar as librerías e tendas frikis de Arc de Triompf... Esas estanterías as carga o diaño, a miña carteira sábeo ben...
Pense, en todo caso, que perder a tarde no Parc Güell aínda é gratis.
moucho, pois ben debería, unha misa non sei se a valerá, pero a visita de seguro que lle paga a pena, aínda que só sexa para visitar en honor a Fedeguico a librería fascistoide que está baixo asedio anti-feixista.
eli, se non nos vemos antes, obrigadinha, xa che traeirei daquel fatídico licor de crema catalana :P
zerovacas, farase o que se poida ^^U Certamente é unha cidade fermosa e adictiva, ademáis de enorme...coido que nunca rematerei de coñecela.
duende, tento mentalizarme para non sucumbir pero nin eu o creo (o meu historial de reincidencias é demasiado alto), como vostede ben indica esas tendas teñen algo co diaño...que Toriyama me protexa!
Ai que te nos vas!
E con peto lixeiro... bueno. E coñezo moi ben BCN, sobre todo certa parte da zona histórica. Paraba moito a comer nun sitio baratiño baratiño, do que se me lembrara diciache o nome, aínda que vexo que ti tes os teus recursos tamén. Era un sitio ond epor algures sempre che colaban croquetas, lasaña, puré de verduras, verenxenas recheas con carne picada de algo, esas cousiñas inocentes e que tan ben acaen no estudante universitario con ganas de sair de marcha pola noite.
Bueno, ti xa sabes, agardamos crónica, así que mellor che será que aprobeites o tempo.
PS: E non tes perdón de dios se non visita-la filmo.
Boa viaxe, pero coidado co peto, que estamos en malas fechas...
Un saudo Arale, e coidado co doutor slump
¡¡Sen cartos no peto, por facer regalos por decreto!!.
As sensacions mas fermosas non se mercan con cartos. Non vou ser tan demagogo como para non comprender que os cartos axudan, pero non son fundamentais.
Pasear polo porto, por un parque etc.,. poden axudar a que os miolos cumplan aquela máxima de " A imaxinación o poder".
Que disfrutes, e que os donos de Vueling os parta un raio, eso sí cando as naves estén en terra e valeiras.
Unha aperta
a ver que cona lle pasa ó blogger que non me deixa comentar...
pásao moi ben moi ben!
puto diñeiro.....
sorte!!!
coma dixo Amancio Ortega:
"O importante e ter salú".
Disfruta.
Vaites...
eu teño familia pola Cidade Condal, polo que cando queira facer unhas vacacións ben baratas, só teño que aforrar para o billete e chucherías varias... Só lembro ter estado de pequeno en Barcelona, visitando Montjuic e as atraccións...
Canto á falta de cartos, tenta aproveitala, muller(robota) para facer unha cura anticonsumista e unha áscese; despois de todo, a sociedade de consumo é o mal absoluto, ou alomenos un mal relativo e inevitábel incluso na lectura máis positiva que se lle poida facer...
Unha aperta, e pásao ben por Barcelona!
Cambote, pois mágoa de no ter sabido o nome dese sitio, porque desta volta falláronme dous dos meus antros-comodín. O tempo rendiume máis ben pouco iso sí, a crónica non faltará, mais preciso durmir antes :P
Seoman, o dr.Slump está baixo control non se preocupe. Gracias polos bos desexos, ao final os meus petos apañáronse ben e sobreviven...
Brais, canta razón levas! Afortunadamente podo dicir que a viaxe xa iba planeada cun 80% de actividade social/cultural así que a ruina veu únicamente motivada pola miña incursión nalgunha libreria e algún que outro antro de perdición ;)
mística e lúa, graciñas!
doc holliday, que home tan sabio este Amancio, nunca deixará de abraiarme...
fra vernero, eu tamén teño parentes lonxanos aló, aínda que preferín aproveitarme dos amigos para a cuestión de aloxamento. Pola cuestión dos cartos queixábame porque por moi anticonsumista que sexa un, o custe da vida na cidade condal non deixou de subir nos últimos anos, e eu non podo deixar de indignarme cando me piden 4 euros por unha cervexa ou teño uns amigos aos que lle suben o alquiler a 450€ por cabeza.
Malia e todo desfrutei canto quixen da viaxe, e para variar, o mellor foi sempre inmaterial :)
Zverejnenie komentára
<< Home