Crónica gruyere

Por mor dos danos do jet-lag, Arale chegou tarde ao Tarasca, o que en certo modo resultou marabilloso porque o groso de asistentes xa se atopaba por alí: a Sua Maxestade, Zerovacas, Mario, Nadador, Lourixe, Sr. Osborn, o Gato Violeta, Mr. Moucho, Arredista, a Arqueira, o Modernirmo, Noúmenos; Astroboy, un dos autores da bicéfala Tecnolexibia; e a reputada comentarista La Mona. (Se esquecín a alguen, 500
azoutes no meu pandeiro) E comezaron a fluir verbas, birras e LK, desenvolvin unha profunda fixacion pola garabata de Mr. Harvey, houbo idas e vidas pra repoñer forzas con bocatas jipis, manises, conversas, mais LK e desplazamento ao Malas Pecoras. Aquilo era un hammam, e para cando o bafo nos lentes marchou eu xa tiña os miolos asulagados en etileno. É o que teñen catro meses de abstinencia likorkafeinica. Ao pouco saiu a caixiña maxica do meu peto e presenciei o comezo dunha invasión cromática polas faces e brazos do blogomillo. Quedaronme gravados a lume os ollos emo de Zerovacas e os sinistros beizos de Moderno (tedes que repetir, que estabades tod@s ghuapirm@s). A partir de ahi so atino a lembrar risos, anacos de conversas, chimpos no Avante, mais Lk, paseo ate o Ruta e o máxico momento no que se me impuxo a Sacra Misión. Que emosion!!
Unhas cantas horas despois acordaba con voz de Colombo e cunha fatidica resaca-catarreira da que aínda me estou a recuperar, tras conseguir pasar aduanas sen que me catalogaran como "biological hazard". Ainda non me explico como o conseguin...
PS: Agora tocavos a vos encher os buracos do queixo nos comentarios e axudar á miña desmemoriada CPU

Menovky: norimakiadas, viaxes