Chirimbolos à la Proustiana
Tarde, mal e a rastro retorna Arale logo dunhas semanas esgotadoras pero moi ricas en anécdotas das que xa darei conta nos vindeiros posts. Hoxe deixareime seducir pola madalena xigántica que anda a roldar pola blogosfera dende hai días e á que doutores, pastores e noúmenos amablemente me convidaron.
- O principal rasgo do meu carácter? A curiosidade (sá) e os erros de programación.
- A calidade que prefiro nun home/nunha muller? A naturalidade e o sentido do humor (o común tamén é de agradecer).
- A calidade que desexo nunha muller/nun home? Naturalidade, sentido do humor, intelixencia... (coñecementos de electrónica valoraranse positivamente)
- O que máis aprecio nos meus amigos? Que me aturen e a súa lealdade malia a miña condición androidiana.
- O meu principal defecto? Hmm.... a preguiza e as inseguridades.
- A miña ocupación preferida? Descubrir e redescubrir (persoas, libros, música, datos, lugares, sensacións...)
- O meu soño de dita? Gorentar da vida en boa compaña e contribuír a que máis persoas poidan facer o mesmo.
- Cal sería a miña maior desgraza? O feche da fábrica autoxestionada de recambios do Dr.Slump e verme obrigada a aceptar pezas de coltán dunha multinacional expoliadora e corrupta.
- Que quixera ser? Unha macro-CPU sen límites de memoria.
- Onde desexaría vivir? Como vou sabelo con todo o que me queda por ver? Teño un alto potencial nómada... e últimamente moitas ganas de vivir Sana’a e Istambul.
- A cor que prefiro? O negro, amáis é a suma de tódalas cores.
- A flor que prefiro? As mapoulas dos campos pirenaicos, a da Herba Namoreira de Baroña e a do omnipresente toxo.
- O paxaro que prefiro? Aceptades Gatchán como paxaro?
- Os meus autores preferidos en prosa? Uff. Sen contar os moitísimos aos que aínda teño que lle botar o dente Calvino, Conrad, Gogol, Hesse, Orwell, Kafka, Poe, Hoffmann... e en ensaio Saïd, Huxley, Steiner, Bauman e S.Strange entre outros.
- Os meus poetas preferidos? M. Hernández, Maiakovski, Pessoa, L.G. Montero, Brassens, L.Cohen, Gontxarova (mágoa que aínda non optara por compartir os seus poemas con máis dunha ducia de persoas) ...
- Os meus heroes de ficción? John Constantine, Philip Marlowe e prácticamente todos os denominados "antiheroes".
- As miñas heroinas de ficción? Mafalda e (perdón polo autobombo) Arale.
- Os meus compositores preferidos? Chopin, Bach, Mussorgsky (é un borrachín entrañable), Bartók e mil mais que lle escoito a Gatchán e cuxos nomes descoñezo. E Dylan, Yorke, Waits, Gershwin, Charlie Parker, Django Reinhardt...
- Os meus pintores predilectos? Kandinsky, Kupka, Ernst, Schiele, Klee, Klimt, Miró, Dalí, Friedrich, Goya e moitos outros cuxos nomes non lembro agora mais fronte cuxos cadros fiquei apampada.
- Os meus heroes e heroinas da vida real? Os anónimos que loitan en prol dos dereitos colectivos e da reducción das desigualdades. E xornalistas con coraxe como Politkovskaya, Kassir e R. Fisk.
- Os meus heroes e heroínas históricos? Olympe de Gouges, George Sand, Diógenes de Sínope... todos os que lle buscaron as cóxegas a unha realidade inxusta e contribuiron a mudala.
- Os meus nomes favoritos? Para el, Cojoncio Dagoberto Afrodisio e para ela Eufrasia Dorinda Iluminada. Admítense suxerencias para amplialos, pero abstéñanse de suxerir nomes heréticos como Tarek, Gael, Said, Asier ou Selma, Aissa, Kira, Nuba...
- Que detesto máis que nada? As inxustizas, as migrañas tortuosas e as coles de Bruselas.
- Que caracteres históricos desprezo máis? Ufff...moitos, aos tiranos déspotas especialmente.
- Que feito militar admiro máis? Se se poden considerar como tais, os armisticios.
- Que reforma admiro máis? A que está a preparar o Dr.Slump para o meu hardware.
- Que dons naturais quererías ter? O de facer viaxes astrais e o de curar coas mans (ou coas verbas).
- Como me gustaría morrer? Canda Morfeo. Anque segundo as cartas de Eli morrerei dun tiro na caluga antes dos 30 nalgún país exótico e segundo o oráculo, aos 28 violada brutalmente nunha calexa.
- Estado presente do meu espírito? Á espreita do meu futuro máis próximo que se presenta moi movido.
