3.11.2007

Checos e Bonecos (I)

Pensaba deixar nun post parte dos contidos expostos polo lúcido Žižek na súa visita a Compostela (moi ben o pasei escoitandoo), pero o certo é que o texto que elaborou para o ciclo do Consello de Cultura está dispoñible eiquí e unha conversa telefónica con Gontxarova fíxome mudar de parecer.
O ano pasado, nunha das retrospectivas da Filmoteca de Bcn, fiquei aparvada co traballo de Hermína Týrlová, a nai do cinema de animación checo. Vendo curtametraxes coma a abraiante e valente "A revolta dos xoguetes" (1947), na que toda unha tenda de bonecos se organiza para bater a un xeral nazi que quere eliminalos, preguntábame porque é tan pouco coñecido o traballo dos animadores checos por estas latitudes, agás pola toupa "Krtek" (o Mickey Mouse do Leste) que algúns de nós vimos ao tempo que as aventuras Son Goku (¿na Galega?).
Os filmes de Týrlová deron ás á fantasía de cativos e non tan cativos durante os tempos díficiles da Guerra e Postguerra nos que, malia ter a oportunidade de marchar ao exilio coa súa parella, ela decidiu quedar en Checoslovaquia e seguir "animando" tanto espíritos como bonecos. Calquera cousa podiase tranformar en protagonista das súas historias, dende un trapo de cociña a un feixe de canicas. Pero Týrlová é só o comezo da amplísima e moi heterodoxa historia de animadores e artistas do que hoxe se coñece como slow-motion. É unha mágoa que non haia nada dela no tubo.
O que está claro é que non podo inaugurar unha mini-saga sobre animación checa (ou pensabades que isto ía quedar así?) sen deixarvos ningunha mostra, así que velaquí un anaquiño da adaptación de "Soño dunha noite de vrao"que fixo Jiří Trnka, de quen falarei algo máis no vindeiro capítulo de Checos e Bonecos.


E xa que de checos e línguas foráneas vai a cousa aproveito para darlle publicidade ao Festival das Linguas que se celebrará estes días en Compostela e que adicará o mércores á literatura, cine e gastronomía (birra inclusive) do devandito país.

Menovky:

16 Comments:

Blogger Xosé Manuel Carreira divagou así:

Eu xuraría que os primeiros debuxos que vin na TVG nos seus comezos eran uns feitos con plastilina e eran de Europa do Este. Talvez checos?. Alguén pode aportar algos sobre esta dúbida.

3/12/2007 9:26 AM  
Blogger O Nadador divagou así:

Nos Simpsons substitúen durante un capítulo Rasca e Pica por Patrón e Proletario, uns debuxos animados checoeslovacos.

Isto proba que a realidade está contida por completo nesa serie.

3/12/2007 9:47 AM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Cierto. ¿A quién le interesa la cultura de una perdida región de la "vieja Europa" cuando Hollywood nos lo ofrece todo, y además en "king size"?
Tengo un vago recuerdo de una serie de animación húngara (en todo caso del este) que emitía la TVG poco antes de Son Goku, a comienzos de la pasada década. Si la memoria no me falla, insisto, eran adaptaciones de cuentos populares y su presentación estaba acompañada por una música tipo polonesa muy bonita.

3/12/2007 12:49 PM  
Blogger Zerovacas divagou así:

Encantábame Krtek (aínda que é unha desas cousas que descobres con 26 anos, cando ves unha imaxe e se che veñen enriba mil recordos que esqueceras). De feito, na neveira da miña casa teño un imán de Krtek, produto dun "pequeno roubo consentido" nun piso dunha boa amiga

3/12/2007 1:06 PM  
Blogger FraVernero divagou así:

Vaia... animacións do leste...

O único que se me veu á mente é o exemplo citado polo Nadador (anque eu lembro que eran máis ben 'Proletario e Parásito'). Anque se trataba dunha parodia, tiña moi boa pinta...

Se é que en Praga, entre as marionetas e o Teatro Negro, teñen para dar e tomar... E máis agora, coa turistificación post-muro.

