3.13.2007

Arquitectura e quotidianías

Cando era unha anana enormemente inxenua un amigo do Dr.Slump díxome que todo canto nos arrodeaba reflectía parte da psique dos seus creadores. Foi un shock. E foi a peor cando un libriño dun tal Froiz caeu nas miñas mans. Durante unha boa tempada alí onde Arale sempre vira un garfo, pasou a ver o símbolo do sadismo occidental; onde houbera un auto deportivo, de súpeto vía a un deseñador e a un conductor acomplexados polo tamaño do seu membro viril; e onde había unha central nuclear gringa como a da foto, vía un trauma infantil con Dolly Parton ou as tetas de Sabrina Salerno. Así que cando me levaron a visitar a Sagrada Familia e o Parque Güell só tiven dúas opcións, ou darme as drogas ou que me resetearan. A día de hoxe aínda non sei cal das dúas escolleu o Dr.Slump, nin qué carallo tiña Gaudí na testa.
Realmente é un enigma para min que lles pasa pola cabeza aos arquitectos e aos deseñadores industriais cando argallan todos eses chintófanos que pasan a formar parte da paisaxe urbana e doméstica. Pero é realmente tentador tentar adiviñalo. Por exemplo, temos a Loos e o seu manifesto "Ornamento e Crime": todo engadido á construcción con fins decorativos é inmoral amáis dunha forma de escravitude para os obreiros. Unha perversión. Sadismo puro. Para el non había nada máis fermoso que as superficies lisas. Está claro que o acné da súa moza debeu ser casus belli na relación. E, home, a min gústanme os edificios de Gaudí, pero algo de razón non lle falta ao Loos ao falar do Art Nouveau, porque os obreiros debéronas pasar canutas e as señoras da limpeza debénse lembrar da nai que pariu a Gaudí día si e día tamén. E supoño que por seguridade, mellor nin mentarlles ao Churriguera.
Porque... ao final ¿para quen se fan os edificios: para os egos dos arquitectos ou para os cidadáns? ¿alguén pensou no pobre limpacristais cando fixeron a Kunsthaus de Graz?
¿ocorreuselle a ese arquitecto en busca da fama que engadir un zócalo "decorativo" non é máis que outro punto de acumulación de merda? Iso por non falar dun dos máis brillantes talentos arquitectónicos que construiron en Santiago DC: Mr.Siza. Sabemos que lle gustan as superficies lisas, así que moi sádico non debería de ser pero... ¿porque escuro motivo teñen que abrir as portas dos microaseos cara dentro? ¿Para crear unha elite de xornalistas e artistas con alto potencial contorsionista? (N. de T.:Nalgúns cubículos do edificio é prácticamente preciso subirse á tapa do wc para fechar a porta, saquen vostedes as súas propias conclusións).
Así que namentres a Arquitectura Xenética non avance abondo como para facer edificios que se autoaseen coma os gatos ou que fagociten e metabolicen a súa propia suciedade (seica os frikis da arquitectura biomimética tamén teñen a esperanza de que as casas, con pelo, poros e pel se fai falta, saiban adaptarse ao estado de ánimo do morador), reclamo que non se faga nin un edificio máis sen que os arquitectos negocien coas señoras da limpeza cada un "puntos negros" do edificio proxectado. Se queren canalizar as súas pulsións reprimidas ou o seu "arte" que pinten cadros ou que se metan a políticos, pero que non nos fagan máis difícil aínda a vida ao meu R2D2 gótico e a min. E si, tocoume sacalo de paseo pola casa.

Menovky:

21 Comments:

Blogger moucho branco divagou así:

Eu me inclino por considerar estas faraonadas relacionadas co ego dos arquitectos, anque prudentemente, dado que basicamente non teño puñetera idea de arquitectura...

Pero iso sí, Arale, o vídeo de sabrina un puntazo, xenial!... todo un icono xeneracional... temos que aunar maiores doses de frikismo, que nos estamos agriando demasiado todos... a que fago un post sobre Samantha Fox?, :P

3/16/2007 3:38 AM  
Blogger Torreira divagou así:

Eu gosto de gaudi ...a pesar das señoras da limpeza

3/16/2007 3:51 AM  
Blogger cambote divagou así:

Pois eu pregúntome pola arquitectura esa de tódolos días: os bloques e torres. É como se colleran un molde e comezaran o copipega.
E logo o feísmo? É o máis parecido a arquitectura punki que existe, un DIY popular... se vai resultar que os galegos temos alma punki.

