6.17.2007

Reagan-osa, Bieito e curas punkis

Andaba perdida no medio dun dos moitos espazos oníricos dos que nunca saberei se os vivín en vixilia ou se son froito exclusivo dos meus circuitos-rem. Coido que nun edificio gris e impersoal, como tantos. Nada novo. Demasiado cansa como pra ser agasallada cun soño lúcido pero abondo consciente do percal etéreo. De súpeto, oio ás miñas cóstas, cun xenuíno acento ianki...
- Esquius mi, llong leidi, cud llu jelp mi güiz dis peipers?
Un sorrinte e ben conservado Reagan agardaba por min no limiar dunha porta calquera fitando ao meu punto de fuga. Deume a risa. Dende cando lle permite Morfeo a entrada a eses especímenes? Crucei a porta. Non tiña nada que perder. Ciscados e mesturados por todo o chan amoreábanse centos de papeis: recortes sobre a detención de Bastida canda cartas de Endesa ao teóricamente defunto Reagansito, informes do Consello de Seguridade da ONU, estudos da CIA, plans do Departamento de Exteriores e entre folla e folla aparecían tamén folios soltos cos guións de George Lucas impresos a tamaño 16, e mesmo algunha foto da Princesa Leia en poses pouco ortodoxas.
Máis por curiosidade que por piedade, púxenme a axudalo namentres poñía en "on" as miñas superlentes transmetropolitanas para deixalo todo ben gravado. Pouco durei. Por se non abondara cun famoso onírico, tivo que facer Bieito XVI a súa estelar aparición. Crucifixo nunha man, Escritos sobre moralidade e eticidade na outra e veleno na boca. Abrazou a Reagan e xuntos inhalaron un pouco de helio. Xusto despois, coa cara desencaixada e voz de pito berroume algún conxuro bávaro en latín namentres abaneaba o crucifixo. De aí pasei xa a un segundo soño, perseguida por un feixe de viúvas con peineta no medio dunha telenovela mexicana. Pero ése deixoo para outro día.
Dous días despois, xa recuperada do shock e sen intermediación de Morfeos nen simuladores de ningún tipo, vínme no Bar Tolo, SexPistols de fondo, tomando unha caña cun grandioso cura africano que confesou gorentar da súa incursión no garito. Non sabería dicir que me resultou máis surrealista. Doutor, que me está a pasar?

Menovky:

11 Comments:

Blogger Elianinha divagou así:

Tía: e iso do cura africano? Que obsesión, señor, que obsesión!!!

6/17/2007 7:39 PM  
Blogger Zerovacas divagou así:

De verdade soñas esas cousas? Aiaiai... Que falta nos fai o verán. Que conste que hai uns anos soñei que estaba nunha especie de estadio, cheo de xente, cun escenario no medio. Eu estaba nas primeiras filas. E de súpeto comprendín cal era a natureza do espectáculo: ¡iamos presenciar en directo como lle inxectaban botox a Gorbachov! Non teño imaxes moi claras de Mijail, nin das inxeccións, pero si lembro que corría moito sangue polo chan (creo que non sabía o que era o botox exactamente), un rollo moi gore

6/17/2007 10:22 PM  
Blogger Éowyn divagou así:

Ese cura africano es un ser excepcional... no se encuentra gente así a menudo ;)Por cierto, ¿no te encantó la camisa, manto o lo que fuera que llevaba ese día? A mí me pareció más que inspirador.

6/18/2007 1:12 AM  
Anonymous Anonymný divagou así:

mira ti o cura ese nom o conhezo, tenho que voltar a sair q levo um mes de bajon-preciso vacacions!!!-por gostariame ver a sua reacciom cando Chimi pincha o de VIVA EL PUNK ME CAGO EN DIOS!!! trece veces seguidas.
pd:nom sei que diria Freud do de sonhar com rigan e o papa xuntos...

6/18/2007 1:26 PM  
Blogger Mrs.Doyle divagou así:

Mimadriñaquerida!

Ti non soñas, fas viaxes astrais (agardo que sen a axuda de substancias) por mundos non tan lonxanos como nos gustaría...

6/18/2007 9:18 PM  
Blogger A rapaza do arco divagou así:

uis! pois igual entrou humidade nos circuitos :D pero eu creo que é moi interesante que che pasen todas esas cousas mentres dormes, mellor non lle comentes nada ao doutor que así podemos seguir disfrutando de historias así :D

6/20/2007 2:43 AM  
Blogger O procurador de sonhos divagou así:

hehehehehehe

6/23/2007 2:38 PM  
Blogger FraVernero divagou así:

Arredemo! Sí que tes soños curiosos! E dicho alguén que soe inspirarse moito nas núas surrealistas e oníricas ensoñacións... Anque o máis parecido que tiven nunca a este (e totalmente inescribíbel) era un no que uns malvados polos alieníxenas sen plumas invadían o planeta. Perdíame nun labirinto de paredes altas que remataba nunha ponte. Aí os polos xa se converteran en Nazis cos que había que loitar encarnizadamente...
O espectro do Reagan difunto persegue os teus pesadelos... Será un remol, quizaves, da 'Bola de Cristal' que os dous veríamos de pequechos, e nos que soía actuar como convidado de pedra dos electroduendes...

En todo caso, a miña prescripción é a de deixar de tomar pizza fría ou ensalada de langosta antes de irte para a cama, moza!

6/25/2007 12:02 AM  
Blogger moucho branco divagou así:

Confeso que foi a derradeira frase a que me conmocionou... no bartolo?, sex pistols?... claro, e logo quereredes ir ao Valhalla.... :)

6/27/2007 12:48 AM  
Blogger Raposo divagou así:

Carallo, vaia visitantes que admites nos teus soños!

6/30/2007 7:51 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Eli, jooo... que culpa teño eu!? sniff

Zerovacas, desgraciadamente sí e cousas moito peores (bueno, e mellores tamén), a miña vida onírica ten moita chicha. Aínda que polo que contas á túa tampouco lle falta, con Mijail, madre santirma...

Éowing, ciertamente es un ser excepcional. La camisa burkinesa era muy propia, especialmente bajo las luces del bartolo...

AK, pois a que agardas? Rebélate e a repoboar a noite compostelana! Chimi non estivo áxil abondo pero a seguinte fin de semana fixo unha ronda extra para compensar. Eu tamén me pregunto que argallada sacaría o Freud...

Mrs.Doyle, quen me dera dominar iso das viaxes astrais, ten que ser un choiazo. E non se preocupe que o dos soños é froito exclusivo dos meus circuitos.

Arqueira, coido que sí, ha de ser este tempo que ten trastocado a morfeo. E graciñas polo consello, heime gardar ben dos loqueros pra que non se me leven présa.

Procurador de Sonhos, benvido :)

Fra, pois este non che é dos peores, e a dicir verdade coido que a invasión dos polos alieníxenas desplumados gaña en creatividade. O de Reagan, a saber porque saiu, pero non me lembraba eu das súas incursións na Bola de Cristal. E grazas pola prescripción, malia que ningún dos dous pratos forme parte habitual dos meus menús.

Moucho, non te me poñas así... son consciente que o "eclecticismo" dos meus gustos musicais xa me garantizou praza en todos os infernos posibles. Pero que lle vou facer se son herética de nacemento...

Raposo, benvido tamén. Non son eu quen os admite, foi o cabronazo de Morfeo que tiña ganas de atormentarme o sono. E conseguiuno ;)

7/01/2007 9:00 PM  

Zverejnenie komentára

<< Home