8.19.2007

Chimpo trasatlantico

O globo sonda no que meteron as minhas pezas hai tres dias escasos aterrizou con exito no fogar oficial de retiro para indie rockers e capital do frikismo west-coast. Sinto decepcionar, pero agas polas duas horas de apilamento na linha de entrada de 'forasteros' o trato polas autoridades fronteirizas dos Estados Xuntinhos foi sorprendentemente correcto. Iso si, ao rapazolo superfashion de pasaporte sirio e ingles fluido que ia detras minha non tardaron nin un minuto en levalo ao cuarto escuro para unha 'second inspection'. Que raro.
Como non quero que o periplo este monopolice os contidos deste blo, tomarei exemplo do amable paideleo e publicarei en Chirimbowling canto xurda da experiencia directa neste recuncho volcanico de Oreghon. Pero isto todo non sera ate que acougue un pouquichinho. Que con tanta historia os Ourilocelontes, nunha arrouta rebelde e declarandose superados por tanto cambio de guion vital, decidiron quedar en terra de ninguen ate novo aviso.
Asi que polo momento Aralinha adicarase en corpo e alma a contribuir a causa extraoficial da urbe que arestora a acolle. Que non e outra que:


PorSierto: As minhas sinceiras desculpas polo vil abandono que padeceu este espazo, pero a preparacion mental, burocratica, sanitaria e psicoloxica para o chimpo trasatlantico foi intensa de carallo. Baste dicir que o Dr.Slump, sabendome heretica por natureza, someteume a un tour intensivo para conhecer in situ as desventuras dos cataros. Toda precaucion e pouca no imperio...

19 Comments:

Blogger A pirámide divagou así:

Oiaaaaaaaa. Eeeeiii.
É que aqui aínda somos do tempo en que calquera contacto co outro lado do mundo levaba anexo un aumento considerable do volume.
Pois xa se ía botando de menos (raiando na preocupación) a Arale, peza indiscutible deste blogomillo. Contamos coa súa seguro que interesante crónica cotiá deses mundos imperiais pero antes instáleseme todo o cómodo que un androide poida que, ao final vai tamén en beneficio noso.
Saúdos administrativos e dos outros.

8/19/2007 9:56 PM  
Blogger Elianinha divagou así:

Moi ben, nunca me esperaría unha cousa así de ti. "Este blog sólo admite lectores invitados". E EU NON ESTOU INVITADA!!!! Caghoenrossssss
Pois nada, garda as túas aventuras americanas para outros, que te lean, e que te lean ben!

8/20/2007 9:19 AM  
Blogger Marla Singer divagou así:

Que saibas que o 17 (día no que estiven ó volante-non do panda, senón dun seat ibiza que me prestaron- cinco horas para chegar a Salamanca a un bautizo), estiven pensando en ti e na túa chegada ás terras ianquis. Agardo noticias túas impaciente. Bicos (en galego) e ánimos!!!

8/20/2007 10:50 AM  
Blogger Elianinha divagou así:

sigo iracunda. Por riba de poñerme permiso denegado, los guais de blogger din "No parece que te hayan invitado a leer este blog". Vaia, pois non parece, non, porque non me deixas!
Non me invitaches, manda truco... mira que facer un bló secreto, e anuncialo. Eres lo superpeor, que lo sepas.
No parece que te hayan invitado a leer este blog. (algún día, lerei o chirimboling, a dios poño por testigo!)

8/20/2007 12:43 PM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Vaya, la verdad es que tiene su gracia eso de estar en una ciudad con nombre de cemento (el cemento Portland, claro; ¿lo habrán inventado allí?). Y además, en estos tiempos de zozobra para el mercado inmobiliario (para los constructores y sus amos del capital financiero, me refiero; para la gente normal, la zozobra es permanente). Pero me dejaré de chorradas y me limitaré a desear que al pobre sirio no le haya tocado en suerte un crucero por el Caribe con parada final en Guantánamo, Cuba (Territorio Libre de América, como dicen los billetes de pesos, aunque esto no vale para el célebre campo de concentración). Y por supuesto, que Dios bendiga a América y a usted.
P. S. ¿Encontró el Santo Grial, o Heinrich Himmler se adelantó?

