Divertimento Inverliterario
Que conseguirá @ maior acertante do Divertimento Inverliterario amáis de indubidables doses de prestixio e fama interestelar? Pois, seguindo a tradición, outorgaráselle un vale canxeable por unha copa no Curruncho ou un bocata no Orella (Compostela City).
B.- Os vales canxeables teñen unha validez de 5 anos logo dos que non se poderá reclamar o pago da copa ou bocadillo. Nota: O cobro do premio a partir dos primeiros 3 meses da publicación de resultados estará suxeito á liquidez da organización. Éche o que ten a precariedade laboral.
Fagan as súas apostas...
1.-“Ás veces, soterrar a cabeza na area fai que deixes o teu cú na liña de fogo”
2.-"O pensamento pode ter elevación sen ter elegancia, e, na proporción en que non tiver elegancia, perderá a acción sobre os outros. A forza sen a destreza é uma simple masa"
3.-“Unha xeometría non pode ser máis verdadeira que outra; somentes pode ser máis cómoda”
4.-"Quixera ser pirata/non polo ouro nin a prata/senon por ese tesouro/que tes entre as patas"
5.-"Ámote, mais, ¿porque amas á ley? Está claro que non é máis que unha puta que os virtuosos non precisan galantear e que os villanos copulan"
6.-"Outra vez namorado entrarei no xogo/abrasando o arco das miñas cellas./¿E que?/Tamén na casa queimada/se gorecen os vagabundos//¿Búrlase?/'Ten menos esmeraldas de loucuras que céntimos un mendicante'/¡Lémbrese!/Desapareceu Pompeia cando irritaron ao Vesubio"
7.- "Guillotina: Máquina que fai que un francés se encolla de ombreiros con bó motivo//Híbrido: Diferencia conciliada"
8.- "Se pois gardar debemos castidade/Para que nos deu Deus porras leiteiras/Senon para foder con liberdade?"
9.-"Para funcionar, a ideoloxía dominante ten que incorporar unha serie de rasgos nos que a maioría explotada poida recoñecer os seus auténticos anceios"
10.- "Nunca se minte tanto como antes das eleccións, durante a guerra e despois da cacería"
17 Comments:
ups, cóllesme moi canso e durmido como para pensar... bueno, como sempre, xa, pero hoxe mais se cabe, :P
mañan analizo as miñas posibilidades no xogo, :)
mmmmmm, esto tenme pinta de arale-divertimento-trampa. E conste que me sei unha! (gracias ós meus coñecementos das series de animación estranxeiras, he!)
Porque hai mutacións diabólicas.
Eu tamén me sei algunha, pero intentarei conseguir info de algunha máis. (cochinilla...) ;P
2 - Pessoa
3 - Poincare
7 - Ambrose Bierce
8 - Quevedo
9 - Marx
10- Bismarck
De la 8 y la 9 no estoy yo muy seguro.
La mas antigua de estas es la de Quevedo. Y si esta mal Quevedo, la mas antigua seria la de Bismarck ...
¡Vaya! Es la primera vez que me emulan... No tengo palabras ;)
Y en cuanto a las frases, así, sin googlear, sólo me suena la número 5, que diría yo que es de Alan Moore, del monólogo de V ante la estatua de la Justicia. ¿Habre errado?
non renuncio o grande premio, pero visto que se pon dificil vouno intentar co accesit: a cita máis antiga... que eu penso que é:
Elano Sadino por...
Se pois guardar devemos castidade,
Para que nos deu Deus porras leiteiras,
Senão para foder com liberdade
dado que naceu no 1765 e merreu no 1805. Polo resto penso que sei oito das citas, pero as que me faltan semellan infranqueables.
Foder. Aínda que me custa moito recoñecer a miña incultura en público teño que declarar que non teño nin puñetera idea pero agardo co pequeno detalla da miña ignorancia non sexa suficiente como para rexeitar a miña participación (a sabéndoas de que penso copiar ou agardar a que mo chiven).
non o sei, e non quero usar google. Así que noraboa a quen gañe
Vaia! Parece que os efectos secundarios da miña medicación para a epilepsia (a perda de memoria o máis destacable) serven para xustificar a miña perfecta ignorancia da autoría de todas e cada unha das citas que nos propós, Arale.
Tampouco é que fose eu de citas. Máis ben era de aliñacións de equipos de fútbol pero iso de cando ía con pantalóns curtos.
Parabéns para o que gañe.
Se queres, a próxima que sexa de anacos da Lei de procedemento administrativo, que daí dúas ou tres aínda acerto.
eeeeyyyyyyyy
how yre you crazy spanish girl!
are you ever coming back to Austria???
I should be writing my diploma instead im writing YOU ;-)
thehehe
Eu agora tampouco podo pensar nesto, pero espero poder facelo pronto...
O Nadador quere contactar coa autora (teñen xénero os androides). O correo do Nadador é kaspioto2@hotmail.com e gostaría dunha resposta antes de que un autobús o atropelle ou a enfermidade (moral) que o consume acabe con el.
Por outra banda O Nadador participa no concurso:
1-Clint Eastwood en Harry o Suxo
2-Fernando Pessoa
3-Poincaré (son de letras)
4.-Creo que é unha frase popular de autor anónimo. Se non é así próbeo.
7-Dicionario do demo de Ambrose Bierce.
8.-Elmano Sandino.
9.-Zizek
10.-Bismarck
Resérvome datar o máis antigo e as outras dúas respostas para despois (se non ten inconvinte).
Elegantes saúdos.
Tento komentár bol odstránený autorom.
1. Harry o Porco
2. Pessoa
3. Poincaré
4. Anónimo
7. Bierce.
8. Bocage
10. Otto von Bismarck
A ver:
Pessoa; Libro do desasosego.
Poincaré. 1902
Bierce: diccionario del diablo, 1906.
Elmano Sadino. 1765-1805
Slavoj Zizek, “Multiculturalismo, o la lógica cultural del capitalismo multinacional”, en Eduardo Grüner: Estudios Culturales. Reflexiones sobre el Multiculturalismo, Buenos Aires, Paidós, 1997, pp. 139-140
Arale norimaki. 2007
V de Vingança
Calico electronico. 2005
e xuro que non mirei as respostas dos outros.
AH!!! É certo, nunca mo poderei perdoar!!! A 4ª é de Cálico Electrónico. TITO CÁLICOOOOOO! Entono o mea culpa.
Hoxe será o gran día, eh? Por certo, mañá recóllote a ti e a Paco Onasis ás 21h. en Santiago, ok? Xa te chamarei para confirmar, como xa teño móbil propio (vamos, dupliquei a tarxeta, porque o meu caeu nun buraco negro e agora está no lado escuro).
Tento komentár bol odstránený autorom.
Zverejnenie komentára
<< Home