1.15.2008

Crónica gruyere

Nun momento de extrema axilidade mental, a Raíña endilgoume a difícil misión de facer a crónica da blogorxíastica microquedada do venres pasado (digo micro porque a deste venres debeu de ser ultramacro). Así que procederei con toda a boa vontade que un sistema operativo artificial coma min pode ter, pero advirto que os excesos licorcafeínicos provocaron profundisimas lagoas no meu rexistro así que agradecerei os engadidos de calquera dos asistentes.
Por mor dos danos do jet-lag, Arale chegou tarde ao Tarasca, o que en certo modo resultou marabilloso porque o groso de asistentes xa se atopaba por alí: a Sua Maxestade, Zerovacas, Mario, Nadador, Lourixe, Sr. Osborn, o Gato Violeta, Mr. Moucho, Arredista, a Arqueira, o Modernirmo, Noúmenos; Astroboy, un dos autores da bicéfala Tecnolexibia; e a reputada comentarista La Mona. (Se esquecín a alguen, 500 azoutes no meu pandeiro) E comezaron a fluir verbas, birras e LK, desenvolvin unha profunda fixacion pola garabata de Mr. Harvey, houbo idas e vidas pra repoñer forzas con bocatas jipis, manises, conversas, mais LK e desplazamento ao Malas Pecoras. Aquilo era un hammam, e para cando o bafo nos lentes marchou eu xa tiña os miolos asulagados en etileno. É o que teñen catro meses de abstinencia likorkafeinica. Ao pouco saiu a caixiña maxica do meu peto e presenciei o comezo dunha invasión cromática polas faces e brazos do blogomillo. Quedaronme gravados a lume os ollos emo de Zerovacas e os sinistros beizos de Moderno (tedes que repetir, que estabades tod@s ghuapirm@s). A partir de ahi so atino a lembrar risos, anacos de conversas, chimpos no Avante, mais Lk, paseo ate o Ruta e o máxico momento no que se me impuxo a Sacra Misión. Que emosion!!
Unhas cantas horas despois acordaba con voz de Colombo e cunha fatidica resaca-catarreira da que aínda me estou a recuperar, tras conseguir pasar aduanas sen que me catalogaran como "biological hazard". Ainda non me explico como o conseguin...

PS: Agora tocavos a vos encher os buracos do queixo nos comentarios e axudar á miña desmemoriada CPU

Menovky: ,

5 Comments:

Blogger besbe divagou así:

Síntoche moito non poder ter estado porque polo que se ve foi ben memorable o asunto,bicos moza e a ver se para outra!

1/21/2008 9:33 PM  
Blogger tangaranho divagou así:

Sodes todos uns dispersos, disipados e desparramados....

1/23/2008 1:44 PM  
Blogger moucho branco divagou así:

Desmemoriados?, isto..... pero estás segura de que eu estiven alí?, :P
Vexo que tamén te das habilidades coma cronista.... E volvete definitivamente de iankilandia que alí te botan a perder con nu-metalñ e cousas se cadra mais horripilantes!, :D

un saúdo, estimado androide.

1/27/2008 5:56 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Zadajte svoj komentár???

Mi má!

Bueno eu só teño que dicir que namorei dos robots e a nanotecnoloxía ... así que se algún día queres podo colocarme sobre o teu ombreiro flotando como un bichiño e dicir aquilo de upipupipu!

1/27/2008 11:47 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Besbe, non te preocupes, xa habera ocasion de cuatripitir, se por ir de troula sera! Bicos!

Tangaranho, abofe que si, abofe...

Mr.Moucho, psee...eu xa non che saberia dicir...pero creo que cando menos a tua chupa estaba ;) Pouca cronista podo ser con semellante gruyere nos miolos. E polos iankis non te preocupes, trouxen un lote de materiais proselitistas de metal europeo, a ver quen intoxica a quen. Por certo, sinto moito o de Ancient Rites, menudo cristo se armou...

Moderno, algun problema co eslovaco? Co simpaticos que son!
Muito obrigada, Mr.Harvey, tomarei nota da tua oferta como Gatchan II, xa que o I ven de metamorfosearse. De momento sigo lareteando en modus solista os N'cha! por eiqui...

Apertas!

2/03/2008 1:27 AM  

Zverejnenie komentára

<< Home