6.30.2007

Mil e pico leguas de viaxe ultramarino

Deslocalízome.
O traballo na maquila cibernética de Penguin Village zúgame os miolos de tal xeito que cada vez me resulta máis complicado reconectarme. Pero, se todo segue o curso tomado, pronto rematará todo iso. E non porque feche a maquila. Nin porque os xefes teñan planificada unha desas inofensivas reestructuracións. Nada diso. Deslocalízanse Arale e as súas pezas. Cando menos durante os vindeiros dez meses.


En cousa de mes e pico os Chirimbolos e os Ourilocelontes marchan de periplo transatlántico e comezarán a emitir dende Oreghón, terra de abetos, volcáns e castores. Lles, lles, mai diar bloggers. Todo apunta a que en breve atopareime nos Estados Xuntiños en misión especial con licenza para adoutrinar gringos subrepticiamente. Aínda non teño nome oficial para a misión, así que toda suxerencia é benvida. O que sí teño é himno. Ofreceumo accidentalmente un avatar de Corto Maltés entre copa e copa de LK. Non dou chuzado o audio, pero podedes escoitalo aquí, e de paso escoitarlle un par de temas ao defunto Bocamuerta. Acéptanse himnos alternativos.

Próximamente: "Cómo conseguir un visado y no morir en el intento"

Menovky: ,

12 Comments:

Blogger A Raíña Vermella divagou así:

Un androide de viaxe polos EEUU!! Isto comeza a parecerse ao argumento dunha destas comedias de situación no que a graza toda é sacar a alguén do seu ambiente habitual e colocalo na grande urbe (aínda que Oregón en concreto non parece moi grande urbe, non si?) Leva provisións de LK, que por alí non creo que se estile e a ver se vas quedar sen combustible robótico;)

7/01/2007 11:14 AM  
Blogger A rapaza do arco divagou así:

Mi madriña! tan lonxe?! ben, seguro que aventuras que contar non che han faltar, agardamos que deas boa conta delas aquí ;) Moita sorte!

7/02/2007 3:10 AM  
Blogger O pastor eléctrico divagou así:

Que guai! Eu sempre quixen saber por que se chama así, Oregón. O único que sei dese sitio é que Oregon State é un dos equipos máis habituais da NCAA. Que pais máis raro. Desfrute a estancia.

7/03/2007 12:29 PM  
Blogger FraVernero divagou así:

Vaia, o... Arale percorrendo o Salvaxe Oeste, con Lucky Luke, Pat Garrett e Billy the Kid como teloneiros...

Moita sorte, e xa nos contarás!

7/03/2007 3:02 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Pues nada, buen viaje y feliz estancia en Norteamérica, que, pese a los norteamericanos (o, al menos, una parte de ellos), parece un país bonito. No dejes de escribir en tu "blog". Salud.

7/06/2007 1:34 PM  
Blogger Mrs.Doyle divagou así:

PACIENCIA, MOITA PACIENCIA por esas terras...

7/06/2007 10:49 PM  
Blogger Bautista divagou así:

Di a Wiki que en Oregon tivo a lugar a rodaxe de Os Goonies! Só iso merece unha visita duradeira. E lembra o lema dese estado: "She flies with her own wings". Toda unha mostra de intencións!

7/07/2007 4:31 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

parabens pero sobre todo parabens os oreganianos,a ver si aprenden algho.
Agardaremos ansiosos as tuas cronicas sobre o imperio.
sorte ca visa

7/08/2007 2:16 PM  
Blogger moucho branco divagou así:

pero bueno!, non paras quieta!... agora iankilandia?, en fin, cando menos non te sometas de mais ás emanacións musicais, repite conmigo: "o metal americano non é metal, o metal americano non é metal..."

7/09/2007 2:17 AM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Antes de nada, as miñas humildes desculpas a todos pola demora na resposta, pero o periplo vascuence pouco tempo me deixou.

Raiña, o certo é que ultimamente a miña vida parecese moito a un guión forzadísimo, deses que ves e dis "iso so pasa nas pelis". Ais o LK, voume ter que volver abstemia, co histéricos que andan non podo levar líquidos. A ver se consigo colarlles un alambique...

Arqueira, si,si que é lonxe. E non o dubides, se non toleo e atopo tempo abondo xa irei dando conta das aventuras ;)

Pastor, farase o que se poida entre o choio e o estudio. E xa tentarei averiguar a orixe do nome inquirindo aos nativos do lugar...

FraVernero, vaia! non me vía así, o certo é que, segundo me contaron, é un oeste demasiado semellante a Galicia a nivel climático así que a escenografía vai ter uns tons máis verdáceos...

HD, gracias, feliz no sé, interesante seguramente que lo será. Además, estaré relativamente cerca del oso Yogui, así que malo será. Haré lo posible por mantener este recuncho vivo. Por cierto, para cuando un blog del Hermano Daniel?

Mrs.Doyle, gracias polo sabio consello. Non é vostede a primeira persoa que mo di, por algo será...

Bautista, que bueno tenerle por aquí! Eu tamén lle botara un ollo na wiki, entre os goonies, os simpson e as pelis de gus van sant non vou dar feito para poñerme ao dia...

AK, graciñas, supoño que estabelecermos unha simbiose a ver se aprendemos todos algo (eles mais eu). O da Visa é un enigma que non ficará resolto até que chegue aló co ameazante sobre pechado que me enviaron (que non hai xeito de saber se é unha visa ou unha orde de arresto) ;)

Mouchiño, coido que xa dixen algunha vez que o meu potencial nomádico aínda non foi abondo explotado. E non te preocupes que acudirei ao niño con toda a frecuencia que me permita o choio e adoptarei como tantra iso de "o metal americano non é metal, o metal americano non é metal..."

Graciñas a todos polas mensaxes e polos bos desexos!

7/18/2007 4:45 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Oh, vaya, gracias por considerarme merecedor de un sitio en la "blogosfera". Pero hay dos problemas. Uno, soy patológicamente vago, y no creo que pudiese alcanzar, ni de lejos, la calidad digna de lectores como usted, señorita. En segundo lugar, el cuchitril en que vivo contará con una conexión a Internet más o menos el mismo año en el que Israel cumpla las resoluciones de la ONU. Vamos, "ad calendas graecas". Así que, mientras tanto, me conformaré con leer los blogs ajenos y soltar chorradas en ellos. Ciao, ragazza.

7/27/2007 7:28 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Gracias por los inmerecidos, HD. Por cierto, el juzgar la calidad de su eventual blogocoso sería tarea de sus eventuales lectores, así que no nos quite trabajo ;)
Suerte con las odiseas routerianas y no se preocupe, que en breve los humanos también vendrán con wifi incorporado, palabrita del Dr.Slump.

8/01/2007 5:36 PM  

Zverejnenie komentára

<< Home