4.13.2007

Rumbo a Narragonia


Im Narrentanz voran ich gehe,

Da ich viel Bucher um mich sehe,
Die ich nicht lese und verstehe.
(Seb. Brant, Das Narrenschiff)


En 1494, un tal Sebastian Brant, descontento co vicio e corrupción que vía ao seu redor e especialmente na ultrapoderosa Igrexa (xa daquela), escribiu un compendio de 110 vicios en clave satírica ao que puxo por nome "A Nave dos Tolos". O libro trascendeu alén das fronteiras teutonas e influiu na historia e as artes da Europa da pre-Reforma. A súa alegoría humorística da deriva na que a humanidade anda embarcada aínda pervive.
Cincocentos anos despois e coincidindo co aniversario da elaboración da obra, un feixe de espíritus provocadores e creativos capitaneados por August Dirks recolleron o testigo de Brant e convertíronse nos embaixadores de Narragonia a bordo do Azart-A Nave dos Tolos, un antigo barco de alta mar transformado en teatro flotante, escenario e escultura fantástica. A súa tripulación, composta por xente de máis de tres continentes, inspírase nas tradicións do teatro medieval e ofrece espectáculos cómicos que adapta á lingua e características do lugar onde atraca ao tempo que invita aos artistas locais a colaborar con eles. Os seus espectáculos beben de múltiples fontes: circo, teatro do absurdo, cabaret e mesmo contan cun pequeno estudo de animación no que xa fixeron os seus pinitos en slow-motion. E por suposto, convencidos de que os cambios son un nutrinte esencial no seu arte, Azart acolle con eles a calquera que esté tolo abondo para continuar espertando risas e conciencias polos portos do Mediterráneo e o Atlántico Oriental. Hai pouco que abandonaron Tarragona, mais descoñezo o seu vindeiro destino. Así que namentres non teñamos ocasión de velos nalgún porto galego, podemos facernos unha idea con isto. Vendo o como está o patio, Narragonia non semella mal destino ;)

Post-Posto (16/04/07): A srta. Yamabuki castigoume sen bloguear ata que non remate os deberes (que pesan uns 10kg), así que non pensen que fuxín embrollada nas jarcias do Azart ou que fun secuestrada polo troll. Foi un pracer coñecer aos asistentes á blogoesmorga, malia terme extraviado no medio da noite ^^U. O dito, volverei cando me saque de enriba eses 10kg de pasta de celulosa.

Menovky:

11 Comments:

Anonymous Anonymný divagou así:

Boa pinta...
investigarei no tema.

Grazas.

Mrs. Doyle

4/13/2007 9:31 PM  
Blogger Ra divagou así:

Menos mal que todavía queda gente ESPECTACULAR que se embarca, Arale!!
Bico

4/14/2007 10:43 AM  
Blogger FraVernero divagou así:

O choio soa moi ben... A ver se a nave pasa pola costa galega e podemos asistir ao espectáculo, alén de deixar uns cantos tolos locais nas súas adegas, para que sigan navegando co'el...

Foucault estaría encantado (vid. primeiro capítulo de 'Folie et déraison'...).

4/14/2007 11:22 AM  
Blogger moucho branco divagou así:

Hai xente que asume proxectos verdadeiramente impresionantes, orixinais, interesantes... quedo coas ganas de saber mais....

4/16/2007 12:01 AM  
Blogger begira... divagou así:

para que luego digan que las ideas creativas se han agotado... muchos altos cargos del mundo del arte deberían echar una mirada a este tipo de cosas antes de hacer declaraciones.

4/16/2007 5:47 PM  
Blogger OSIÁN divagou así:

Tento komentár bol odstránený autorom.

4/21/2007 12:30 PM  
Blogger OSIÁN divagou así:

Embarcarse sempre é unha sensación estimulante. Moito mais cando se trata de causas cheas de honestidade
Estudie moito, o coñecemento ea base da nosa estructuración interior.
Un Saúdo

4/27/2007 7:50 PM  
Blogger rifenha divagou así:

Estiverom no Rif, em Al Hoiceïma, o curso passado.
A gente gostou muito.

4/28/2007 9:27 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

A todos, perdón pola tardanza na resposta, como xa dixen a Srta. Yamabuki é implacable cos seus castigos...

Mrs.Doyle, pois coido que tamén visitan a pérfida Albión e Eiré de cando en cando, a ver se pode velos...

Ra, menos mal!! que sería de nosotros sin locos que nos recuerden nuestra propia condición! Bico

Fravernero, creo que xa pasaron varias veces polas costas galaicas, aínda que agora teño entendido q andan polo mediterráneo. Ás veces pregúntome se unirme á tripulación non sería máis unha mostra de cordura que de tolemia...
Graciñas pola referencia, eu de Foucault ando pez de todo, algún día eille botar o dente.

Moucho, certo é. Estou segura de que hai unha chea de proxectos coma este dos que nin tan sequera temos entendido falar, todo será cuestión de seguírmonos investigando...

Begira, bienvenida! Totalmente de acuerdo, aunque creo que concretamente los navegantes de la Azart no esperaron a que los miraran y se plantaron en el Parlamento Europeo con una campana con forma de bufón de regalo para cuando estén haciendo demasiado el ridículo :D

Brais, que ledicia velo de novo por aquí! A viaxe constante como paralelismo do proceso vital é o que fai dos tripulantes da Azart unha fermosa metáfora vivinte, ademáis do creativo da súa labor.

Rifenha, seica mesmo fixeron algúns videos en terra que andan polo tubo, tivo que ser todo un espectáculo velos nun entorno tan fermoso.

Unha aperta a todos e graciñas pola visita!

4/30/2007 4:26 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

A min lémbrame a cando MANO NEGRA embarcaron nun mercante e percorreron Sudamérica de porto en porto. En cada escala un concerto. Foi unha xira orixinal e que durou bastante tempo, a verdade, non sei canto, pero imaxino que moitos meses.
Beixiños, Arale eres un encanto

4/30/2007 5:42 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Abe, non vira este comentario! Pois sí, supoño que os paralelismos sobran e de seguro que estes "Azarosos" teñen unha chea de émulos polo mundo adiante. Vémonos pronto, que haberá que sulfatar, non sí? ;)

5/21/2007 3:28 PM  

Zverejnenie komentára

<< Home