3/16/2007 8:17 AM  
Anonymous Anonymný divagou así:

eu penso que son peores os arquitectos a soldo do ladrillo que tiran planos para novas urbanizacións na costa tal como se fosen fotocopias ... e xa non falar dos que se encargan de perpetrar urbanizacións de vivendas sociais

3/16/2007 9:34 AM  
Blogger elduende divagou así:

O post encantoume, señorita Norimaki. Coincido en que a estética non debe de reinar sobre a funcionalidade dun xeito absoluto, máis...
...dende que vin a primeira foto non puiden deixar de pensar en 'Ágarralo como puedas': 'Hay días en los que todo me recuerda a ella'.

¿Cree vostede que é grave?

3/16/2007 1:02 PM  
Blogger O pastor eléctrico divagou así:

Eu prefiro ver edificios recargados que bloques de cemento, ainda que sexan unha putada para todos os que se encarguen de facelos/mantelos

3/16/2007 11:15 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Aclaración xeral: o post é unha arrouta araliana enchoupada de cinismo por iso ter que pasar o aspirador. Así que aclaro que, sentíndoo moito por Loos e os blocos de cemento venerados por moitos arquitectos modernos, prefiro mil veces a Gaudí que a Le Corbusier. Xa dixen que me programaron ao chou así que non me tomen demasiado en serio pola súa propia saúde :)

Moucho, iso de recuperar os iconos xeracionais soa prometedor, xa me da risa só con pensar no seu posible post sobre Samantha Fox...

Torreira, eu tamén gosto del, mais pobre do que teña que limpar todo iso...

Cambote, XDD As masas de blocos sonche ben feas, aínda que o do feísmo faise extensible a aqueles cuxo afán de diferenciación fai que chanten émulos da mansión de Dallas no medio do monte estragando unha fermosa paisaxe.

Randeeira, certamente eses son os peores ademáis de pouco creativos. Supoño que pagará a pena o esforzo extra de limpeza cando sabes que é algo especialmente fermoso...

Sr.Osborn, supoño que hai que atopar un punto medio entre estética e funcionalidade. De feito algúns dos edificios teóricamente máis "funcionais" ou "intelixentes" resultaron ser do peorciño. Respecto desa áxil e perversa asociación de ideas, non creo que sexa grave en absoluto, máis grave debeu de ser a conversa do arquitecto cos donos da central unha vez rematada a obra: ¿en que estabas pensando, majete?

Pastor, eu tamén detesto os cubículos de cemento, de feito son unha veneradora das casas de pedra. Só quería achegar a radical visión de Loos aínda que non a comparta porque me pareceu curiosa...

3/17/2007 12:29 AM  
Blogger A Raíña Vermella divagou así:

A min isto chéirame a certas tendencias de pseudo esquerda que parecen considerar que a beleza de por sí é burguesa, cando en realidade un entorno agradable ou fermoso mellora a calidade de vida. Todos temos dereito a desfrutar da beleza. Hai que convertir a Catedral en Museo da Revolución, non tirala abaixo!
Moi chulo o post, Arale:)

3/17/2007 1:05 PM  
Blogger Ra divagou así:

Buenísimo.
Seguro que el gremio de la limpieza, supervivente a cualquier estilo arquitectónico,le agradecerá amablemente su guiño, Arale.

3/17/2007 4:53 PM  
Blogger Mrs.Doyle divagou así:

Os arquitectos son artistas e como tal teñen diferentes formas de expresión...
Encántame a arquitectura!

3/17/2007 10:36 PM  
Blogger queenmob divagou así:

hey thats the Kunsthaus in Graz! What did you write about it??? That is a sex-symbol or something like that? It does look strange, I have to say.

Miss ya,
Anna-Maria

3/18/2007 10:07 AM  
Blogger FraVernero divagou así:

Vaia, vaia, vaia... coa arquitectura moderna hemos topado, amigo Sancho...
Eu en xeral tendo a disfrutar moito deste tipo de arquitecturas, e a discutir encarecidamente con algúns dos meus amigos ao respecto... As miñas preferencias persoais, á contra das de Arale, turran cara a Bauhaus e Le Corbusier, a liña racionalista e anti-ornamental. Practicando o Froiz que nos recomenda, atribuireino -xunto co meu dogmatismo marxista e o culto ao Imperativo Categórico- a un superego hipertrofiado que tenta simplificar a complicación desagrádabel da vida e dos demais en liñas puras e claras, case fórmulas matemáticas vestidas de cemento ou palabras, segundo sexa o caso. A pulsión tiránica da Razón Instrumental (como Zizek, 'adoro o Terror. Encántame. Robespierre é o meu ídolo'). A República non necesita de sabios. En realidade, non necesita de nada.
Todo o cal, repítome, non indica repulsa miña cara arquitecturas posmodernas biolóxico-decorativas e histórico-humorísticas, mal que lles pese aos seus limpadores (¿cobrarán un plus de dificultade?). A central gringa, iso sí, lembrábame os bocetos de Giger (o de Alien) que ten proxectos de arquitectura e debuxo sexualmente brutos e perturbadores...

