1.15.2008

Crónica gruyere

Nun momento de extrema axilidade mental, a Raíña endilgoume a difícil misión de facer a crónica da blogorxíastica microquedada do venres pasado (digo micro porque a deste venres debeu de ser ultramacro). Así que procederei con toda a boa vontade que un sistema operativo artificial coma min pode ter, pero advirto que os excesos licorcafeínicos provocaron profundisimas lagoas no meu rexistro así que agradecerei os engadidos de calquera dos asistentes.
Por mor dos danos do jet-lag, Arale chegou tarde ao Tarasca, o que en certo modo resultou marabilloso porque o groso de asistentes xa se atopaba por alí: a Sua Maxestade, Zerovacas, Mario, Nadador, Lourixe, Sr. Osborn, o Gato Violeta, Mr. Moucho, Arredista, a Arqueira, o Modernirmo, Noúmenos; Astroboy, un dos autores da bicéfala Tecnolexibia; e a reputada comentarista La Mona. (Se esquecín a alguen, 500 azoutes no meu pandeiro) E comezaron a fluir verbas, birras e LK, desenvolvin unha profunda fixacion pola garabata de Mr. Harvey, houbo idas e vidas pra repoñer forzas con bocatas jipis, manises, conversas, mais LK e desplazamento ao Malas Pecoras. Aquilo era un hammam, e para cando o bafo nos lentes marchou eu xa tiña os miolos asulagados en etileno. É o que teñen catro meses de abstinencia likorkafeinica. Ao pouco saiu a caixiña maxica do meu peto e presenciei o comezo dunha invasión cromática polas faces e brazos do blogomillo. Quedaronme gravados a lume os ollos emo de Zerovacas e os sinistros beizos de Moderno (tedes que repetir, que estabades tod@s ghuapirm@s). A partir de ahi so atino a lembrar risos, anacos de conversas, chimpos no Avante, mais Lk, paseo ate o Ruta e o máxico momento no que se me impuxo a Sacra Misión. Que emosion!!
Unhas cantas horas despois acordaba con voz de Colombo e cunha fatidica resaca-catarreira da que aínda me estou a recuperar, tras conseguir pasar aduanas sen que me catalogaran como "biological hazard". Ainda non me explico como o conseguin...

PS: Agora tocavos a vos encher os buracos do queixo nos comentarios e axudar á miña desmemoriada CPU

Menovky: ,

8.30.2007

Procrastinacion e Chirimbowling

Non sabia eu que houbera tal palabra para me definir, e menos ainda que fora unha patoloxia...
Ao caso. Malia non contar con tempo abondo para pulir a bola como quixera, decidin xogar a primeira partida de Chirimbowling. Sobra dicir que estades todos convidados.

ACTUALIZACION 1/09/2007: PREGHON RESIBIDO!
CHIRIMBOWLING QUEDA OFISIALMENTE DESINHIBIDO!

Menovky:

7.18.2007

Lehendakaris e os perigos do Rioja Alavesa

Podería desculparme escudándome no incrible feixe de trámites que se requiren para poder cambiar os meus circuitos de continente ou mesmo na fatídica cegueira destes días, agasallo dun oculista neglixente; pero o certo é que xa toca actualizar, por moita cousa que lle collera aos ordenadores dende que ando choiando na maquila.
Está dificil resumir o sinfín de aventuras que se derivaron do periplo eusko-madro-leonés que me ausentou do concorrido blogodesmelene (moi ao meu pesar), pero tentareino.

