4.01.2007

Mmmmmúsica

Chégame a pelota por partida dobre para participar nesta lasciva iniciativa musical de casatlántica e sr. moderno que lle poría a pel de galiña á miña devota iaia Norimaki, dadas as sacras festividades que comezan. Aínda así, e con todos os respetos á miña avoa, este androide pecaminoso non vai ser tan descortés como para rexeitar a xugosa oferta blogueril.
O certo é que agora lamento máis que nunca non ter a man o magnífico "kilador-CD" que me regalara un Don Juan destes de manual hai uns anos nese breve tempo no que estiven no seu punto de mira (ata que lle presentei a unha impoñente sueca, tamén das de manual e como é lóxico tiveron que manualizarse os dous). Supoño que a estas alturas da iniciativa será imposible non repetirse, pero con CD ou sen el, aquí vos deixo a miña proposta kiladora.
Aviso: nalgúns temas as letras non son especialmente "propicias", pero nestes casos écheme igual. Outra cousa: dalgúns temas non hai videos propios pero o que importa é a canción non sí?

Ocorrénseme mil temas jazzísticos e a escolla faise difícil, pero nesta ocasión quedarei coa sensual voz de Nina Simone e o in crescendo do seu Feeling Good, que ben bastante ao caso ;)

Na liña dos clásicos calenturientos unha canción que non pode fallar é Fever, na versión de Peggy Lee, mesmamente.

Para sesións tremendamente pastelosas as melodías de Erik Satie aloumiñan os corpos por sí soas, mágoa dos videos, deixovos coa Gnossiene nº1. No seu defecto tamén vale con Yann Tiersen para esta caste de encontros.

Pero non todo vai ser piano, o rock e categorías alén tamén dan moito de sí. Opeth ten variedade, caña e relax, pero desta fico cos cellos de Apocalyptica, como non atopei video de Cohkka, queda o de Quutamo, que tampouco está mal para verlles batendo as guedellas e cambiar de tercio.


Para polvetes canallas, ninguén mellor que o grande Waits, aínda que se me ocorreron antes outros temas este Temptation dá moito xogo, ao fin e ao cabo de tentacións vai a cousa...

Nesa liña tamén gosto moito El Desierto de Lhasa, aínda que a canción sexa máis ben triste encántame esa voz desgarrada.

Os discos de Lamb teñen un bo feixe de temas susceptibles de ser empregados como bso dos encontros carnais, mesmo este co casto anxo Gabriel de prota.


Ía tentalo, pero estaría faltando á verdade se non deixo nada dos Massive Attack así que velaquí un tema para encontros con morbillo, Karmacoma (con Tricky).

E xa para rematar este top... ¿9? e como non podería ser doutro xeito considerando a miña condición de debuxo animado, un temazo para polvetes divertidos (e ideal para estriptis): o tema principal da Pantera Rosa.

E agora pásolle a pelota a ElSenhor, Torreira, Mística, FraVernero e Ra.

Menovky:

18 Comments:

Blogger Mario divagou así:

Que chula, eu a Apocalyptica tamén estiven a piques de poñelos, pero Therion parecéronme máis... grandiosos (xa parezo o Moucho).

4/02/2007 11:01 AM  
Blogger O pastor eléctrico divagou así:

O video de Apocalyptica non ten desperdicio. Pero o mellor é o tema da Pantera Rosa, iso si que é diversión por partida dobre.

4/02/2007 12:52 PM  
Blogger Ra divagou así:

Arale, deme usted unos días de retiro gallego (y aislamiento internautico)para pensarlo, y prometo cumplir. Buena semana, bico!

4/02/2007 1:02 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

¿Qué es exactamente "kilador"? ¿Tiene algo que ver con el sexo? ¿Sexoo? ¿Sexooo? (con la voz hispánica de Abe Simpson se recrearía uno de los momentos más hilarantes de la serie, en aquel episodio de "El abuelo contra la impotencia sexual"). Claro que, hablando de ¡sexoooo!, en mi inmodesta opinión, la última palabra la dijo Marvin Gaye (que Dios lo tenga en su gloria), con canciones como "Let's get it on" o, por supuesto, "Sexual healing". Me imagino que el erotismo inherente al soul se debe a la condición inferior y carnal de la raza negra, nada que ver con nosotros, los marmóreos europeos. Seamos serios, ¿alguien se puede excitar con esa cosa llamada "música celta"? Black is beautiful!

4/02/2007 1:16 PM  
Blogger moucho branco divagou así:

Xa pensaba que o androide quedara sen baterías, :P
Eu vou quedar tamén co tema da pantera rosa... como non se lle ocorrera a ninguén antes, co currado que está?

4/02/2007 1:59 PM  
Blogger Mrs.Doyle divagou así:

Adoro a Tiersen...