8/20/2007 1:46 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

AVISO A TODOS, pero basicamente a ELIANINHA:

Como xa dixen no post, Chirimbowling ainda NON funciona, o unico xeito que atopei para non facelo accesible ate que non o ponha en marcha (tan so rexistrei a direccion e fixen probas) foi limitando o acceso (a unica invitada son eu).
Tan axinha tenha tempo escribirei nel e fareino lascivamente accesible.
Asi que ELIANINHA, no offense taken, se queres seras a primeira en saber da apertura oficial do chirimbowling, mmmmm, e mais, a partir de agora quedas nomeada pregoeira oficial do CHIRIMBOWLING, sei que non e o mesmo que a festa da filloa, pero pode ser bo comezo, asi que xa podes ir preparando un bo pregon, que gustosamente colgarei como post 0. Beijus!

Aqui son as 8:30am e tenho que marchar a unha concentracion admistrativo-festiva de estudiantes multicolor. Contestarei aos demais comentarios ao meu regreso (cando estea minimamente esperta).

8/20/2007 5:46 PM  
Blogger Zerovacas divagou así:

íame queixar á administradora por non estar invitado, pero vexo que non hai problema.

Xa se te botaba de menos. Pásao ben, e seguiremos as túas aventuras. Por certo, en outono repoñen Arale na TVG: http://chuza.org/historia/a-galega-reponera-arale-en-setembro/

8/21/2007 12:45 AM  
Blogger Elianinha divagou así:

working on progress (pregoeira, pregoeira... dun espazo na terra de Matt Groening: dous soños nun!!!)

8/21/2007 11:15 AM  
Blogger elduende divagou así:

Diox Mío! Norimakadas por partida dobre. Os chirimbolos medran e independízanse dos ouricelontes. Dúas Arales polo prezo dunha.

Pois parece unha boa oferta.

8/21/2007 9:13 PM  
Blogger Ra divagou así:

Ey, yo también quiero...
Besitos, Arale.

8/21/2007 10:29 PM  
Blogger Álber divagou así:

No me creo que te hayan dejado pasar sin meterte al cuarto oscuro de los tactos rectales. Y si fue así, seguro que el único motivo es que querían centrar toda su atención en el pobre sirio ese fashion. Por cierto, a quién se le ocurre ir a Iuesei con un pasaporte sirio...

8/22/2007 10:03 PM  
Blogger Raposo divagou así:

Andese con ollo por esas terras, que aí son moi seus e non respectan a chirimbolos, nin a ourilocelontes, nin can que lles ladre.

8/23/2007 2:52 AM  
Blogger Éowyn divagou así:

Querida Arale, aledame saber que chegaches dunha peza a terras americanas. Espero impaciente unha nova entrega de aventuras americanas cando os teus compromisos o permitan. Bicos e apertas dende o "West Side" europeo.

8/24/2007 1:33 AM  
Blogger Mrs.Doyle divagou así:

Teña moito coidado!!!!!!!!!!!!!!!! O país sen nome, patria da hamburguesa é DIFFERENT...

8/26/2007 12:13 PM  
Blogger ailandra divagou así:

Sei que che debia un mail ben gordo pero polo que sei a outra parte contratante xa che puso un pouquiño ó día. aínda si espero atorparnos nas garras da Internete cedo e poder falar de de vagar. Que lonxe me quedas, meu deus!!! Santiago comeza a parecer unha illa aillada....diriache que voltases pronto, pero sei que (incluso eu) non podo pedirlle peras ó olmo.

Desfruta!!!!