3/18/2007 10:47 AM  
Blogger Zerovacas divagou así:

Sabes que Hitler e o seu arquitecto (Speer?, creo), cando proxectaban o deseño urbanistico e arquitectónico do seu novo Berlin e da súa nova Alemaña, deseñaron tamén o aspecto que terían os grandes edificios mil ou dez mil anos despois, xa en ruinas. Co exemplo do Coliseo romano ou do Partenon, deseñaron mesmo as ruinas do seu Imperio, para que fose grandioso. Pareceume xenial (nun sentido simbólico, claro, estamos falando dos nazis, que non se me interprete mal)

3/19/2007 8:35 AM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Eh, no hay que recurrir a los tan manidos nazis para encontrar ejemplos de arquitectura chiflada. En nuestros días, el tirano que gobierna Kazajstán y cuyo nombre no recuerdo muy bien (Nazerbáyev o algo así) se está construyendo una capital faraónica digna de un megalómano de cómic de Stan Lee. Al parecer, el proyecto estrella es una pirámide diseñada por el ínclito esposo de la no menos célebre doctora Ochoa. No, sir Norman Foster no tiene escrúpulos morales ante un cheque con muchos ceros (¡pobre Albert Speer¡ ¡no va a cargar él solo con todos los pecados de su, por otra parte, admirable profesión!). ¡Y qué decir de esos delirios pagados con petrodólares en los Emiratos Árabes Unidos, como esa isla artificial con forma de palmera! Parece que los ricos no saben en qué gastarse el dinero (aunque saben en qué no gastarlo: en devolverlo a sus víctimas, es decir, al 99,99% de los mortales). Sin embargo, no hay que ir tan lejos para encontrar majaderías de piedra, cemento y demás: ¿no se dice que el mazacote escurialense imita la parrilla en la que San Lorenzo habría adquirido un saludable bronceado? ¡Así se gastó la plata con tanto esfuerzo arrancada a los indios!

3/19/2007 11:43 AM  
Blogger ElSenhor divagou así:

Gaudi robota.
Me sorprendes con tus posts.
Tocas todos los temas del mundo mundial.
Tanto saber me abruma.
Impresionante robotita.
Bicos y SalU2 ...

3/21/2007 2:17 AM  
Blogger Xosé Manuel Carreira divagou así:

Pois a min encántame Le Corbusier, o que pasa é que o home estaba obsesionado coa idea de que unha casa é unha máquina de habitar. Non obstante as vedettes da arquitectura contemporánea (Foster, Eisenman, Gehry, etc...) andan moi lonxe de Le Corbusier e mais preto do Show Business

Por certo, Le Corbusier foi reloxeiro antes que arquitecto, curioso, verdade?

3/21/2007 9:58 AM  
Blogger A rapaza do arco divagou así:

Eu tamén gosto de atopar cousas distintas cando vou pola rúa e miro cara arriba, pero ben é certo que ás veces a arte dos arquitectos dá en auténticos monumentos ao feísmo. Logo está a parte práctica, Siza está moi ben para museos, etc, pero para unha facultade... entras nunha penumbra total e ao saír do edificio semella que vas dar no inferno por esas escaleiras sen varandillas e que en ocasións desaparecen.
Non lles custaba nada combinar orixinalidade e arte con algo máis de sentido práctico :p

3/21/2007 3:32 PM  
Blogger besbe divagou así:

Sobre as arquitecturas varias penso que deberían adaptarse aos espacios e non facer despropósitos que despois non son máis que moles de formigón, ía falar algo sobre iso cando lin que se ía tirar na Coruña o edificio de Louzao na avenida de Alfonso Molina pero creo que é mellor que o integre nos comentarios deste post.

O edificio Louzao sendo emblemático como era, tamén era feo a máis non poder ao igual que outra obra do mesmo arquitecto (Ricardo Tabuyo) que é o edificio Utande, antiga sé de Norcontrol, na Nacional VI.

Os edificios non so son moles para vivir nelas, teñen que ser armónicos co entorno onde se van construír. Neste caso prefiro que os tiren abaixo e todo isto pódese continuar falando das bonitas casas, mansións e demais habitáculos que proliferan por Galiza adiante, somos uns cazurros e hai xente que ten o gusto nese sitio que todos sabemos, anque claro, para gustos: cores.