3/12/2007 2:02 PM  
Blogger moucho branco divagou así:

Pois anque non son eu moi de animación encantaríame descubrir o seu traballo. Neste caso semella haber moitos alicientes, poreime a elo.

3/12/2007 2:37 PM  
Blogger FraVernero divagou así:

P.S.: vaia, agora que me dou conta, estiveche no acto de Zizek, entón? Seguro que nos vimos (anque non nos recoñecéramos)...

3/12/2007 3:04 PM  
Blogger Elianinha divagou así:

http://www.elmundo.es/elmundo/2007/03/12/internacional/1173701048.html?a=517c30d7e0b26770bf7e792978a9296e&t=1173720550

3/12/2007 6:30 PM  
Blogger Mrs.Doyle divagou así:

Chequia, Eslovaquia e Hungría non son países do Este, son CENTROEUROPA. Lugares polos que sinto devoción.

Os primeiros debuxos que recordo da TVG son os de "Postman Pat" que obviamente non son checos...

3/12/2007 11:35 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Mendinho, sintoo pero os meus coñecementos sobre as emisións da tvg son bastante limitados.

Nadador, terei que atopar ese capítulo, se o di Groening tera que ser verdade.

HD, Bienvenido de regreso!! Hace poco me preguntaba con otra blogger sobre tu paradero. Me alegra verte de vuelta. A lo mejor la serie a la que te refieres es la misma que comentaba Mendinho,la verdad, yo no la recuerdo.

Zerovacas, non sabía que había merchandising de Krtek. Un amigo meu quere facer camisetas del, a min gustábame pero o meu groupismo non chega a tanto.

Fravernero, se algo teño que lamentar de Praga é esa odiosa turistificación masiva que lle resta encanto á cidade, pero en materia de marionetas e teatro son do mellorciño. E sí, estiven no de Zizek ata o final de todo.

Moucho, espero que o desfrutes, de tyrlova non hai nada pero xa irei deixando cousiñas interesantes.

Eli, graciñas, que faría eu sen estas magníficas aportacións.

Mrs.Doyle, leva razón e esa devoción é compartida, mágoa que sexa tan caro ir ata aló.

3/13/2007 2:41 AM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Oh, gracias por echarme de menos. Como bien sabes, febrero es un mes espantoso (sobre todo cuando aún no te has licenciado).
Por cierto que me hubiera encantado asistir a la conferencia del filósofo esloveno marxista-lacaniano en cuestión, pero tuve que conformarme con leer lo que de él dijeron en la prensa. ¿Al natural parece, como en las fotos, un monje ortodoxo? Salud.

3/13/2007 9:45 AM  
Blogger TXARI divagou así:

está bem sabelo, a verdade é que toda chequia é maiormente desconhecida por aqui...boa ocasión para conhecela en compostela.....que milhor...

3/15/2007 1:23 AM  
Blogger Son de Bueu divagou así:

Un saudo dende o morrazo e felicidades por non quedarse parad@.

Da gusto ler cousas interesantes de vez en cando

3/15/2007 12:48 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Hermano Daniel, espero que salieras bien parado de febrero. Es difícil definir a Zizek visto en persona, es un acontecimiento en si mismo ;)

Txari, benvido :) Agora que están no "clube" supoño que saberemos máis deles. Cando menos onte xa andaba un escritor represaliado e dúas representantes do centro checo por compostela cun feixe de birras para "culturizarnos". Mal rematamos...

Son de bueu, grazas pola visita e polo cumprido. A felicitación por non quedarse parada refírese ao post ou coñéceme vostede?

3/16/2007 12:22 AM  
Blogger Son de Bueu divagou así:

"Si paro no existo, ergo escribo "
E vendo o moito e ben aqui escrito..
ergo.. non estas parad@

Non teño o gusto de coñecel@, ou iso creo.

3/16/2007 1:30 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Vaia, grazas Son de Bueu, como estou "no paro" trabuqueime e pensei que o dicía pola miña situación extra-blogueira.
Volva cando queira :)

3/17/2007 12:59 AM  

Zverejnenie komentára

<< Home