12.08.2007

Mem-hitos musicais

Hai xa dias que mr. Ak-77 me pasou o recado de enumerar dez albumes miticos. Penso que xamais seria eu quen de facer tal cousa, asi, con un algo tan asertivo, pero, nun vil emulo ao seu meme mencionarei alguns albumes que foron relevantes no seu tempo (por A ou por B) pra este androide, a ver se cola. Non se me esquece que tenho pendente o meme das oito cousas, pero ese coido que o soltarei no Chirimbowling, antes de re-chimpar a Poza Atlantica.

1- Queen: Greatest Hits
Creo que lle gastara tanto a cassette ao irman de Sembei que rematara mercandolle o CD anos despois en agradecemento por eses verans de infancia nos que podia ignorar a Xuxa e afundirme no mundo paralelo da sua discoteca, como unha arqueologa en miniatura...

2- Mozart: Die Zauberfloete
A minha relacion coa opera foi de odio acerrimo durante moitos anos por cuestions que non procede explicar agora. A unica obra que se escapaba e que mesmo me sorprendia escoitando voluntariamente era A frauta maxica, se cadra pola historia; realmente non sei por que, pero rematei collendolle carinho especial ao pobrinho Papageno.

3- Metallica (y VVAA): Garage Inc.
Non e por quitarlles merito aos albumes 100% Metallica (alguns dos cales non tenhen moito aquel, pra que enganharse), pero coido que este disco de versions e o que mais lles mallei durante a adolescencia, cecais nunha loxica do dous por un: Metallica+ Black Sabbath, Diamond Head, The Misfits, Thin Lizzy...

4- Extremoduro: Rock Transgresivo
Himno xeracional suponho. Para min foi unha fermosa descuberta puberculosa e as suas cancions froito de moitas risas e anecdotas.

5- VVAA: The best of Jazz/Blues/Swing...
Non tenho nin idea do titulo orixinal, nin tan sequera atino a lembrar que temas o componhian ou o aspecto da caratula, pero si que lembro ese vello CD-caixa como a chave a un novo universo. Gershwin e Armstrong foron os primeiros, logo vinheron Peterson, Reinhardt, Bessie, Lady Day, Ella, Parker, Davis, C. Baker, Simone...


6- Apocalyptica: Inquisition Symphony
As suas versions de Metallica abriranme o apetito, pero certamente foi o Inquisition o que me engaiolou durante moito tempo e me reconciliou definitivamente coa musica clasica.


7- Tool: Lateralus//NIN: Downward Spiral
Sei que isto e un pouco trampulleiro, pero e que na minha historia estes dous discos son parella. Descubrinos ao tempo, en Nova Iorque, no 2001. Nunca escoitara nada semellante, gorentei da sua experimentacion e do artwork nesa simbiose estetico-musical que acotio vai aparellada as duas bandas.

8- The Clash: London Calling
Simplemente cojonudo. Nunca canso de escoitalo. E a minha armazon e literalmente incapaz de estarse quietinha cando sona calquera dos temas.


9- Brahms/Chopin/Franck: Cello Sonatas
Interpretadas por du Pre e Barenboim. Por moito que o intente, dubido que vaia atopar verbas que atinen coas sensacions que abrollan cando invoco esas melodias no reproductor da CPU.

10- Tom Waits: Rain Dogs.
E como unha novela. Unha viaxe a ningures. Un feixe de sons inidentificables entretecidos con toda caste de instrumentos e, como non, alinhados coa voz do gran canalla.

Quedan unha morea no caixon, se cadra recorosos pola traizon da minha memoria actual... anque prefiro partir da asuncion de que calquera lista esta condenada a ser incompleta. A linealidade eche unha carallada. Agardo que, ao pasar a pelota, outros saquen magdalenas musicais que engadan novos sabores a estas orxias blogomusicais.
Asi que a pelota vai para tres vellos conhecidos: Sr. Osborn, Elianinha e Ailandra (a ver se asi actualiza) e para un recuncho fresquinho, o do meu querido Gatchan que saiu do seu enesimo ovo reconvertido no Baron Rampante.

Menovky: ,

8 Comments:

Blogger Sugar Kane divagou así:

Que grandes o London Calling e o Rain Dogs

12/10/2007 12:26 AM  
Blogger Elianinha divagou así:

joé nena, menudos deberes. vou pensar.

12/10/2007 9:55 AM  
Blogger FraVernero divagou así:

Argh... outra víctima da violencia memeira...

Eu quedaría con todos, pero por facer a subescolla particular, a Frauta Máxica, con ese senductor Icona de Feminidade Negativa que é a Raíña da Noite e as súas imposíbeis arias, e un Papageno que é un alter ego máis exitoso de mín mesmo (epicuri de grege porcum...). Apocalyptica, porque me gustan os chellos e metálica, e sempre me impactou ver a semellantes túzaros collendo dos chelos coma se fosen guitarras. E The Clash, pola ranciada...

12/11/2007 11:59 AM  
Blogger El Barón Rampante divagou así:

jeje.... k familiares me son estas magdalenas... me traen a la memoria esas ratas malignas de una de extremoduro ("No, trankilo es una metáfora") perversora de menores... ;D
Cumpliré con mucho gusto tan pronto mis obligaciones me lo permitan!!

12/12/2007 12:58 AM  
Blogger moucho branco divagou así:

Teño que confesar que me consterna non atopar mais referencias metálicas, :P De feito quedo co primeiro disco da lista con bastante diferéncia. Metallica tivo o seu momento, pero se os primeiros discos gustándome parécenme moi sobrevalorados a partir do 94 a maior utilidade que atopo aos seus discos é suxetar patas de mesas.

Un saúdo.

12/12/2007 3:37 AM  
Anonymous Anonymný divagou así:

En mi opinión, "London calling" es una de esas tres cosas que uno debería llevarse a una isla desierta (las otras dos serían un reproductor y baterías, claro). Si existe el cielo, Joe Strummer está sin duda en él. Death or glory!
P. S. El rock duro, progresivo, AOR, etcétera, ni siquiera son rock. Son una pesadez.

12/14/2007 1:24 PM  
Blogger Raposo divagou así:

Pois eu quédome con Extremoduro, The Clash e Tom Waits.

12/17/2007 2:49 AM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Señor Cañita, grandiosos sen dubida, teña vd. boas festas e ollo coa glucosa.

Eli, pensa pensa...e logo pedimos os temas nunha noite retro-glam...

Fra, si...seica cada dia somos mais, sniff. Asi que Papageno, non deixa de intrigarme vostede coa sua coleccion de alter-egos, coido que cada vez vexo mais verosimiles as palabras do Nadador sobre vd., leva o espirito da comedia polas venas, Fra.

Baron, tomese su tiempo Baron, suerte tiene de estar en distinta franja espacio-temporal, con eso de las ramas...

Sr.Moucho, outra utilidade destes ultimos discos e coma elemento decorativo das arbores de nadal, queda friki de todo. Agardo velo o vindeiro venres, e se quere tomarlle unhas cañas antes pra facer intercambios metaleiros, so ten que avisar cun pouquiño de tempo.

HD, deberia pasarse por el Bartolo, para constatar que Strummer esta en todos los cielos. Respecto a los rocks, esto...pa gustos, acordes ;)

Sr.Raposo, boa escolla. Feliz hibernamento na sua raposeira.

Felices enchentas a todos!!

1/05/2008 4:16 PM  

Zverejnenie komentára

<< Home