Un saúdo :)

3/21/2007 9:46 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

A todos, perdón pola tardanza, tiven unha semana bastante liada e a que vén promete ser igual ou peor ^^U

Raíña, moito dano teñen feito esas tendencias, coma se non houbera demostracións abondo de que a beleza trascende cuestións ideolóxicas. Grandiosa proposta a da Catedral! ;)

Ra, gracias. No sé si tan siquiera lo verán así, pero el gremio, mi admiración, la tiene.

Mrs.Doyle, tes razón, de ahí que cada arquitecto sexa un mundo, así que para gustos...

Anschki, keine Sorge! I haven't said anything wrong about it, I just said I feel very sorry for the window cleaner ;) I liked it, but it looks really weird in a town like Graz. Take care!!

Fravernero, confeso que non sabería definirme en materia arquitectónica porque tanto desfruto dos traballos da Bauhaus coma dos edificios de Arte Moderno de Barcelona, mais gostei moito da súa auto-definición ;) De cativa leváronme a unha expo de Le Corbusier onde había un cúbiculo que el definira como o espazo mínimo habitable; o pouco que cheguei a comprender daquela dos seus plantexamentos teóricos abraioume e sego pensando que tiña un pensamento moi innovador para a súa época. De feito, moitos dos seus detractores, seguen a traballar cos elementos "metafísicos" que el definiu para os traballos arquitectónicos: luz, materia, espazo e tempo.
Non me dera conta eu da sospeitosa proximidade da central cos deseños de Giger, unha personaxe de certo intrigante...

Zerovacas, pois non o sabía, pero o certo é que é ben curioso, iso é visión de futuro e o demáis pamplinas...

Hermano Daniel, cierto es que los ejemplos de megalomanía arquitectónica nos sobran hoy en día. Lo de la Brasília de Kazajstán, Astana, es realmente curioso, creo que ya es la capital oficial (otra vez a cambiar los mapas, qué será de Alma-ata!) y no para de salir anunciada en periódicos como el Herald Tribune día sí y día también. Un ejemplo que me preocupa bastante más es el de Yamoussoukro, anteriormente el pueblecito donde nació el primer presidente de Costa de Marfil, y ahora capital oficial en la que hay proyectada una obra más faraónica si cabe. Con un país dividido de facto por la guerra que va por su enésima intentona de gobierno de unidad, al que le han llovido unos cuantos millones de euros para la campaña de identificación y para que hagan elecciones de una vez, no se porque me da que va a haber mucha desviación de fondos en detrimento de la sociedad civil. Ntch.

Don Federico, puede considerarlo inicios de esquizofrenia. Saber no hay ninguno, hay internet y curiosidad, que el ms-dos en que me programaron no da para tanto ;)

Mendinho, non sabía o do seu pasado como reloxeiro, pero se cadra iso explicaría moitas cousas :D. Como xa lle dixen a Fravernero, non sabería posicionarme nun estilo concreto, aínda que concordo niso das vedettes da arquitectura contemporánea...

A rapaza do arco, levas moita razón, coido que a moitos arquitectos, entusiasmados pola orixinalidade da súa idea quedóuselles no tinteiro o sentido práctico e a comodidade dos usuarios. Haberá que tirarlles das orellas ;)

Besbellinha, non tiña noticia do do edificio Louzao mais se é tan horrible como dis non me ha dar moita pena non coñecelo nunca. Para gustos cores, pero en materia de arquitectura non é só o dono do edificio o que o sofre ou o gorenta senón todos os cidadáns, e coido que no rural galego estánse a facer auténticas barbaridades, auténticos Falcon Crest. Coñezo algunhas iniciativas do Pirineo aragonés onde toda nova construcción ha de cinguirse a uns parámetros para que non sexa discordante coa arquitectura tradicional e o certo é que en moitos casos conseguiron unha fermosa harmonía arquitectónica que amáis agora funciona como reclamo turístico.

Graciñas a todos polos vosos comentarios :)

3/24/2007 12:57 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Hablando de Costa de Marfil, ¿no hay allí -tal vez me equivoque de ex-colonia- una réplica tamaño natural de la basílica de San Pedro de Roma?

3/26/2007 11:44 AM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Efectiviwonder, Nôtre Dame de la Paix en Yamoussoukro, creo que costó unos 250 millones de euros, claro que para cosas de la fe nunca se pueden escatimar recursos.
Algo que resulta más espeluznante es que el Opus tiene un vicario regional sito en Costa de Marfil que organiza misas en honor a Josemaría a las que va ni más ni menos que el primer ministro (el actual, que a ver cuánto dura) Konan Banny. Mundo maravilloso este...debe de ser que el cilicio es el símbolo del desarrollo y yo todavía no me he dado cuenta.

3/26/2007 12:32 PM  

Zverejnenie komentára

<< Home