8/26/2007 7:04 PM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Piramide, non sei se e regla xeral pero si que me fixeron ganhar volume os gringos con tanta paparota de benvida. Tan axinha reciba o post/pregon de Elianinha porei Chirimbowling listo para emitir, anecdotas non me faltan... Esta cidade da para moito...

Elianinha, a ver cando me chega ese preghon para que as susceptibilidades rematen!

Mistica, gracinhas por te lembrar de min! Malia estar perto de morrer dun ataque de asma en Frankfurt logrei sobrevivir, asi que aqui me tes, axinha comezarei a vos dar a vara. Biko!

HD, ya estuve investigando lo del cemento, pero no lo veo nada claro. ..Mas que nada porque tope con una gran fabrica de cemento en los alrededores de mi zona, pero paradojicamente se llama LeHigh- Heidelberg Cement, lo que me reenvia a Europa... Complicada esta la cosa. Al sirio no le debio ir demasiado mal, porque a juzgar por las experiencias de otros companheros, los polis de aduanas de Portland son de lo mejorcito del pais. Lo del Santo Grial mejor lo dejo para otro dia...

Sr.Doutor, pronto porei aos chirimbowlings en marcha. Seran todos avisados ao seu debido momento... que espero sexa bastante axinha. Aledame saber do meu regreso televisivo, a ver se me caen alguns rollaltis deses...

Sr.Osborn, no se asuste, conociendo mis caoticas rutinas de posteo, no se yo si las norimakiadas seran por partida doble, lo que si, que seguramente seran en onzas, libras, millas y pies. Diox mio q crus!

Ra, tranquila, habra para todos. Agradable verla de nuevo. Besotes.

Alber, increible pero cierto. De algo me tiene que servir el triple parpadeo inocenton. Bienvenido ;)

Raposo, de momento non me podo queixar, pero tamen e porque estou nunha burbulla dentro dos lluesei, aqui sonche todos moi rojitos, que seica McCarthy lles metera canha...

Eowyn, e enterinha sigo. Como xa dixen, ainda estou rematando de aterrizar, pero pronto chegaran as cronicas. Espero que estea vostede a entrear para as suas cronicas dende a outra america.

Ms.Doyle, tereino, non se preocupe. E coa comida tamen. Polo momento xa comin en thais, indios e italianos. Anque os hotdogs de Portland tampouco estan para facerlle ascos...

Ailandra, no stress, pero agardo cronicas, como non. En canto saiba os meus horarios, poderei saber as horas nas que pendurarme da rede, anque todo pinta bastante estresante por aqui. King size para todo. E nada de nostalxias, estou aqui ao lado, a un chimpo de ghato aventurado. Coidesemese.

Apertas!

8/27/2007 6:48 AM  
Anonymous Anonymný divagou así:

Agardamos impacientes os relatos da experiencia oregoniana. Saúda aos Dandy Warhols da miña parte e pásao ben.

8/29/2007 5:29 PM  
Blogger paideleo divagou así:

Alédome de que chegases enteira e graciñas por seguirme o consello.
Non sei se sabías que estivo unha blogueira por terras do estado de Washington e de paseo por Oregón.
Déixoche a ligazón por se fose do teu interés.
http://www.blogoteca.com/eunooutrolado/index.php

8/30/2007 1:50 AM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Elric, gracinhas. Aghora mesminho acabo de publicar o primeiro amago de relatorio. As cronicas, para cando acougue un pouquinho. Dandy Warhols, ha de ser dificil atopalos, tenhen demasiados emulos por eiqui, a ver se esta finde no Holocene... Xa lle contarei.

Paideleo, gracinhas pola ligazon, eille botar un ollo con mais calma esta finde, a ver se a sua experiencia me da algunha idea para me mover por eiqui, anque non me vexo mercando un coche...

Apertas e espero vervos por Chirimbowling ;)

8/30/2007 8:57 AM  

Zverejnenie komentára

<< Home