Alén do aspecto máis "explícito" do tour, tiven "chicha" da intanxible para repartir. Ao fin e ao cabo a miña principal coartada foron uns cursiños dos que gorentei canto puiden, malia non ser xurista nin nada que se lle pareza. Se non me pode a desidia xa darei conta dalgún dos moitísimos temas abordados polos distintos profesionais que pasaron por alí (as inmunidades do Estado fronte as violacións dos Dereitos Humanos, o crecente protagonismo da "cultura" no discurso político, o poder estructural, o caso Letelier...).
Pero volvamos ao banal. Perderse polo casco vello de Vitoria, alias "a Améndoa", e descubrir, como quen non quere a cousa, os xenuínos recunchos que agocha sen ter que aturar a hordas de turistas é todo un pracer. Ir de cortos polo Húmedo, a carón da catedral e da súa zona vella é un vicio moi perigoso ao tempo que incríblemente tentador. O que non cheguei a entender foi por que curiosa razón o MUSAC e o ARTIUM se puxeron de acordo para acoller sendas exposicións fotográficas sobre China (a visita dos Reises, tal vez?) . Grave error, porque permite que maquinaria barata coma min diga que a expo de León lle pareceu do máis frouxo que viu en tempo (o que non quita que a colorindanga e deseño do edificio anime a paisaxe urbana) e que a colectiva do Artium a sorprendera moi positivamente. Por certo que, camiñando uns cen metros cara arriba, tirando cara un barrio suburbial que queda por detrás do MUSAC hai un bareto de vellotes onde adoptan a xente nova e a nutren de tapas, anécdotas, receitas e tantos cortos como o corpo estea preparado para aturar por uns modiquísimos prezos.
Dito isto, confesar que os maiores perigos non se derivaron dos cortos de "Miau" en compañía da miña aguerrida anfitriona berciana, senón dos Rioja Alavesa cos que nos encheron os políticos euskaldunes nas recepcións oficiais, a cara B dos cursiños. Foi así, entre rioja e rioja, como Araliña rematou en Ajuria Enea escoitando, algo desubicada, a Mr. Ibarretxe criticar duramente á Nova Orde Mundial, pegándolle un repaso ao egoísmo enerxético da UE e citando a Gandhi e Keynes entre outros. E eu que xa estaba afeita ao típico discurso de "qué bonito es el derecho internacional, muy importante, sí, sí". Bueno, logo viñeron os pinchos e máis rioja alí no xardín ajuriano. Que eu saiba, de toda a vida nestes eventos, os vipes e os seus fans van polo seu lado e os gorróns imos polo outro. Pois seica desta non. Así que imaxinádevos o percal cando o Lehendakari se achegou a saudar a todos os membros da pequena piara na que me atopaba, concentradísimos todos na misión imposible de probar todos os tipos de pinchos cando menos unha vez. Estivemos por facerlle o saúdo spockiano cos papos rebosantes e a copa de rioja na outra man. Sorte que viu unha enfervorecida bandada de cazadoras de photo-opportunities a secuestralo e os da miña piara puidemos seguir ao noso. Que lle queredes, logo de 8 horazas de clase e moitas menos de sono no corpo unha non estaba para poñerse con demasiados formalismos...
O que si me quedou claro na fase máis nórdica do meu periplo, logo de intensas sesións de debate con nativos e non nativos durante as pausas e os pinchos, foi a dimensión oculta do problema vasco. Quen o diría...

Menovky: ,

7.06.2007

Tour caralludo

08/07/07
Sí, lo confieso. A pesar de que Toriyama no lo explicitara lo suficiente, mis aficiones trascienden a la pasión por las merdiñas. Y desde que Begira nos ilustró sobre la existencia de una "hermana" del Carallo 29 en tierras euskaldunes, mi sueño no ha vuelto a ser el mismo. Así que, transformándome en una versión bastardísima de Gaisseau en su expedición por el último trozo en blanco de los mapamundis terrícolas, agarré mi cargamento de Robovitamina A y me vine a comprobarlo con mis propios circuitos.

Qué decir...12 horazas de autobús dando más vueltas a la geografía cantábrica que un perro con un salami atado al rabo; compartiendo ruta con unos tacones de aguja amarillos, un aliento de difícil tolerancia cuya insistente conversación se limitaba a la evolución meteorológica y hordas de sanfermineros poniéndome los dientes largos. Y aún así, y sólo después de 24 horas aquí, puedo decir que el sacrificio ha merecido la pena. Aunque tan sólo fuera para descubrir que después de todo, el "coño de Vitoria" me importa bien poco comparado con los vicios tanto culturetas como banales que me promete la bonita Gasteiz a pesar de lo limitado de mi visita.
PD: Vine con la idea de establecer un "hermanamiento caralludo", pero me temo que, o se plantea una ampliación en todos los sentidos y dimensiones de nuestro sr. 29, o el monumento vitoriano se nos come con patatas (mi madriña que burato!!)

