Lehendakaris e os perigos do Rioja Alavesa
Podería desculparme escudándome no incrible feixe de trámites que se requiren para poder cambiar os meus circuitos de continente ou mesmo na fatídica cegueira destes días, agasallo dun oculista neglixente; pero o certo é que xa toca actualizar, por moita cousa que lle collera aos ordenadores dende que ando choiando na maquila.

Alén do aspecto máis "explícito" do tour, tiven "chicha" da intanxible para repartir. Ao fin e ao cabo a miña principal coartada foron uns cursiños dos que gorentei canto puiden, malia non ser xurista nin nada que se lle pareza. Se non me pode a desidia xa darei conta dalgún dos moitísimos temas abordados polos distintos profesionais que pasaron por alí (as inmunidades do Estado fronte as violacións dos Dereitos Humanos, o crecente protagonismo da "cultura" no discurso político, o poder estructural, o caso Letelier...).
Pero volvamos ao banal. Perderse polo casco vello de Vitoria, alias "a Améndoa", e descubrir, como quen non quere a cousa, os xenuínos recunchos que agocha sen ter que aturar a hordas de turistas é todo un pracer. Ir de cortos polo Húmedo, a carón da catedral e da súa zona vella é un vicio moi perigoso ao tempo que incríblemente tentador.

Dito isto, confesar que os maiores perigos non se derivaron dos cortos de "Miau" en compañía da miña aguerrida anfitriona berciana, senón dos Rioja Alavesa cos que nos encheron os políticos euskaldunes nas recepcións oficiais, a cara B dos cursiños. Foi así, entre rioja e rioja, como Araliña rematou en Ajuria Enea escoitando, algo desubicada, a Mr. Ibarretxe criticar duramente á Nova Orde Mundial, pegándolle un repaso ao egoísmo enerxético da UE e citando a Gandhi e Keynes entre outros. E eu que xa estaba afeita ao típico discurso de "qué bonito es el derecho internacional, muy importante, sí, sí".

O que si me quedou claro na fase máis nórdica do meu periplo, logo de intensas sesións de debate con nativos e non nativos durante as pausas e os pinchos, foi a dimensión oculta do problema vasco. Quen o diría...
Menovky: norimakiadas, viaxes
6 Comments:
como o mais seguro e que vaia a gasteiz a ver o Mayall seguirei os teus consellos txikiteros e perdereime pola amendoa, esosi sempre com rioja alavesa...com ou sin lendakari
Pois polo país ese dos vascos si que teño paseado eu a miña plumaxe... téñolle gran simpatía ao lugar. E me pregunto eu... nalgún momento do verán será posible ver a arale polo país dos galegos?... mire que vou andar por compostela e me gustaría coincidir con algún androide!, :)
If I wanted to visit you, where wiuld that be and would you have time :-)
Desculpade a demora, as contixencias xustificanme ^^U
AK, espero que desfrutaras da amendoa tanto ou mais como fixen eu. Os lehendakaris non fan falta para entregarse ao vicio txikitero, cando menos a min cundiume mais cand prescindimos del ;)
Moucho, magoa de non coincidir este veran, pero ao final andiven tolinha de todo cos preparativos. Anque sei que me repito, noraboa polo disco, o dous temas que escoitei por agora contan coa aprobacion do meu perfido criterio. Prometo profundizar na escoita e espallarme mais na explicacion.
Anschki, du weisst es ja schon: immer!! Und du kansst immer nach eine Touristenvisa anfragen ;)
Onde te metiches mosa?.Bk
Nun lio ben ghrande, Torreira ;)
Zverejnenie komentára
<< Home