Glamour, tapas e LK
Flashes. Nervos. Berros. Desmaios. Expectación. Aplausos e máis aplausos. Glamour a saco...
Hordas de blogueiros acudiron onte ao evento do ano abríndose paso entre os curiosos que non quixeron perderse tal concentración de astros da frikisfera. Malia os grupúsculos de adolescentes histéricos/as que se abalanzaban sobre os protagonistas da noite na busca de contacto físico cos seus ídolos e o lanzamento indiscriminado de sosténs e gayumbos que ameazou as tarefas de busca de ouro na fonte de Cervantes, a cerimonia transcorreu sen maiores incidentes grazas á loubable diplomacia e savoir-faire dos convidados. Só compre destacar a pérfida intervención dos servizos segredos de DC que, sabedores da polémica convocatoria, minguaron subrepticiamente as reservas de LK nalgúns chil-aus da zona vella ameazando con desatar a ira do androide convocante. Afortunadamente as inxerencias policiais nas adegas non afectaron a todos por igual, e os convidados puideron recibir os seus premios flanqueados por uns atractivos e impoñentes vedettes sarasones que velaron pola súa integridade física o resto da noite debido ao permanente risco de acoso que sofren dende que se anunciou a súa victoria no Divertimento Inverliterario.
Como non podía ser doutro xeito, a cerimonia rematou co debido rendemento de pleitesía á picheileira Constante Universal e unhas poucas neuronas de menos nunhas testas que pecan de superávit (polo momento, bwahahha!!!).Houbo que lamentar a ausencia de ElSenhor a quen lle queda sobre estas liñas copia do bono-certificado e lle lembramos que aínda ten 4 anos e 11 meses para reclamar o premio, non se esqueza Don Federico!!
PD: Grazas a todos por vir, foi un pracer :)

Menovky: norimakiadas
12 Comments:
O pracer foi meu, señorita Norimaki. A ver se alguén organiza pronto outro concursiño e repetimos, que me rin moito, demonio.
eu dixen que non ía ir, pero en realidade era un dos enfervorizados fans que loitaba por contacto físico e lanzaba cousas inconfesábeis...
O meu diploma xa está enmarcado coma recordo da miña única vitoria non pírrica nalgo de valor.
Foi todo un pracer, e xa pode ir preparando a convocatoria para o 2º cuadrimestre ;)
O pracer foi meu. Onte e hoxe (LOL)
Non sei se podo chamalo pracer -volvín todo escadrilado para a casa, de feito onte foi un día inexistente para este cadelo-, pero si que podo dicir que fiquei encantado de vos coñecer a todos e compartir verbas, licores e músicas -incluso as máis espanholas, verdade nadador ;-P.
A miña merdinha tamén está xa en bo sitio.
O outro fan tolo buscando contacto físico e agochado no anonimato era eu ... en parte teño que recoñecer a miña culpa no escaso subministro do LK
Teríame gustado estar máis tempo con vós. Pensei que vos re-atoparía máis tarde. Outra vez será. E de todos os xeitos isto é tan pequeno que non pasará moito tempo. Arale, verémonos o venres escoitando a un certo esloveno.
Vaya por dios Robotita.
Si hasta me ha emocionado y todo ver ese diploma tan chulo y bien hecho.
Tranquila que ya lo reclamare en persona.
Que se mueran de envidia los demas blogeros si señorita.
Ah, no hace falta que esten los vedettes esos. Unas vedettes saficas mejor eh. Por pedir que no sea.
Un cibernetico besote Robota y mil gracias por tan espectacular diploma ...
Que chulo!
Este Senhor non che é serio
Blogger do carallo, contestei hai séculos, ou iso cria. En fins, repito o que escribira e q blogger perdeu nalgún lugar do ciberespazo.
Aos que acudiron nada que non vos dixera xa ;)
Aos dous fans exacerbados, moucho e randeeira, grazas por dar ambiente anónimo e aúreo á gala de premios.
Don Federico, perdón por este pseudorretraso, la culpa es de blogger. Me alegro de que le gustara su bien merecido diploma :) Reclame cuando quiera la copa-bocata en Compostela city aunque lamento notificarle que las vedettes sáficas se escapan de mi presupuesto (están más de moda que los sarasas) así que tendrá que conformarse con una gala mucho más modesta ^^U Si no me equivoco, ahora le quedan 4 años y poco menos de 11 meses. No se despiste...
Ra, asias!
Torreira, grazas polo comentario-farolillo que delatou a invisibilidade do meu comentario de respostas. E é certo, este Senhor non é serio, por iso lle queremos ben no blogomillo. Grazas pola visita e siga edulcorando así eses miolos de xuntaletras con talento.
Zverejnenie komentára
<< Home