8.30.2007

Procrastinacion e Chirimbowling

Non sabia eu que houbera tal palabra para me definir, e menos ainda que fora unha patoloxia...
Ao caso. Malia non contar con tempo abondo para pulir a bola como quixera, decidin xogar a primeira partida de Chirimbowling. Sobra dicir que estades todos convidados.

ACTUALIZACION 1/09/2007: PREGHON RESIBIDO!
CHIRIMBOWLING QUEDA OFISIALMENTE DESINHIBIDO!

Menovky:

8.19.2007

Chimpo trasatlantico

O globo sonda no que meteron as minhas pezas hai tres dias escasos aterrizou con exito no fogar oficial de retiro para indie rockers e capital do frikismo west-coast. Sinto decepcionar, pero agas polas duas horas de apilamento na linha de entrada de 'forasteros' o trato polas autoridades fronteirizas dos Estados Xuntinhos foi sorprendentemente correcto. Iso si, ao rapazolo superfashion de pasaporte sirio e ingles fluido que ia detras minha non tardaron nin un minuto en levalo ao cuarto escuro para unha 'second inspection'. Que raro.
Como non quero que o periplo este monopolice os contidos deste blo, tomarei exemplo do amable paideleo e publicarei en Chirimbowling canto xurda da experiencia directa neste recuncho volcanico de Oreghon. Pero isto todo non sera ate que acougue un pouquichinho. Que con tanta historia os Ourilocelontes, nunha arrouta rebelde e declarandose superados por tanto cambio de guion vital, decidiron quedar en terra de ninguen ate novo aviso.
Asi que polo momento Aralinha adicarase en corpo e alma a contribuir a causa extraoficial da urbe que arestora a acolle. Que non e outra que:


PorSierto: As minhas sinceiras desculpas polo vil abandono que padeceu este espazo, pero a preparacion mental, burocratica, sanitaria e psicoloxica para o chimpo trasatlantico foi intensa de carallo. Baste dicir que o Dr.Slump, sabendome heretica por natureza, someteume a un tour intensivo para conhecer in situ as desventuras dos cataros. Toda precaucion e pouca no imperio...