6.30.2007

Mil e pico leguas de viaxe ultramarino

Deslocalízome.
O traballo na maquila cibernética de Penguin Village zúgame os miolos de tal xeito que cada vez me resulta máis complicado reconectarme. Pero, se todo segue o curso tomado, pronto rematará todo iso. E non porque feche a maquila. Nin porque os xefes teñan planificada unha desas inofensivas reestructuracións. Nada diso. Deslocalízanse Arale e as súas pezas. Cando menos durante os vindeiros dez meses.


En cousa de mes e pico os Chirimbolos e os Ourilocelontes marchan de periplo transatlántico e comezarán a emitir dende Oreghón, terra de abetos, volcáns e castores. Lles, lles, mai diar bloggers. Todo apunta a que en breve atopareime nos Estados Xuntiños en misión especial con licenza para adoutrinar gringos subrepticiamente. Aínda non teño nome oficial para a misión, así que toda suxerencia é benvida. O que sí teño é himno. Ofreceumo accidentalmente un avatar de Corto Maltés entre copa e copa de LK. Non dou chuzado o audio, pero podedes escoitalo aquí, e de paso escoitarlle un par de temas ao defunto Bocamuerta. Acéptanse himnos alternativos.

Próximamente: "Cómo conseguir un visado y no morir en el intento"

Menovky: ,

6.17.2007

Reagan-osa, Bieito e curas punkis

Andaba perdida no medio dun dos moitos espazos oníricos dos que nunca saberei se os vivín en vixilia ou se son froito exclusivo dos meus circuitos-rem. Coido que nun edificio gris e impersoal, como tantos. Nada novo. Demasiado cansa como pra ser agasallada cun soño lúcido pero abondo consciente do percal etéreo. De súpeto, oio ás miñas cóstas, cun xenuíno acento ianki...
- Esquius mi, llong leidi, cud llu jelp mi güiz dis peipers?
Un sorrinte e ben conservado Reagan agardaba por min no limiar dunha porta calquera fitando ao meu punto de fuga. Deume a risa. Dende cando lle permite Morfeo a entrada a eses especímenes? Crucei a porta. Non tiña nada que perder. Ciscados e mesturados por todo o chan amoreábanse centos de papeis: recortes sobre a detención de Bastida canda cartas de Endesa ao teóricamente defunto Reagansito, informes do Consello de Seguridade da ONU, estudos da CIA, plans do Departamento de Exteriores e entre folla e folla aparecían tamén folios soltos cos guións de George Lucas impresos a tamaño 16, e mesmo algunha foto da Princesa Leia en poses pouco ortodoxas.
Máis por curiosidade que por piedade, púxenme a axudalo namentres poñía en "on" as miñas superlentes transmetropolitanas para deixalo todo ben gravado. Pouco durei. Por se non abondara cun famoso onírico, tivo que facer Bieito XVI a súa estelar aparición. Crucifixo nunha man, Escritos sobre moralidade e eticidade na outra e veleno na boca. Abrazou a Reagan e xuntos inhalaron un pouco de helio. Xusto despois, coa cara desencaixada e voz de pito berroume algún conxuro bávaro en latín namentres abaneaba o crucifixo. De aí pasei xa a un segundo soño, perseguida por un feixe de viúvas con peineta no medio dunha telenovela mexicana. Pero ése deixoo para outro día.
Dous días despois, xa recuperada do shock e sen intermediación de Morfeos nen simuladores de ningún tipo, vínme no Bar Tolo, SexPistols de fondo, tomando unha caña cun grandioso cura africano que confesou gorentar da súa incursión no garito. Non sabería dicir que me resultou máis surrealista. Doutor, que me está a pasar?

Menovky:

6.10.2007

Una de líderes rusos

Con la misma naturalidad con la que se dan al vodka, son capaces de aplicar ortodoxamente los principios fundamentales la empresa "moderna" a su estructura social (click para ampliar la imagen), envenar a periodistas, candidatos a la presidencia y ex-agentes de la KGB (con polonio o con paraguas, según tengan el día), arruinar y meter en chirona al principal líder de la oposición, genocidar Chechenia, armar a medio mundo y un larguísimo etcétera de labores altruistas. Fascinantes.
La que no les controlaba yo era la de emborrachar presidentes ajenos antes de comparecencias públicas, aunque a juzgar por la expresión facial de Sarko, tal vez sea algo más fuerte que el alcohol lo que le hace comportarse así. Qué creeis?

Menovky: ,

6.07.2007

Manda cona

Coa mesma dilixencia coa que miña abuela se santiguaba en vida fronte igrexas e camposantos, termo eu ben forte do fígado (non vaia ser que me se me saia da carraxe) antes de abrir o peteiro e soltar o rosario de sons inartellados e adxectivos pouco agarimosos que me provoca a visión do insulto que están a materializar en Vistalegre unha panda de mediocres acomplexados e podres de cartos.

Veño de enterarme do "fallo" do caso Terra Negra. Manda cona.
El explícase moito mellor ca min. E aquí poderedes gorentar dos asubíos piratas namentres non veña outra fragata censora a tocar o carallo. Sintoo pola falta de estilo e delicadeza expresiva, hoxe non teño o día. E é que manda cona.

6.01.2007

Checos e Bonecos (II)

O das sagas non é o meu, pero teño unha conta pendente con Checos e Bonecos que non pode agardar máis. Confeso que me esquecera dela, pero quixo a casualidade que Gatchán me preguntara por unha postal de Kupka que hai no meu cuarto, e tan axiña como dixen "CHE-CO" (ollo, non confundir coa prestixiosa marca de pasta italiana) acendéuseme a blogoalarma.
Nun primeiro momento pensara en facer unha triloxía de animación checa deixando para un último post ao artista-detonante da minisaga (por iso de coñecer mellor a competencia do xefe Toriyama). Pero a chegada a Penguin Village dunha cibermaquila deslocalizada está a danar as miña capacidade para plantarme diante do ordenador ao chegar a casa, así que a cousa quedará moito máis breve do que pensara.
E quen era ese detonante? Pois nin máis nin menos que o grande Jan Švankmajer, figura de difícil categorización polo amplo espectro de prácticas artísticas que vén desenvolvendo dende noviño pero imprescindible creador. Calquera obxecto cobra vida e tórnase protagonista das máis abraiantes aventuras domésticas imaxinables nas súas mans e nas da súa muller, moito menos coñecida pero tamén reputada surrealista. Os émulos abondan pero o xenuino toque Švankmajer é inconfundible. O certo é que se poderían escribir centos de páxinas falando do seu traballo, pero coido que o mellor xeito de percibir a súa xenialidade é vendo os seus traballos. Aquí tamén se poden ver anacos dos seus filmes.
Eu déixovos coa breve e expresiva historia de amor de dous filetes. Bo proveito ;)

Meat Love

PD: O criterio de selección do video foi a duración non a temática, malpensados.

Menovky: ,