6.07.2007

Manda cona

Coa mesma dilixencia coa que miña abuela se santiguaba en vida fronte igrexas e camposantos, termo eu ben forte do fígado (non vaia ser que me se me saia da carraxe) antes de abrir o peteiro e soltar o rosario de sons inartellados e adxectivos pouco agarimosos que me provoca a visión do insulto que están a materializar en Vistalegre unha panda de mediocres acomplexados e podres de cartos.

Veño de enterarme do "fallo" do caso Terra Negra. Manda cona.
El explícase moito mellor ca min. E aquí poderedes gorentar dos asubíos piratas namentres non veña outra fragata censora a tocar o carallo. Sintoo pola falta de estilo e delicadeza expresiva, hoxe non teño o día. E é que manda cona.

16 Comments:

Blogger Zerovacas divagou así:

¿Como é que acabo de escribir un post falando do mesmo, e cunha foto case idéntica?

6/07/2007 9:33 AM  
Blogger Éowyn divagou así:

O que me veño preguntando eu dende que o vin por primeira vez xa fai tempo é... ¡qué carallo é iso? Serve para algo útil?

6/07/2007 9:43 AM  
Blogger elduende divagou así:

¡Manda cona! Diga usted que sí.

6/07/2007 8:36 PM  
Blogger Unknown divagou así:

Cala, cala, que eu teño que pasar por diante tódolos días... O curioso é que me da aínda máis noxo dende que sei para quen vai ser o edificio :P

6/07/2007 10:44 PM  
Blogger moucho branco divagou así:

súmome ao mandacona.... por certo, o da expresión visceral ás veces pasa, a min hoxe deume co clero e estiven de tres a catro soltando improperios... será o clima.

6/08/2007 12:44 AM  
Blogger Ra divagou así:

Madre mía, Arale...¿pero cuánto llevo sin pasar por aquí?Se me acumuló el trabajo!
"Manda Wevos" ;)
Bico

6/08/2007 10:24 AM  
Blogger O pastor eléctrico divagou así:

E incrible, non me vou cagar expresamente neles porque entón me denuncia e me fechan o blogue, polírica de empresa. Sempre tan éticos...

6/08/2007 10:34 AM  
Blogger FraVernero divagou así:

Arrecarallo! O edificio é horríbel, verdadeiramente un atentado estético para os inocentes paseantes pola rúa de Salvadas... Dabondo para facer desconfiar e arrenegar da arquitectura contemporánea... mais o acubillo de semellante besta non podía por forza ser un lugar satisfactorio dende ningún punto de vista...

Sería bonito ver a turbas enfurecidas botándoo abaixo, xunto cos ladróns que morarán en breve nesa cova de Alí Babá...

6/08/2007 10:28 PM  
Blogger Mrs.Doyle divagou así:

Mandacona! digo eu tamén...

6/09/2007 5:06 PM  
Blogger Zerovacas divagou así:

Nunha guerra atómica, só o edificio da SGAE ficaría en pé en Compostela. Terrible

6/09/2007 7:47 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Sr.Doutor, será que o cabreo pola sentencia trascende dos circuitos neuronais e pódese respirar pola vila picheleira. Maldito búnker de ladróns. E lles plantamos alí un cento de mulas modo "Mule-parade"??

Eowyn, para robar y albergar a todos los espías que se dedicaraán a nuestra busca y captura.

Sr.Osborn, aunque sea una reacción poco útil, no vea lo que alivia...

Kefalay, pobriña, xa me imaxino. E dende o voso contrabúnker non poderiades lanzarlle uns petardiños? ;)

Moucho, creo que é a lúa, pero é igual, abonda con ver o edicio para que iso de "P..A sgae" empece a resoar na testa.

Ra, no se precupe nena Ra, que yo soy más inconstante aún. Siempre es un placer tenerla por aquí pero no se me estrese!

Pastor, si, si, ande vostede con ollo que tan axiña teñan montado o tinghlao lévannos a todos presos. De seguro que os soutos do edificio agochan salas de tortura...

Fra, o edificio é un insulto tanto na súa forma como no seu contido. Doe miralo.
Quen lles ía dicir aos ladróns de Alí que as mulas que noutrora os agocharon se convertirían no símbolo contra eles...así os boten a coces!!

Mrs.Doyle, diga diga, libérese!! :)

Aperta a todos!

6/10/2007 2:24 PM  
Blogger A Raíña Vermella divagou así:

Eu paso por aí diante para ir a Sta Isabel, e custoume ben tempo identificar o tal enxendro como edificio. Como dixo un xenio de quen non lembro o nome " é que lle pos unha bomba e nin se nota".

6/10/2007 6:36 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Mira que fai tempo que nom paso por ali, dende que nom vou o Don Manuel..e ainda taba o buraco.
Asi q iso é o q fan cos cartos dos cds, dvds,...eu cria que o usabam para algo util, acabar coa fame n Africa,axudar a gravar a musicos xoves,as drogas do ramoncin ou algo asi filantropico...

6/10/2007 10:49 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Raíña, estou convencida que derruído sería infitamente máis fermoso que como é agora. Para min que o que lles interesa é facer un búnker ostentoso ou algo así.

AK, non te perdes nada pasando por alí, é máis aforraste a carraxe que da miralo. A filantropía da sgae só é aplicable a partires de un certo número de ceros na conta dos seus socios, canto máis novo e máis ganas teñas de facer cousas, máis che van exprimir. Científicamente demostrado!

Apertas

6/11/2007 2:40 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

E para que carallo usan o predio de Vista Alegre? alguén o sabe? ten unha competición de edificios caros e non-funcionais? E logo falaran do feismo do paisano que acaba a casa con ladrillos á vista.

6/15/2007 9:26 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Turonio, benvido :) Seica hai moito carto que limpar e moito arquitecto iluminado, unha conxunción do máis perigoso. Non sería mala idea que coa normativa antifeísmo que tentan facer haia un apartado adicado a pecados visuais.

6/17/2007 11:55 PM  

Zverejnenie komentára

<< Home