Menovky: ,

6.30.2007

Mil e pico leguas de viaxe ultramarino

Deslocalízome.
O traballo na maquila cibernética de Penguin Village zúgame os miolos de tal xeito que cada vez me resulta máis complicado reconectarme. Pero, se todo segue o curso tomado, pronto rematará todo iso. E non porque feche a maquila. Nin porque os xefes teñan planificada unha desas inofensivas reestructuracións. Nada diso. Deslocalízanse Arale e as súas pezas. Cando menos durante os vindeiros dez meses.


En cousa de mes e pico os Chirimbolos e os Ourilocelontes marchan de periplo transatlántico e comezarán a emitir dende Oreghón, terra de abetos, volcáns e castores. Lles, lles, mai diar bloggers. Todo apunta a que en breve atopareime nos Estados Xuntiños en misión especial con licenza para adoutrinar gringos subrepticiamente. Aínda non teño nome oficial para a misión, así que toda suxerencia é benvida. O que sí teño é himno. Ofreceumo accidentalmente un avatar de Corto Maltés entre copa e copa de LK. Non dou chuzado o audio, pero podedes escoitalo aquí, e de paso escoitarlle un par de temas ao defunto Bocamuerta. Acéptanse himnos alternativos.

Próximamente: "Cómo conseguir un visado y no morir en el intento"

Menovky: ,

5.25.2007

Venturas robóticas en la capital Pixapin (BCN II)

Aunque cada vez va quedando más lejos en el tiempo, proseguiré con un capítulo más de las aventuras aralianas en BCN. Lo cierto es que Conguito sólo fue el principio...
Tras los cuatro días de arduas negociaciones se terminó la macropartida onusiana. Finito. Para celebrarlo salimos en masa por los infames pubs del puerto y los Conguitos insensibilizamos nuestros oídos frente a bisbales y yennifers a golpe de long-islands (al ser país subdesarrollado teniamos descuento). Amanecí el domingo en Passeig de Gràcia ya sin disfraz de persona seria y con un enorme signo de interrogación apretándome el coco. Y ahora qué? Tres días y medio y un colchón en un salón rojo esperándome.
El 70% de mi actividad se centró en las actualizaciones con compañeros de antaño y varios encuentros fortuitos entre los más de 3 millones de habitantes de la capital camaca que hicieron creer a más de uno que nunca la había abandonado. Pero, como siempre, hubo tiempo para la exploración. Primera parada, el Elèctric-bar, viejo conocido, que afortunadamente continúa en su línea de albergue de poetas, cuentacuentos, frikis varios y músicos de toda clase y condición. Esta vez tocó pop gabacho para un pueblo sin calefacción, los Butano Bazaar entonaron sus odas a las sinapsis, al clásico gas que les da nombre y hasta se marcaron una versión de la mítica canción de los Electric Six.
