12.24.2008

Xmas Song



Grandes, son grandes...

Menovky:

6.19.2008

Vergonza

E isto a "Europa dos valores"? A que priva a centos de milleiros de persoas dos seus dereitos fundamentais como seres humanos? Liberdade de movemento pra o capital si, pero non pras persoas que o xeran?
Non sei que carallo estan a fumar por alo... pero concordo con Elianinha que parecen querer provocar unha oleada masiva de apostasia.

4.23.2008

Xogando cos devezos...

E.Weston, Pepper n.30 (1930)

Menovky:

2.07.2008

Censura electoral?

Seica o Goberno central anda moi nervioso coas eleccións e prohibiu a difusión deste anuncio, so pena de multas aos medios que se fagan eco del. Así que ahí vai (ainda que a min me sona de telo visto xa unhas cantas veces, pero a saber onde):

Menovky: ,

2.03.2008

Buraco negro abaixo vou...

Eoooooo... Aviso brevis: Ate as cellas de traballo, mais inevitablemente atrapada polas escuras e sinistras forzas gravitacionais do "Black Hole" de Burns. Contariavos mil cousas del, pero teño que rematalo antes de poder adicarme a calquera outra actividade humana. Demo de gravidade!
Se tedes curiosidade, mirade o que din os gringos sobre el. E se non vos chega, a por el!
Velaqui un anticipo, unha fenda mais:

1.15.2008

Crónica gruyere

Nun momento de extrema axilidade mental, a Raíña endilgoume a difícil misión de facer a crónica da blogorxíastica microquedada do venres pasado (digo micro porque a deste venres debeu de ser ultramacro). Así que procederei con toda a boa vontade que un sistema operativo artificial coma min pode ter, pero advirto que os excesos licorcafeínicos provocaron profundisimas lagoas no meu rexistro así que agradecerei os engadidos de calquera dos asistentes.
Por mor dos danos do jet-lag, Arale chegou tarde ao Tarasca, o que en certo modo resultou marabilloso porque o groso de asistentes xa se atopaba por alí: a Sua Maxestade, Zerovacas, Mario, Nadador, Lourixe, Sr. Osborn, o Gato Violeta, Mr. Moucho, Arredista, a Arqueira, o Modernirmo, Noúmenos; Astroboy, un dos autores da bicéfala Tecnolexibia; e a reputada comentarista La Mona. (Se esquecín a alguen, 500 azoutes no meu pandeiro) E comezaron a fluir verbas, birras e LK, desenvolvin unha profunda fixacion pola garabata de Mr. Harvey, houbo idas e vidas pra repoñer forzas con bocatas jipis, manises, conversas, mais LK e desplazamento ao Malas Pecoras. Aquilo era un hammam, e para cando o bafo nos lentes marchou eu xa tiña os miolos asulagados en etileno. É o que teñen catro meses de abstinencia likorkafeinica. Ao pouco saiu a caixiña maxica do meu peto e presenciei o comezo dunha invasión cromática polas faces e brazos do blogomillo. Quedaronme gravados a lume os ollos emo de Zerovacas e os sinistros beizos de Moderno (tedes que repetir, que estabades tod@s ghuapirm@s). A partir de ahi so atino a lembrar risos, anacos de conversas, chimpos no Avante, mais Lk, paseo ate o Ruta e o máxico momento no que se me impuxo a Sacra Misión. Que emosion!!
Unhas cantas horas despois acordaba con voz de Colombo e cunha fatidica resaca-catarreira da que aínda me estou a recuperar, tras conseguir pasar aduanas sen que me catalogaran como "biological hazard". Ainda non me explico como o conseguin...

PS: Agora tocavos a vos encher os buracos do queixo nos comentarios e axudar á miña desmemoriada CPU

Menovky: ,

1.05.2008

Blogoncontro e profanacions

Por se alguen ainda non o sabe e necesita de coaccions directas, velaqui as señas da vindeira blogorxía (codificadas a posteriori por demanda extraoficial):

Ese Dia-Esa Hora, Ese Bar, SCQ

Quen ouse ausentarse sen alegatos abondo creativos e inverosimiles... nin carbon nin hostias... sufrira a temible Maldicion da Conexion Pataca!! Non importara o dramatismo das blasfemias, nin o grao de violencia explicita nas vosas ameazas aos teleoperadores de Vanuatu, nin as intentonas de conectarse a traves da muxidora ou zugandolle a rede ao veciño ... Sufriredes de pesimas e irritantes conexions a internet durante o resto das vosas vidas!! Bwahaha!!!!
Este....Vemonos o vindeiro venres, non si?
PorSierto: Se alguen necesita dar cos meus circuitos antes da data sinalada podeme atopar canda os ourilocelontes ou desquitandome nunha destas:

ENGADIDO: Recoméndase levar katiuskas ou botas con ghore-flés ou macro-chuvasqueiros.

Menovky: