11.27.2007

Ledicias Delicias

Hoxe tiven un dia nefasto.
Pero reatopeime con estas novas, e agora so poden abrollarme sorrisos e ganas de seguir a pegar choutos de ledicia polas fochancas asulagadas de Oreghon.
Proeme o cu agardando a pillar ainda quentinha do prelo "Debaixo de Dziga Vertov hai unha buxaina", ganhadora do XX Premio Nacional de Poesía Pérez Parallé. Sei que e un premio moi merecido. E o feito de que Lino Braxe, Xiana Arias e Ana Salgado o corroboren, non fai mais que aumentar a intensidade dos meus chimpos. Espiral Maior ha de publicala nos vindeiros meses, e tede por seguro que, cando tenha noticia de tal realidade, farei proselitismo do bo pra achegarvos a vos tamen as enfeitizadoras verbas de Sudarynya Carro Padin.

Menovky: ,