Gloria a Mastropiero!
Pouco se sabe da axetreada vida do grande mestre Johann Sebastian Mastropiero alén das súas incuestionables dotes de seductor, que naceu un 7 de setembro (ano e lugar descoñecidos) e o seu valiosísimo legado musical, no que destacan obras como a Cantata Laxatón ou a Chacarera del Ácido Lisérgico op.24.
Grazas a Gajira "Gatchan" Norimaki, quen ademáis de devorar metal estuda música, descubrín hoxe o magnífico madrigal do mestre Mastropiero que vos deixo unhas liñas máis abaixo. Segundo me explicou Gatchan adaptándose á miña ignorancia musical, o madrigal vén a ser unha composición renacentista na que o poema vira entorno a un estribillo lúdico-festivo que é sempre "Fa-la-la-la-la, etc". Poden comprobalo vostedes mesmos (son 8 minutos pero paga a pena chegar ao final).
Menovky: música
16 Comments:
Isto é de hai tempo coñecido-non por iso menos valorable-o que pasa é que os androides sempre á última e coas vosas novidades e eterna xuventude dades de lado á tradición.
Xenial...por certo Norimaki...ten deficit de ferro?
Algo lixérsico sí que soa, sí...
A eterna ansia da subversion...
tá ben, tá ben, :P
Johann Sebastian Mastropiero é un personaxe clava na miña infancia. Lembranzas de viaxes en coche con meus pais. Sempre está ben escoitalo de novo
Impresionante jajaja.
Muy bueno Robota ...
esta xentiña son moito!
Mastropiero é toda unha referencia na risoterapia. De feito hai unha tendencia dentro dela chamada "Escola de Mastropiero" que segue técnicas arxentinas dentro da risoterapia diferentes á escola hindú.
Son xeniais!
:DDD
Delicioso madrigal pastoril. Toda unha descuberta: "sin embargo le gustó".
Que grande mastropiero...
Saúdos a Gatchan.
Siempre ocurrente, Arale.
Biquiño
Mira que me teño rido con este video XD
E, por outro lado, de que música erótica gosta esta robotiña? Eu lánzoche a pelota de Mmmmmúsica a ti.
xeniais!!!! é a unica palabra que pode reflectir o que son.
Que bos son Les Luthiers, eu crecín escoitando as magnas obras de Mstropiero. Hai cousas que nunca se esquecen pero gracias por recordarme o madrigal.
...
Hai que actualizar algo máis o blog, eh, preguiceira?
He, he...
Nadador, grazas pola reprimenda pero xa sabe vostede que estou abocada á eterna xuventude (malia o MS-Dos).
Torreira, de ferro, e de ormigoelementos deses e de mil cousas máis, a mala vida, éche o que ten...
Fravernero, supoño que ahí está o seu toque máxico.
E desculpe o abandono do blog destes días, en contra do habitual en min, desta non foi a preguiza a causante. Andiven con obrigas académicas ineludibles. Esta semana espero poder regresar en condicións ao blogomillo ;)
Rapaza do Arco, graciñas pola lasciva invitación musical, agora mesmo acabo de facer os deberes ;)
Aos demáis, alégrome de que vos rirades un anaco e gorentarades con estes xenios. Aos que xa o coñeciades, é todo un honor lembrárvolo!
Graciñas polos vosos comentarios :)
Zverejnenie komentára
<< Home