4/02/2007 3:54 PM  
Blogger Marla Singer divagou así:

Prometo face-los deberes.

Meu! Síntome tan mediocre :(

4/02/2007 7:01 PM  
Blogger Zerovacas divagou así:

O da panteira rosa matoume. Estaba xa quitando a roupa, de súpeto, isto.

4/02/2007 9:38 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

semellaba que xa rematara... e segue a mmmmmmmmmmmusica.
Moi boa a escolla.

4/03/2007 11:48 AM  
Blogger A Raíña Vermella divagou así:

Apocalyptica!! Xa me tardaba que apareceran nesta particular lista. Tamén me quedo con Yann Tiersen en plan tranqui e por suposto con Waits:)

4/03/2007 2:26 PM  
Blogger elduende divagou así:

Non podo estar máis de acordo coa primeira e coa última, señorita Norimaki. É máis, xa as estou baixando para alguna ocasión futura...

4/03/2007 3:57 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

eu quedo tamén coa pantera, sen dúbida.

4/03/2007 3:58 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Mario, grazas :) O tema de Therion pareceume un puntazo, de feito xa o escribira pero blogger enguliu misteriosamente o meu comentario en Gorée. Así e todo teño que confesar que só os coñezo dende que leo ao Moucho ^^U

Pastor, todos os que coñezo que viron Apocalyptica en directo volveron alucinados, por algo será. O da Pantera Rosa, é que é un mito de seu :)

Ra, tómese vd. el tiempo que necesite y disfrute de sus vacaciones galaicas!!

Hermano Daniel, según tengo entendido en koruño clásico "kilador" es sinónimo de "follador", así que sus sospechas no eran infundadas y de sexo va la cosa. Al no incluir al sr. Gaye en mi lista, no pretendo negar su enorme talento erótico-musical, pero es que no me vino a la mente. Sin duda la música negra gana por goleada en materia de sensualidad y sentimiento.

Moucho, pois case quedo sen elas, éche o que teñen as obrigas académicas e os empachos de última hora. Pensei que os mouchos lle tiñan medo ás panteiras, pero alédame ver que malia e todo gorenta da melodía.

Mrs.Doyle, ten composicións realmente fermosas...

Mística, non agardaba menos de ti, espero con curiosidade!
E a que carallo vén iso da mediocridade? blogo-lapote! ;)

Zerovacas, pero se é un tema do máis suxerente e divertido! Sinto terlle cortado o rollo...

Cambote, grazas :) Seica aínda non rematou, parece que sigue en expansión.

Raíña, vaia! non sabía que os fineses se atoparan entre as súas filias, nunca está de máis sabelo :)

Sr. Osborn, é sempre un pracer serlle de utilidade a un villano tan reputado coma vostede. Aliviame ver que o da Pantera Rosa non lle afectou do mesmo xeito que ao Sr.Doutor.

Randeeira, vaia, pois grazas, eu que temía que me tiveran por depravada por esa última escolla...

4/04/2007 4:19 AM  
Blogger A rapaza do arco divagou así:

Eu non sabería con que quedarme :) todo se presta un montón e tamén me fiche algúns descobrementos realmente interesantes, como Lamb

4/04/2007 10:57 AM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Vaya, pues yo soy coruñés "de pata negra" y jamás había oído esa palabra. Tal vez se deba a que en mi vida hay menos sexo que en un tebeo de Tintín (que ya es decir). Por cierto, no deja de ser significativo que al lúbrico Marvin Gaye Jr. lo balease mortalmente su papá, Marvin Gaye Sr., quien, ¡oh, casualidad!, era un maníaco religioso. Sabe Perséfone que no soy partidario de la pena capital, pero en este caso habría hecho colgar de una grúa -al más puro estilo ayatolá- al puto reverendo Gaye. Salud y disculpas por el desbarre.

4/04/2007 1:38 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Rapaza, como di un amigo meu: qué necesidade hai de escoller, acaso non podo levalos todos? Namentres non nos quiten a mula non hai testas que crebar ;)

Hermano Daniel, desconocía totalmente la oscura historia del vital Gaye y lo cierto es que el Sr. Gaye Padre tendría que haber probado de su propia medicina. Por lo del sexo no se preocupe, ahora empieza la primavera y las "jas" andarán más revolucionadas, sino siempre le queda el onanismo ;)

4/04/2007 11:56 PM  
Blogger Ra divagou así:

Amiga Arale, hago una pausa para postear lo poco que se me ocurre, porque ando hechizada por estas tierras.A priori es una opción vaga, pero me parece fundamental ;). Prometo currármelo más en la 2ªparte (que seguro que la habrá).Bico.

4/05/2007 5:49 PM  
Blogger rifenha divagou así:

A mim Lhasa também me encanta.

4/28/2007 9:51 PM  

Zverejnenie komentára

<< Home