- Feitos que me inspiran máis indulxencia? Depende das circunstancias.
- O meu lema? N'cha!!
Menovky: meme, norimakiadas
11 Comments:
Benvida!!!!!!!!!Xa a estranábamos!
impresionoume o das mortes violentas, pero ter dúas prediccións para o futuro e que as dúas se contradigan tranquiliza...
asier é un nome ben bonito... oín chamar moitas cousas aos vascos, pero heréticos é novo ;)
biquiños, encántame o blog
Arale, qué gusto coincidir con usted en muchas de las respuestas a Proust. Mua!
Umm, Constantine e Marlowe vaia par. Eu esquencín por a Marlowe, pero podería valer.
Xa se botaba en falla a Arale.
Se a min me fixeran unhas predicións coma as de Eli e Oráculo o meu estado de ánimo actual sería "acojonada" (xa sei que é unha expresión mu fea, pero...)
Eu tamén gosto da naturalidade e do sentido do humor, aínda que a min me parece que non é tan común, ou alomenos eu non teño a sorte de atopalos tan a miúdo
Non me parece que a resposta "aos 28 violada brutalmente nunha calexa" sexa para tomar a guasa. As violacions como todos sabemos é un dos actos mais deplorables do ser humano que deixa secuelas de por vida por eso non deberiamos banalizar.
Gústame o do sentido común, que como dicía unha profe miña (bastante repelente) "es el menos común de los sentidos". Odiaba que me dixera iso:p
Quédome co de Nuba, e dicir que tes uns gustos ben eclécticos respecto da música, o cal tamén mola. Xa nos contaras das túas roboaventuras, e queda pendente un café no mundo non virtual (ou Matrix, que tamén se lle chama)?
P.D: pódese facer coñas con que che peguen un tiro na caluga pero non con que te violen? Debería poderse bromear con todo, se non que nos queda?
Benvida. A ver se nos vemos!!
Mrs.Doyle, graciñas!! Eu tamén tiven morriña...
Begira, para min herético é un dos máis fermosos piropos que existen hoxendía, cando menos eu síntome afagada cada vez que un intolerante mo chama ;)
Ra, lo mismo digo nena Ra :). Biko
Pastor, é que son dúas pezas de moito coidado, mil veces mellores que calquera superheróe cos gayumbos por riba do pantalón e a cara cuberta.
Arqueira, afortunadamente polo momento nin o Oráculo nin as cartas de Eli son consideradas como fontes fiables polo meu sistema operativo. O día que o sexan terei un serio problema ^^U Por certo, referíame ao sentido común, xa me gustaría que a naturalidade e o humor foran máis comúns...
Brais, alédame o seu regreso á blogosfera e telo por aquí de novo. Respecto da resposta: limiteime a reproducir o agoiro que obtiven dun test macabro por internet. Non é a miña intención banalizar, senón simplemente incluir nese apartado unha realidade máis que adoito non queremos ver. Coido que mentar o tema das violacións, mesmo nun contexto humorístico, é un xeito de denuncialo. O triste é que son moito máis frecuentes do que queremos crer. Alén diso, penso que a risa é dos métodos máis efectivos para superar as experiencias traumáticas e mesmo sobrelevalas. A mortificación, o silencio, a autotortura e o medo non axudan para nada ás vítimas. Rirse das propias desgrazas é un primeiro paso para comezar a superalas. É unha opinión máis nada :)
Raiña, os meus profes tamén se servían desa frase con demasiada frecuencia. Grazas polo xabón, a primeira entrega das roboaventuras vén de ser postada, pero aínda me quedan mil cousas máis que coido que non terei tempo de postar. Vémonos por Matrix ;)
Zerovacas, grazas, é un pracer estar de volta. Onte foi unha decepción non velo na festa hortera, pensei que non perdería semellante evento...
Unha aperta a todos!
Sen dúbida debe vostede coñecer Istanbul. Eu estiven alí fai dous anos e xa estou perdendo o cu por voltar. A praza de Aya Sofia e a mezquita azul é o lugar onde (para min) xira o mundo...
Poñéndome lixeiramente friki, con Constantine na súa lista, tomo nota para achegarlle canto antes os "Swamp Thing" de Alan Moore á capital... E "Palomar" de puta nai, gracias.
Jero, tras su descripción junto con las fotos que no hace mucho colgó el señor Zerovacas mis dientes ya llegan al suelo de la envidia. A ver si ahorrando...
Hablando de frikismo, gracias por su astucia, ciertamente the Swamp Thing es algo urgente y deseado en mi lista de deberes. Transmetropolitan cumplió los prognósticos. Salvo los primeros, va de mal en peor, alguna gracia pero muy flojo. Ya puede recuperarlos cuando vuelva por estas tierras, estan en una cúpula esterilizada con control de temperatura ;)
Zverejnenie komentára
<< Home