6.01.2007

Checos e Bonecos (II)

O das sagas non é o meu, pero teño unha conta pendente con Checos e Bonecos que non pode agardar máis. Confeso que me esquecera dela, pero quixo a casualidade que Gatchán me preguntara por unha postal de Kupka que hai no meu cuarto, e tan axiña como dixen "CHE-CO" (ollo, non confundir coa prestixiosa marca de pasta italiana) acendéuseme a blogoalarma.
Nun primeiro momento pensara en facer unha triloxía de animación checa deixando para un último post ao artista-detonante da minisaga (por iso de coñecer mellor a competencia do xefe Toriyama). Pero a chegada a Penguin Village dunha cibermaquila deslocalizada está a danar as miña capacidade para plantarme diante do ordenador ao chegar a casa, así que a cousa quedará moito máis breve do que pensara.
E quen era ese detonante? Pois nin máis nin menos que o grande Jan Švankmajer, figura de difícil categorización polo amplo espectro de prácticas artísticas que vén desenvolvendo dende noviño pero imprescindible creador. Calquera obxecto cobra vida e tórnase protagonista das máis abraiantes aventuras domésticas imaxinables nas súas mans e nas da súa muller, moito menos coñecida pero tamén reputada surrealista. Os émulos abondan pero o xenuino toque Švankmajer é inconfundible. O certo é que se poderían escribir centos de páxinas falando do seu traballo, pero coido que o mellor xeito de percibir a súa xenialidade é vendo os seus traballos. Aquí tamén se poden ver anacos dos seus filmes.
Eu déixovos coa breve e expresiva historia de amor de dous filetes. Bo proveito ;)

Meat Love

PD: O criterio de selección do video foi a duración non a temática, malpensados.

Menovky: ,

5 Comments:

Blogger Zerovacas divagou así:

País extraño chequia. ¿Que lles daría por aficionarse aos bonecos, a defenestrar reises (literalmente), e a facerlle a vida imposible a Kafka ("vou queimar esta cidade até os seus cimientos")? Por cousas como estas é polas que adoro centroeuropa.

6/05/2007 12:26 PM  
Blogger Mrs.Doyle divagou así:

Os bonecos son xeniais.
Supoño que como é un país de conto, teñen seres de conto...

6/06/2007 12:16 AM  
Blogger besbe divagou así:

Sorprendente achádego :)

6/06/2007 9:12 AM  
Blogger Éowyn divagou así:

Mmmm... Arale, haces que los recuerdos invadan mi cerebro y mi corazón cada vez que hablas de cualquier cosa que tenga que ver con la Ceská Republica... En todo caso son dulces recuerdos, así que me encanta leer cosas sobre ese país :) Saludos!!

En resposta a zerovacas: A República Checa sempre foi unha zona moi conflictiva pola súa situación xeográfica (o corazón de Europa). Podes imaxinar como estarán de fartos de que todo o mundo os invada... e pode que iso explique que, en xeral, non lles molen demasiado os turistas.
A mín o que máis me sorprende e que o primeiro presidente elixido democráticamente tra-la invasión soviética fose un actor. Václav Havel era actor antes de presidente. ¡Anda! Coma Ronald Reagan... Só que Havel era actor de teatro, e polo visto non se lle daba de todo mal. Cousas da vida... endexamáis me dera por cabilar ó respecto... pero a política ten bastante de actuación... ¿non sí?

6/07/2007 12:53 AM  
Blogger Arale Norimaki divagou así:

Sr.Doutor, polo pouco que coñezo podo concordar con vostede, é un país extraño pero apaixoante, a análise pormenorizada dos seus usos e costumes aínda é unha das miñas materias pendentes.

Mrs.Doyle, de conto e de fantasía, a nivel de animación sairon cousas marabillosas dalí, será o ar...

Besbelliña, alédame q che gustara.

Eowyn, sabía que te gustaría :)

6/10/2007 2:02 PM  

Zverejnenie komentára

<< Home