De mi paso fugaz por los stands que había montados en la Facultad de Historia conservo un ejemplar de "Falo #1" revista gratuita (y sospecho que de un sólo número) para la "liberación masculina contra el patriarcado" y es posible que un día no muy lejano alguno de los textos inspire un post-encuesta general sobre los mitos del orgasmo masculino que tan duramente ataca el autor de "Falo". Mi siguiente destino fueron un lote de Fronteras, y no sólo las de la exposición coproducida por el CCCB y el Musée des Confluences de Rhône, sino también otras experimentadas en vivo. Andaba Arale sumergida en la videoinstalación sobre Korea del Norte tras haber hecho el viaje clandestino de Camerún a París con un tal Kingsley, cuando una cincuentona de aspecto afable y con un acento curioso me pidió que le tradujera al inglés los textos sobre Korea. Una vez cumplido mi cometido proseguí mi viaje hacia Cachemira previo paso por un análisis del Fortress Europe. Pero la señora parecía haber topado con su guía ideal y aprovechándose de mi buen humor e incapacidad de darle una negativa me fichó como su intérprete personal. Por pura inercia le pregunté de dónde venía. Surprise, surprise. Israel. Haifa más concretamente. Vengo a ver que cuentan de nosotros en esta exposición. Y tú me lo vas a contar. Hmmmm. ¿Era ella la enviada de Shiva para hacer de contrapunto a cuatro días de activismo propalestino en el Consejo de Seguridad? ¿Del Mossad? Fuera quien fuera, la experiencia me resultó altamente frustrante. El fragmento de la exposición dedicado al muro palestino-israelí y el texto que me dediqué a traducirle íntegramente sólo le arrancaron un irónico "bla,bla,bla... how interesting" mientras avanzaba hacia otra sección ligeramente indignada por lo "soso" y "triste" de las fotografías del muro en comparación con las de Cachemira. En una última intentona, le transmití suavemente mi preocupación por el muro, especialmente por la asfixia económica que suponía para todos los palestinos que trabajaban habitualmente en Israel y la consiguiente desesperación generalizada, caldo de cultivo ideal para mártires y manipulaciones políticas. "Es que no podemos arriesgarnos a dejarlos pasar, cualquiera puede llevar una bomba, y además todos desean nuestra desaparición" :( Como era de esperar, el microdebate amistoso no llegó a ninguna parte. Para ella todos los palestinos eran terroristas y punto. Continuamos la visita, pero a mí la mezcla de rabia y frustración me impidieron disfrutar del resto de la exposición. Como guinda final, en plena instalación "Ocean Malecón Drive" me suelta "Ojalá tuviéramos nosotros una frontera natural como la que separa Havana de Miami". Qué triste escuchar algo así en un lugar dedicado precisamente a promover la visión opuesta. Ntch.
Las melodías del didgeridoo a la sobremesa sirvieron para suavizar mis ánimos y me sintonizaron en modo serendipia para la última sesión de aventuras aralianas con tesoros, torneros, contenedores y abogados de por medio...
To be continued (algún día)

Menovky:

5.17.2007

Conguitos e xadrez global (BCN I)

Queres saber que se sinte representando a un país altamente endebedado (HIPC) no Consello de Seguridade? Por que o G-8 se pasou polo forro escrotal as advertencias de Kofi Annan? Como é posible tardar meses en aprobar unha resolución? E porque despois non se implementa? O CMUN (Catalonia Model of the United Nations) non che dará todas as respostas, pero non é mal sitio para comezar. E como non é habitual que me conviden a xogar partidas de xadrez global con máis de 300 persoas, Araliña aceptou compracida e marchou cara Barcelona coa súa delegación a representar á República do Congo, cariñosamente coñecido como Congo pequeno, ou Conguito.
Conguito é un país apaixoante. Como a meirande parte de estados africanos é rico, moi rico en recursos naturais e porén é un país altamente endebedado que aínda se está a recuperar dunha longa guerra civil. Xa só a variedade de milicias (Ninjas, Coyotes, Cobras...) que se crearon en torno aos líderes políticos dá para unha saga de aventuras. E iso sen contar cos mercenarios ruandeses ou os milicianos de Angola e do Congo grande que se filtran continuamente a través da súa porosa fronteira e fan das súas. Para darlle máis xugo ao noso papel, resulta que o presidente, Nguesso, é un marxista-leninista que no seu discurso de investidura (logo da guerra) deu unha cálida benvida ao Fondo Monetario Internacional e ao Banco Mundial. A guinda: en Conguito hai petróleo e Francia, Italia e Estados Unidos son os nosos principais "amigüitos" (léase inversores/expoliadores).
Con todos estes ingredientes como aperitivo, Arale e Mr. Ollo de Lobo tiñan a misión de representar a Conguito no Consello de Seguridade na rolda de negociacións sobre a situación en Oriente Medio. Como intuiredes, adiviñar a postura de Conguito sobre Líbano, Palestina e Irán cun presidente tan coherente como Nguesso e unha situación económica tan boyante e independente de potencias estranxeiras foi complicado. Optamos pola retórica de País Non Aliñado e , facendo un pouco de trampas (non tería sentido ir até aló só pra lamberlle o cú as potencias occidentais), seguir esa liña de actuación ata que Francia ou EUA ou Italia nos tiraran das orellas ou nos ameazaran coa retirada de axudas. A xogada saíunos relativamente ben porque os delegados deses países descoñecían o poder real que tiñan sobre nós. Por raro que pareza, a defensa máis activa da lexitimidade do goberno de Hamás e as críticas a Israel proviu da fronte que creamos Sudáfrica, Indonesia, Perú, Ghana e Conguito, namentres Qatar estaba na póla, Panamá non se mollaba e os europeos canda China e Rusia andaban preparando a súa propia resolución que despois fusionarían coa nosa atribuíndose o mérito, afeitos como están a explotar aos subdesenvolvidos. Unha vez redactadas as propostas chegaron as longas sesións de negociación. Punto por punto. Palabra por palabra (2 horas de discusión porque EUA non quería unha Folla de Ruta "updated" senón simplesmente "rescheduled"). Votando sobre a enmenda á enmenda da enmenda á terceira cláusula operativa no apartado z. Por momentos sentíase o espíritu de Groucho Marx na sala ríndose de nós. Mais finalmente, ata o carallo de mocións, enmendas, cláusulas e presións "informais" o Consello de Seguridade sui generis conseguiu parir isto e aprobalo por unanimidade. Todos fixemos concesións. Así e todo, os dous delegados de Conguito ficamos relativamente contentos por contribuir canda os demais colegas africanos a que as críticas ao goberno de Israel se explicitaran en claúsulas operativas e non só nos preámbulos. Amáis, á caladiña, os puntos 7 e 8 abren a porta ao desenvolvemento dun mecanismo de control que obrigue tanto a Palestina como a Israel a cumprir cos acordos (e non só a unha parte como até o de agora).
Malia o agotador das reunións, nesta caste de "xogo de rol masivo" todos marchamos convencidos do enriquecedores e apaixoantes que son os debates. Iso non quita que os conguitos estiveramos moi tentados de tomar o Consello de Seguridade en plan Tejero e suprimir o dereito de veto dos membros permanentes. Outra vez será :P

Menovky:

1.20.2007

Un androide queimado en Barcelona

Foi toda unha demostración da relatividade do tempo. Sei que pode resultar unha afirmación banal, pero a miña recente estadía en Barcelona foi un efectivo recordatorio de que non é o mesmo dispoñer dunha hora en Compostela que dunha hora na cidade condal. Non estou a dicir nada que non saibades xa, así que procedo coa miña prometida crónica "camaca". Alá vai:
Hai exactamente unha semana, Arale e unha maleta ateigada de licor café, crema de augardente e queixo do país (para sobornar a quen fixera falla) partiron cara os Països Catalans en misión especial. Obxectivo: boicotear as vidas productivas e ritmos de sono do círculo social araliano, beneficiarme na medida do posible da oferta cultural e engrosar a miña taxonomización de "fauna barceloní".
O primeiro exemplar "rexistrado" apareceu no metro, foi un cuarentón jevochillo bébedo apagando engorde un peta na súa man namentres ollaba lascivamente ao meu androidiano tórax tratando de impresionarme coa súa exhibición de masculinidade. Saín ben parada grazas á táctica "somnolencia metruna", que nunca falla. Pero se cadra o mellor descubrimento veu da man da Srta.Goncharova. Trátase dun exiliado cubano de sesenta e pico de anos, ex-contable, ex-actor porno, ex-adestrador das forzas franquistas, procurador de libros vellos, posters, cintas e todo material vendible que atope pola rúa con quen, a cambio dunha cervexa e unha bolsa de patatillas, pódense descubrir os segredos e a historia humana de Barcelona. Toda unha xoia que ademáis bota as cartas e le a fortuna cun imborrable acento cubano e sen que os seus enormes lentes logren agochar ese ollar pícaro de quen moitas fixo. Espero voltar a velo cando regrese a Barcelona, pero, se algo ten esa grande urbe, é a velocidade á que muta. Bó exemplo diso é que o meu refuxio de antano, o único bar onde podía estar ata despois das 3am sen pagar entrada e sendo mimada polo camareiro con tapas gratuitas de cuscús ou baklawa, desapareceu froito dos encontronazos coa garda urbana durante as festas de Gràcia. Tamén desapareceu a casa okupa na que se aloxaba temporalmente Juvenal, un neurocirurxán chileno, ex-guerrilleiro antipinochetista, refuxiado en Suecia, casado 25 veces e exiliado á forza por estar penado de morte pola xustiza militar chilena. Desta volta non tiven tempo de dar con el nin co cosmonauta Yuri e o comisario Burzakov. Snif.
Pero non me queixo. Houbo moitos reencontros. Mesmo fortuítos.
O máis grato de todos foi o reencontro coa figura de Agustí Centelles, o Capa catalán, nunha mostra fotográfica no Palau de la Virreina. Malia ser máis ben descoñecida, a historia de Centelles é de película. Comezou de moi noviño coa fotomontaxe e cos retratos para pasar a ser un reporteiro que recolleu coa súa Leica centos de momentos clave na historia da Catalunya de comezos de século e da Segunda República. As súas fotografías foron portada de ducias de xornais internacionais durante a Guerra Civil. Antes do estalido da mesma, Centelles foi nomeado responsable do arquivo fotográfico catalán do exército. Cando a derrota fronte aos nacionais foi inminente, apañou os negativos máis relevantes ou os que lle poderían servir aos sublevados para identificacións e posteriores represalias, meteunos nunha grande maleta e marchou para Francia via Pirineos Orientais cos seus compañeiros. Tocoulle estar hacinado un mes no infame campo de Argeles-sur-Mer onde houbo que organizar turnos de vixilancia do maletín para que non llelo roubaran. Logo foi trasladado aos barracóns do campo de Bram, perto de Carcassonne. Todo isto sen abandonar xamais a súa maleta, da que centos de vidas dependían e da que o goberno no exilio, tras moitas promesas e correspondencia, non quixo saber nada. A mostra da Virreina fai un percorrido por todas as súas obras e as súas distintas facetas como fotógrafo, tamén dentro dos campos de refuxiados. É obvio que vola recomendo.
Malia consideralo prácticamente imposible, grazas á ultravelocidade que me otorgou o Dr.Slump conseguín atopar un oco para ir á Filmoteca a ver La Grande Bouffe. O único erro que cometín foi ir sen ter comido nada dende había 8 horas, porque saín sen fame ningunha e despois cunha cervexa no corpo estaba para bailar polkas. Alén diso, qué dicir que non se dixera xa deste mítico filme, unha sátira de humor negrísimo á opulencia da sociedade occidental con catro grandes estrelas do cinema europeo e unha chea de carne de todo tipo en pantalla. Consello: non quededes para vela se logo tedes intención de ir cear, non é apta para estómagos delicados. Amantes do humor negro: ídevos rir un bó anaco.
A fin da microviaxe chegou coa preceptiva festa de despedida, na que para rematar de culturizar aos meus amigos guiris se fixo unha señora queimada na terraza dun oitavo piso do Eixample. Os trasnos e as meigas habían andar revoltos, e tamén venteaba de carallo. O caso é que en plena leitura do conxuro, un refoleo fixo que o augardente e as lapas se estenderan á miña chaqueta, pantalón e cabelo, o que non impediu que se seguira co rito e que salvo polo cheiro a queimado na testa, a noite continuara o seu curso ata que un taxista cordobés enfastiado [de min e da súa vida en xeral según descubriría logo] me espertou ás 5am para ir ao aeroporto e voltar ao gris e húmido Santiago.

Menovky: